Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Arranca a Terceira Edición do Festival Medioambiental Terractiva en Arzúa 2005

Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 26-09-2005 10:43

O Festival das Artes pola Biodiversidade, Terr@ctiva, festival artístico e medioambiental pioneiro no Estado, volta a Galicia o 15 e 16 de outubro. Feira ecolóxica, música, formación, exposicións, conferencias, documentais, e moito máis, en loita pola defensa do mediambiente e a biodiversidade. Os días 15 e 16 de Outubro, na vila de Arzúa (A Coruña), ecoloxía, arte e cultura danse cita no Terr@ctiva.

A defensa e promoción dunha conciencia comprometida co noso planeta voltan a ser, un ano máis, unha aposta firme do festival gracias ao apoio da Deputación da Coruña, o Concello de Arzúa e á entidade xestora do festival, Coper@ctiva Cultural, que impulsou dende o seu nacemento este proxecto de carácter multidisciplinar e multixeracional orientado a acadar o cambio necesario nos valores da sociedade para garantir o futuro da humanidade.

O recinto ferial de Arzúa acollerá por segundo ano consecutivo os stands da feira ecolóxica Feir@ctiva. O Mercado Verde, proposta de carácter activo e dinámico, reunirá nun espacio único productos ecolóxicos, terapias alternativas, artesanía e colectivos sociais. Durante dous días, ofrécese aos diversos expositores, un marco incomparable onde mostrar, expoñer e/ou vender os seus productos, ideas e proxectos.

A música tamén terá protagonismo no Terr@ctiva. A noite do sábado 15 de outubro, celebrarase o Festival Musical Galeuzca, un festival de claro compromiso coas tendencias musicais máis representativas de Galicia, Euzkadi e Catalunya, que recolle parte da riqueza cultural da península para transmitir un valor imprescindible para o futuro da humanidade: a diversidade. No concerto actuarán Kepa Junkera, desde Euzkadi e a Matraca Perversa, desde Galicia, entre outros.

Nesta terceira Edición do Festival, o público contará cunha oportunidade única para a aprendizaxe en materia ecolóxica, medioambiental e de mediciña alternativa. Os diversos cursos e obradoiros, que se desenrolarán durante o festival, tratarán de cubrir o baleiro existente na oferta formativa de disciplinas como a risoterapia ou a Dinamización Medioambiental.

E para os mais pequenos, durante toda a fin de semana a Ludoteca funcionará para dar un ocio lúdico e alternativo, con contidos medioambientais.

Conferencias, exposicións, documentais e outras actividades lúdicas, completan o amplo e variado programa de Terr@ctiva.

Durante a fin de semana do 15 e 16 de outubro, a ecoloxía, a cultura, e a diversión convértense na excusa perfecta para o encontro entre expositores e visitantes en Arzúa.

Máis información no teléfono 981 58 28 36 ou na web do festival

Publicado por Birnarem
475 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos