Hola, chámome Katrina, fun un furacán (ou ciclón para outros). Nacín no mar, coma a maioría de nós, pero a diferencia foi que nacín no mundo civilizado, no golfo de México e ao carón dos Estados Unidos de América, e por iso fálase tanto de min.
Formeime con gran forza, e a iso axudáronme moitos factores, entre eles a elevada temperatura do auga (a 27 grados centígrados crea suficiente humidade no aire para favorecer a formación dun furacán). Esta elevada temperatura ten a súa orixe, din, polo cambio climático. Sempre é de agradecer unha axudiña extra, grazas a iso puiden pasar de forza 1 a 5 na escala Saffir-Simpson rapidamente.
Todos queremos ser recordados, e nós, os furacáns o acadamos dependendo do noso poder destructivo, especialmente ao tocar terra. Pero iso depende de moitos factores, por iso agradezo especialmente a colaboración de certas persoas para que a miña fama crecese tan rapidamente. Enumero de seguido os apoios que recibín:
- O direccionamento intencionado do río Missisipi durante o século pasado, xunto co crecemento do nivel del mar polo cambio climático erosionou a barreira natural contra as grandes tormentas que existía en Nova Orleáns, polo que en caso de gran tormenta coma eu, non hai lugar seguro.
- A especulación urbanística nalgúns casos e a pobreza noutros fan que moitas persoas ocupen zonas de gran risco en caso do azoute de fenómenos naturais (aquí estou), de feito en Nova Orleáns os barrios que se atopaban por baixo do auga estaban poboados por xente maioritariamente pobre e negra.
- Cando as autoridades anunciaron que a xente debía abandonar la cidade, 24 horas antes de que eu chegase, moitos dos que vivían nos barrios baixos non tiñan coches ou cartos para saír, e a estratexia de evacuación estivo principalmente baseada no transporte privado. Os 500.000 habitantes de Nova Orleáns simplemente recibiron a orde de abandonar a metrópole. ¿Cómo? ¿Por onde? ¿Durante canto tempo? ¿Quén os recibiría e a onde irían?
- As prioridades dos presupostos encamíñase ao gasto militar e de ocupación, postergando obras públicas imprescindibles, coma o reforzamento dos diques que protexían a Nova Orleáns, polo que foi aquí onde acadei unha maior destrucción. O presuposto en diques suprimiuse nun 80%.
- A “American way of life” baseado no máis desenfreado egoísmo e o consumismo sen límites levou a un comportamento de “sálvese quen poida” que xerou saqueos en gran escala, violencia indiscriminada e bandas armadas soltas polas rúas aterrorizando aos sobreviventes, agrandando os meus efectos. Por outro lado a obsesión americana coa propiedade privada fai que moitos dos que, famentos, colleran alimentos dos supermercados semidestruídos da zona fosen considerados saqueadores e delincuentes, sobre todo se eran negros ou hispanos. Evitar isto priorizou a actuación das autoridades permitindo que os meus efectos fosen máis prolongados.
Por outro lado agradezo o feito de tocar terra en USA e poder así ser máis famoso. Meus primos Dennis e Iván tiveron a mala sorte de tocar a costa cubana, onde as autoridades acadaron evacuar millón e medio de persoas no primeiro caso e dous millóns no segundo, e non só o exército e protección civil estiveron implicados na evacuación senón tódalas organizacións sociais (sindicatos, comités de barrio, cooperativas...). Por iso non pasarán á historia coma eu.
En fin, nunca ningún da miña especie recibiu tantos apoios dos seres humanos, por iso confío en que segan na mesma liña no futuro, non cambien a súa forma de desenrolarse, de contaminar, de pensar, de priorizar, ... porque chegarán fillos meus nos próximos meses e anos. Queremos ser famosos e protagonizar películas de Hollywood. Todo isto non sería posible doutro xeito. Grazas.
Información de Rebelión do Katrina
Pailaroco — 08-09-2005 08:30:06
Pinfloiz — 12-09-2005 15:57:51
DuKeUrIeL — 15-09-2005 21:06:29
Birnarem — 15-09-2005 21:31:58
DuKeUrIeL — 15-09-2005 21:55:29