Sentemos as bases teóricas iniciais deste debate. ¿Quen é un "creador"? Sómolo todos. A creación, xunto á comunicación, é a esencia da intelixencia, a cal é a esencia do que nos fai "humanos".Todos creamos. É máis, a tecnoloxía permítenos crear e expresarnos de modos máis ricos, completos e interesantes cada vez. Pero para levar esta definición ao terreo ao que se adoita levar no debate actual, falaremos de "creador" como aquel que dedica a súa xornada a crear e / ou interpretar (o cal é outra forma de crear) obras culturais, e polo tanto precisa que dita creación poida xerarlle uns ingresos para poder subsistir.
Se ben non é certo que sen ditos ingresos as obras culturais deixarían de existir (xa que son millóns as persoas que compoñen ou interpretan música, pintan, realizan curtos, actúan en obras de teatro, escriben libros, etc nos seus ratos libres e sen ningún tipo de expectativa de negocio), non deixa de ser desexable que exista un incentivo económico que permita as grandes producións e manteña a profesionalidade dunha parte dos creadores.
¿Cales son as formas de remuneración? Sen entrar en detalles específicos (cousa que farei máis adiante), podemos falar de tres tipos de remuneración en xeral: "por amor ao arte" (como o traballo voluntario / solidario, ou como fan moitos artistas que precisan expresarse), "por traballo solicitado" (como o que case todo o mundo fai: alguén precisa que se faga un traballo, e o que o fai recibe un pago por elo), e "por especulación" (lanzar ao mercado un número indefinido de produtos, e manipular a ese mercado no posible a través da mercadotecnia e outras técnicas para conseguir vender o maior número de produtos, ao prezo máis rendible posible).
Das tres formas de remuneración, deixaremos a primeira fóra da discusión (porque non permite discusión: se o creador non quere compensación económica, e o usuario recibe a creación de modo gratuíto, ¡todos contentos!). E centrarémonos nas outras dous, basicamente demostrando que o modelo actual da maior parte de "industrias culturais" están baseadas nun modelo especulativo, que require de control e manipulación, cando sería moitísimo máis rendible (e permitiría moita máis liberdade) un modelo baseado en "traballo solicitado".
A Situación Actual
Asemella, para moitos, contraditorio que se poida remunerar ao creador e á vez permitir a libre distribución / acceso á cultura. Non creo que ninguén se opoña a elo, é só que algúns (como as discográficas multinacionais, ou o ministerio de cultura) non entenden como é posible. Iso é porque o modelo mercantilista actual está anclado no pasado. Moi anclado. Moi pasado.
Dende a revolución tecnolóxica da reprodución masiva de obras culturais (xa sexa a imprenta, os cilindros de cera para o gramófono, ou os daguerotipos) o modelo de negocio destas "industrias" baseouse na distribución e comercialización do soporte. Hoxe en día segue sendo así na súa maior parte, sexa a base de Libros, eBooks, CDs, DVDs, ou MP3s.
Tamén basean o seu modelo de negocio na distribución de acceso principalmente gratuíto (radio, televisión en aberto). Como ¿gratuíto? ¡Imposible! Se "todo o mundo sabe" que a obras culturais non poden ser gratuítas (como dixo a Ministra de Cultura recentemente, días despois de que a mesma frase fose acuñada por representantes da SGAE).
Eses modelos de libre e gratuíto acceso conlevan unha remuneración, din os mercaderes da cultura. Non é gratuíto, é só que o que paga non é o consumidor, ou polo menos non directamente.
¡Bingo!
Na base deste rompecabezas está a esencia do valor. ¿Por que paga a xente cando vai ao cine, a un concerto, ou ao teatro, cando compra un disco, unha película, unha fotografía, ou un libro? Realmente non é polo obxecto / soporte en si, como a industria creu (ou fíxonos crer) ata agora.
Vexamos un exemplo sorprendentemente similar: a auga.
Precisamos auga para vivir. Ninguén o dúbida. Levar a auga ata as nosas casas conleva unhas enormes inversións e moitos profesionais viven de encargarse de que a auga chegue ata nós. Ninguén o dúbida.
Sen embargo o acceso ilimitado e a vontade á auga conleva uns prezos moi reducidos, a ninguén se lle ocorre cobrarme por lavarme as mans nos lavabos dun centro comercial, nin ninguén se escandaliza de que existan fontes públicas. Nin sequera me ameaza con levarme a xuízo por darlle un vaso de auga (incluso se quero vendelo) ao veciño. É máis, podería incluso abrir un billa durante unha conferencia, beber auga dun billa que non é miña, convidar a todo o mundo a que faga o mesmo, e ninguén me ameazaría con levarme a xuízo por apoloxía do delito, nin tentarían censurarme levándose as mans á cabeza acusándome de radical e extremista perigoso.
Á vez, a auga embotellada véndese a prezos que son superiores en ocasións ao viño ¡e incluso á gasolina! ¿Como é posible? A clave está no valor e a esencia do "produto": a auga, para empezar, pese a ser algo físico e tanxible, non é un "produto" no seu sentido estrito. É máis un servizo (o acceso á auga), que conleva un produto (a auga, potable e controlada). E cando se vende embotellada aporta máis valor (polo menos na mente do consumidor) como é: a marca, a portabilidade de estar nunha botella, unha percepción de pureza maior, o que está fría, ou incluso un sabor distinto.
¿Por que non pode facer o mesmo a "industria cultural"? É máis, pode facer moitísimo máis, xa que a auga, por sorte ou desgracia, non pode ser dixitalizada, e os contidos culturais si. A clave é: ¿falamos de produtos, servizos… ou incluso algo máis importante: ideas e expresión?
Novos Modelos de Negocio
Partamos dunha condición /sinequanon/: a obra ha de ser libre (libremente copiada, distribuída, accedida, disfrutada, e "versioneada"). Se conseguimos compatibilizar isto con remuneracións económicas interesantes (incluso maiores das actuais) ¿que creador non querería que fose así? Non se pode crear se non é en liberdade. Canto máis libre é o creador, e a obra, máis fácil e satisfactorio é crear. Debemos, polo tanto, buscar modelos de negocio que permitan dita condición. Estes poden ser: baseados no soporte, sen soporte, ou mixtos.
Realizando un análise por "Industrias" (Cine, TV, Música, Literatura, Fotografía, Arte Plástico, Artes Escénicas, etc), pronto veremos que cada unha ten as súas particularidades, e o "valor" en cada caso reside en aspectos moi dispares. Pero todas teñen en común a esencia da creación, e a demanda do "consumidor" que quere vivir unha experiencia. Diso se trata. Non dun disco, ou un lenzo con coloríns.
¿Que quere aquel que compra un Picasso? ¿O cadro en si? Se así fose, abondaríalle cunha moi boa reprodución. Pero ¿vale o mesmo unha reprodución dun Picasso que un orixinal? Obviamente non. O comprador dun Picasso pode estar movido por multitude de motivos (dende o recoñecemento social, o costume de coleccionar, a inversión con expectativas de revalorización, a ostentación económica, ou a satisfacción de ter algo único e exclusivo).
¿Que quere o que vai un concerto (ou a un partido de baloncesto, que para o caso é o mesmo)? Se hai entradas que valen 10 veces máis que outras nun concerto, e sen embargo todos disfrutarán a mesma música e o mesmo ambiente ¿por que pagar máis por estar en primeira fila que por estar na última? Xeralmente nin se quera se escoita millor en primeira fila. De novo, o que adquire o "consumidor" é a experiencia. Estar cerca dos seus ídolos, saír na foto, contar aos amigos que estivo en primeira fila, a posibilidade de coller a camiseta que o cantante lanza ao público… é unha experiencia. Non un produto.
¿Que quere o que vai ó cine? Todos sabemos que ver unha película no VHS de casa (ou o DiVX no ordenador) non ten nada que ver con ir á sala, á "gran pantalla" Nin sequera cun bo DVD e Home Cinema Surround Sound System Dolby Pro Logic 5.1. Ir ó cine é saír cos amigos a cenar, poñer o brazo ao rededor da chica que nos gusta…
Son moi poucos os que deixan de ir a un restaurante porque poden cenar en casa, ou os que deixan de comprar auga embotellada porque teñen a do billa, ou os que non van un concerto porque a música da radio é gratis, ou os que non van ó cine porque as películas "póñenas" na TV.
Se permitimos que as obras flúan libremente (como o auga polas cañerías), non baixaría a demanda delas (xa sexan música, películas ou libros). Exemplos por sorte xa hai moitos que corroboran isto: os maravillosos libros de Cory Doctorow pódense descargar da súa páxina web de modo gratuito, e aínda así vende máis de 5 edicións de cada un, vivindo tranquilamente de elo; o mesmo pódese dicir dos libros de Lawrence Lessig; Wilco vendeu máis discos dende que a súa música pódese descargar gratis de internet, que cando estaba cunha discográfica e esta prohibíao; a BBC conseguiu récords de audiencia (e ingresos) cando capítulos dunha dos seus series de ciencia ficción foron compartidos nas redes P2P antes do seu estreo en EEUU (SciFi Channel); o último disco de 50 Cent apareceu nas redes P2P días antes que nas tendas, e cando saíu á venda bateu récords con 9 millóns de copias vendidas…
Pero máis alá da comercialización da obra en si, o creador pode comercializar toda unha serie de elementos e experiencias que xeran un valor engadido indudable, permitíndolle gañar moito diñeiro sen a necesidade de coartar a libre difusión da obra. Dende os máis de 12 mil millóns de dólares que moven ao ano as marcas de hip-hop (a maioría pertencentes a artistas do xénero como LL Cool J, Eminem, Puff Daddy, etc), ata os concertos (Bruce Springsteen gañou máis cartos nunha semana de concertos que en toda a súa carreira vendendo discos), pasando por contratos de esponsorización (coma Movistar con Alejandro Sanz), ou obras "por encargo" (como a que fixo famosa a Celine Dion, que creou para a película A Bela e a Besta de Disney), ou o merchandising (a saga A Guerra das Galaxias reportou 5 veces máis cartos aos seus creadores en merchandising que en ingresos de cine e DVD), e obras en novos soportes (como os videoxogos, que actualmente superaron tanto á música como ó cine en xeración de negocio na "industria", e que son responsables do lanzamento de moitos grupos musicais pola promoción que a aparición dunha das súas cancións nun xogo significa), a parte de traballos e ingresos menos "glamurosos" pero perfectamente válidos para calquera creador como forma de vida (clases, conferencias, manuais, asesoramento, etc).
A conclusión é que os intermediarios do proceso (encargados ata agora da promoción, produción, e distribución das obras, o cal lles daba un enorme poder e permitíalles unha capacidade de manipulación e concentración perigosas para os creadores e para o "mercado") son cada vez menos necesarios, que as tecnoloxías cambiaron as regras do xogo, que os modelos de negocio son moi diversos (pero hai que adaptarse a eles) e que todos (principalmente os creadores, pero tamén o resto da humanidade) sairiamos gañando se non permitísemos que aqueles que ven perigar as súas desfasados e anacrónicos modelos de negocio (por falta de ollas, imaxinación, e gañas de adaptación) manipulen á opinión pública e preman a lexisladores, forzas de orde público e xuíces para que adopten medidas cada vez máis restrictivas dos dereitos dos cidadáns.
Cultura. Libre. Xa.
La remuneración del creador (castellano)
Jorge Cortell