Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

¡Incríble! ¡Móbiles antibacterias!

Archivado en Opinións, delirios e reflexións varias • Fecha: 20-09-2005 16:08

A última novidade de LG son móbiles antibacterias, antipó e malos cheiros. Parece que non só Woody Allen ou Jack Nicholson en alguna das súas películas goza da paranoia da limpeza, senón que os directivos da empresa surcoreana LG tamén a padecen. Qué mundo éste, onde parece que preferimos estar en contacto con mercurio, DDT, níquel e diversos productos químicos ou metais de nocividade xa probada que con "malos" olores, pó ou bacterias (por certo, a maioría das bacterias son incoucas para o ser humano).

En fin, o peor é que unha vez inventado o producto se encargarán de que o consideremos imprescindible ou necesario. Curiosamente non se menciona ningunha proba que demostre a inocuidade dos materiais utilizados para tan bondadosas propiedades.

A noticia é a seguinte:

Os novos teléfonos móbiles LG "Silver Nano Health" vén con protección libre de xermes que efectivamente erradica as bacterias do aire. Ademais, poden medir niveis de graxa ou os porcentaxes de alcohol no sangue.

Mediante unha técnica baseada na nanotecnología, LG reduciu materiais como a prata ou o carbono a nanopartículas, un billón de veces máis pequenas que un metro, que no caso da prata dálle propiedades de esterilización e antibacterias (elimina case 64.000 tipos de bacterias), e no carbono gran efectividade para a absorción de pó e malos olores.

Co incremento da conciencia pola saúde e o benestar, LG lanzou os teléfonos "Silver Nano Health" (F2300 e F2400), que utilizan a nanotecnología para mellorar a hixiene dos seus usuarios. Especificamente, billóns de iones de prata, cun nano de tamaño, cobren a carcasa exterior destes móbiles, e eliminan dunha maneira segura ata un 99.9% das bacterias causantes de enfermidades.

Los primeros móviles antibacterias ya están aquí

Publicado por Birnarem
309 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos