De novo a BBC británcia da un paso adiante no uso das novas tecnoloxías e reinventando o concepto de televisión. Meses atrás queda unha primeira introducción no mundo da música libremente distribuida, xa que puxeron a disposición do público (por tempo limitado) as nove sinfonías de Beethoven interpretadas pola Filarmónica da BBC, coa dirección de Gianandrea Noseda. Tiveron máis de 1.400.000 descargas.
BBC Beethoven Downloads
La BBC ofrece la descarga gratuita de las nueve sinfonías de Beethoven
Las nueve sinfonías de Beethoven, gratuitas en la Red
Agora tócalle o turno as emisións televisivas. Parece que quere converterse nunha referencia a seguir, abrindo novas posibilidades ao público, e sen dúbida que con iniciativas así o acadará. Nembargante o acceso sería mediante o seu MyBBCPlayer (basado en tecnoloxía P2P) que vería equipado con DRM para impedir o visionado de programas máis tarde da data permitida pola BBC e, tamén, o ser compartidos con outros usuarios. Se cadra a sombra do famoso copyright aínda é demasiado alongada.
O director da cadea británica BBC, Mark Thompson, anunciou que a emisora que dirixe permitirá descargar a través de Internet as súas programas de radio e televisión a partir de 2006. Para elo, os usuarios deberán descargarse o sistema "MyBBCplayer" para acceder aos programas que se emitan os sete días anteriores, incluíndo capítulos de series. Tamén se emitirán programas en directo e terá acceso ao arquivo da cadea.
Nunha intervención no festival internacional de televisión de Edimburgo (Escocia), Thompson adiantou o sábado o lanzamento deste novo servizo, que colocará á cadea pública en situación de vantaxe respecto ás súas competidoras privadas.
Grazas ó sistema "MyBBCplayer", os telespectadores que teñan ordenador poderán acceder aos programas emitidos nos últimos sete días e descargar os episodios que se perdan dos seus series favoritas. O servizo, que debe ser aprobado polo Consello de Gobernadores da cadea, tamén emitirá programas en directo e dará acceso ao arquivo, ao tempo que poderá escoitarse tamén a programación de radio.
Segundo Thompson, só coa introducción de innovacións como esta pode a British Broadcasting Corporation xustificar o ser financiada con diñeiro público. O director xeral explicou que a BBC está comprometida a facer uso das novas tecnoloxías para poñerse á vanguardia en lugar de limitarse a ser unha "televisión convencional".
La BBC permitirá descargarse sus programas en la web a partir de 2006
La BBC se une a la carrera digital con descargas de programas
Pero hai opinións para tódolos gustos, e algún dos seus competidores comerciais apuntaba coma clave a súa financiación pública en esta estratexia de abrir novos mercados, e sinalan que sen a presión do mercado, a aposta pola innovación é máis fácil --> La BBC, ¿servicio público o competencia desleal?