Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Denuncia dos traballadores da TVG

Archivado en Denuncias • Fecha: 24-09-2005 19:39

Acabo de recibir un correo cun texto que denuncia a deplorable situación que dende anos veñen sufrindo os traballadores da TVG, e que parece que, a pesar do cambio de governo, a situación non mellorou de momento. Unha TVG de calidade é algo imprescindible, e xa vai sendo hora de que o novo governo colla o toro polos cornos e empece a tomar medidas.

Aproveito para dicir que podedes comunicarvos por correo connosco para informarnos de calqueira cousa que pensedes que é importante comunicar a través de internet, especialmente denuncias coma ésta que non teñen cabida en outros medios.

Aquí vai o texto da denuncia:

Numerosos traballadores e traballadoras contratados da TVG estamos
a sufrir un gran desconcerto e unha sensación de total abandono por parte tanto da actual dirección, como dos sindicatos, e dos responsables políticos de nomear o futuro corpo directivo de esta casa.

A meirande parte de nos levamos traballando mais de cinco, oito, e incluso algún mais de quince anos, desenrolando as mesmas funcións, eso si, cambiando moitas veces de programa, horarios, e con pequenos períodos de paro para supostamente evitarnos calquera pretensión de reclamar dereitos por antiguidade. A empresa xa ten experiencia sobrada no caso de reclamacións por despidos nulos ou improcedentes, por reclamación de dereitos ante Maxistratura, por queixas constantes de incumprimentos en horarios, salarios, contratacións ilegais etc.. pero non variou a súa política de contratar en precario e buscar tódalas artimañas para non convocar novas prazas fixas. Os compañeiros que tiveron a valentía de presentar o seu caso ante a Xustiza tiveron a satisfacción de ver cumprida a súa reclamación pero tamén comprobaron como se lles pechaba a porta non só da TVG senón de calquera empresa que traballe para ela. Ante ese panorama moitos traballadores pénsanse dúas veces calquera pretensión de entaboar medidas legais pois o día a día manda e ninguén quere ver truncado o seu futuro profesional.

Ó día de hoxe a interinidade no mando da antiga dirección esta a supor un risco de quebra irrecuperable da compañía por diversas cuestións de enorme relevancia:

- Estanse a renovar contratos con productoras "amigas" e con empresas ou persoas que levan moitos anos xestionando orzamentos clandestinos e desvío inxustificado de fondos a outros menesteres. A revocación diso resultaralle moi cara á nova dirección.

- Estase a hipotecar o orzamento non so do ano entrante senón probablemente de algún outro mais polo que calquera idea de renovación verase moi condicionada.

- Estase poñendo en perigo o futuro profesional de moita xente, sobre todo técnicos, de moita valía e experiencia nesta casa que levan anos con contratos lixo e que non entraron nela por ter un "padriño" que lles deixe agora ben atado o seu futuro inmediato. A gran maioría non ten afinidade política ca actual dirección mais ben todo o contrario. Á actual dirección non lle interesa que queden en vigor os chanchullos legais que foi empregando nas contratacións polo tanto prefire desfacerse canto antes de tódolos que poida.

Por estas razóns é lóxico reclamar un recoñecemento por parte dos novos responsables políticos para que alomenos se estabilice a normalidade contractual dos que consideramos ter dereitos adquiridos por formación, antiguidade, experiencia e profesionalidade demostrada e recoñecida no noso sector, Esiximos que se teñan en conta estas condicións para manter esta empresa con dignidade.


O Sindicato de Xornalistas pide unha solución á precariedade laboral da CRTVG

Publicado por Birnarem
303 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos