Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

O Peto. Nace unha banca ética para o autoemprego

Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 28-09-2005 09:55

A Asociación de Interese Solidario 'O Peto' presenta este martes, na Galería Sargadelos de Santiago, o seu Fondo de Solidariedade que ten a intencionalidade de actuar como banca ética e prestarlle cartos (en forma de microcréditos) se interese e sen avais a persoas que queiran iniciar un proxecto de autoemprego ou de creación de emprego.

A Plataforma polo Emprego vai ser a que medie entre a iniciativa privada e a axuda institucional establecendo convenios entre as dúas e proporcinando asesoramento técnico para os proxectos. Máis alá deste primeiro proxecto o obxectivo fundamental da nova Asociación é o de sacar a xestión dos aforros do cidadáns do ámbito do sistema bancario da economía convencional, que tende a concentralos "no servizo de intereses económicos e non de intereses sociais". Mediante accións educativas e divulgativas a asociación pretende promocionar novos modelos (experiencias concretas) de economía máis solidaria e para isto, o 10% das participacións económicas destinarase a ese fin e a gastos de administración interna.

Esta mesma semana dábase a coñecer unha nova iniciativa solidaria que ten como fin actuar como unha «banca ética», orientada ao préstamo de cartos en forma de microcréditos para os que non se precisan avais. Os destinatarios son persoas que teñan proxectos de autoemprego e que conten con poucas opcións -ou ningunha- de recurrir á financiación da banca ordinaria. Raúl Asegurado é un dos artífices deste fondo económico e solidario.

¿De onde saen os cartos?

Dos aforros dos socios. Cada socio pode mercar participacións de sesenta euros. Con eses recursos daremos préstamos a xente que, normalmente, non ten posibilidades de acceder aos créditos da banca tradicional, caso de inmigrantes, mulleres que saen de situacións como amas de casa e teñen que enfrontarse ao reto de manter a unha familia ou parados de longa duración, por exemplo. Xa contamos con apoios suficientes para estar en torno aos cento e pico socios.

Axudas só para proxectos de autoemprego, non para consumo, ou alugueiros a particulares...

Así é. Os solicitantes terán que ir primeiro á Plataforma Galega polo Emprego. Eles son os técnicos e fan as análises e o estudo da viabilidade empresarial do proxecto. Entón é cando chegan ao noso fondo.

¿Cartos sen intereses?

Hai a posibilidade de non cobralos; pódese contemplar o aumento do IPC anual pero, en todo caso, o crédito sae por debaixo da metade de un do sistema bancario.

¿Banca alternativa?

É un sistema bancario de aforro alternativo onde os aforros non están quietos. Trátase de dar primacía á xente sobre o capital e non serve para multiplicar o capital, senón para tratar de repartir a riqueza.

En "Vieiros"
En "La Voz de Galicia"


Actualización


Carmela Capeáns: "Na banca ética o valor supremo son as persoas"

Carmela Capeáns é a tesorera da Asociación Solidaria Ou Peto

Os proxectos innovadores promovidos por persoas con escasos recursos económicos terán a partir de agora unha nova alternativa de negocio pionera en Galicia. A asociación de recente creación O Peto abre unha fiestra ás iniciativas que a banca tradicional non subvenciona a través dun fondo solidario que impulsa primordialmente a creación de emprego.

-¿Que modelo de actuación segue Ou Peto?

-A iniciativa de banca solidaria ou ética nace na India e actualmente funciona en cidades españolas como Sevilla. O investimento cambia de destino, no canto de ingresar na banca tradicional desvíase cara a un fondo solidario. O 10% utilízase para as xestións administrativas do colectivo e o orzamento restante tradúcese en préstamos para aqueles proxectos que incentiven a creación de emprego.

-¿Cales son os criterios para conceder un préstamo?

-Poden solicitar un préstamo en O Peto as persoas que carecen dun aval que lles protexa na banca tradicional. Posteriormente a plataforma de emprego analiza a viabilidade do proxecto e en asemblea tómase a decisión.

-¿O colectivo establece restriccións de financiamento?

-O Peto non financia armamento, nin guerras, nin as iniciativas multinacionais. A diferenza da banca tradicional, cuxo valor supremo é o diñeiro, para esta asociación o primordial son as persoas. O Peto avala a quen presente un proxecto de autoempleo viable, mentres que a banca de sempre só se compromete cos que ofrecen unha garantía patrimonial.

O Peto atópase na fase de captación de socios. Os interesados poden ingresar a súa achega en Caixa Rural Galega na conta 30700035256026663424 ou informarse en San Roque 6 Bis e ais_opeto@hotmail.com

Carmela Capeáns: “En la banca ética el valor supremo son las personas” (El Correo Gallego)

Publicado por Birnarem
429 lecturas • 1 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios

  1. ola! gustaríame saber máis sobre esta asociación. teñen páxina web para contactar.
    gracias

    isabel vidal — 17-01-2006 20:49:29


Comentar



Recordar datos