Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

VIÑETAS DOS BALCÁNS : Os cómics sobre o conflito da antiga Iugoslavia

Archivado en Información (Kit do cidadán crítico) • Fecha: 29-08-2005 14:11

Da moi interesante bitácora El Blog Ausente atopamos unha magnífica escolma de cómics sobre o conflito da antiga Iugoslavia. Aquí vai a primeira parte, e recomendamos a súa lectura completa, así coma a toma de datos para ter na vosa casa algún destes magníficos comics.

Antes de empezar convén indicar que non é este texto un detallado análise dos sucesos históricos. Os feitos os encontrarán moito mellor explicados nalgunhas das obras que aquí se comentan e, sobre todo, encontrarán os sentimentos xerados por unha traxedia bélica fratricida.

Tamén desexo que a paixón que sinto por un medio, o cómic, sirva de escusa da traxedia. Por moito que a resposta de moitos ao coñecer de que ía este artigo sexa: "Ah, pero... ¿Hai cómics sobre iso?". E tanto que os hai, e, encima, todos destacables; pero iso non significa que se pretenda reivindicar a historieta en última instancia. Prefeririamos que non existisen eses bos tebeos a cambio de que a guerra de Bosnia tampouco.

A existencia de cómics que versen sobre as violentas guerras de secesión na que fóra a república federal iugoslava e os seus terribles consecuencias na poboación civil (dá igual o bando) non son unha anécdota en medio da industria do cómic. Existe toda unha tradición de historietas que falan da vida e as miserias do ser humano, da guerra, da crueldade. Algúns exemplos clásicos ou recentes: o premio Pulitzer Maus de Art Spiegelman (sobre o holocausto xudeu), Paracuellos de Carlos Gimenez (os orfanatos da posguerra española), Persépolis de Marjane Satrapi (a revolución islámica iraní) ou o Hiroshima de Keiji Nakazawa.

Tampouco debemos esquecer que calquera tipo de cómic (ou película, ou libro) contén varios niveis de lectura e o que en aparencia é mero entretemento pode ter un enorme interese (sociolóxico, político, cultural). En termos históricos e sociais ata o Sarxento Furia e os seus Comandos Aulladores teñen o seu interese.

Pese a elo, o certo é que son uns cantos os títulos que nos transportan aos horrores da limpeza étnica e a violencia entre veciños que se produciu ao longo da década dos 90 no corazón de Europa. ¿Por que esta profusión?. Non serve que a zona fóra un bo marco para a aventura (a Sildavia de Tintín, a Latveria da Marvel). É anecdótico. Nesta riqueza de títulos conflúen, cando menos, dous factores: a existencia dunha cultura historietística na zona e a proximidade, non só xeográfica.

"Bombardeos invisibles da OTAN, centos de miles de refuxiados, dictadores dementes, avances do exército, explosións, propaganda, mentiras... ¡Hei! ¡Que alguén me esperte! ¡Eu o único que quero é sentarme a debuxar os meus patéticos tebeillos!"
Aleksandar Zograf (Como fun bombardeado polo mundo libre)

Acomodados no noso sillón do privilexio económico os desenrolados países veciños esqueceramos que esa zona fora punto de encontro de etnias, nacionalismos e relixións. O novo mapa tras a Segunda Guerra Mundial distraeu a nosa atención cara outras zonas e esquecemos as disputas entre chetniks (nacionalistas serbios), ustachis (fascistas croatas), partisanos, musulmáns.

Pensabamos, como bo aparte da súa poboación, que a nova Iugoslavia que deixaba Tito fora un modelo válido para pacificar a zona. A principios da década dos 80 tiñan unha aparente apertura democrática, unha economía que permitía a existencia dunha clase media como a nosa (consumismo, televisión, fútbol, música pop), rivalizaban con España como potencia turística, e ata se celebraban en 1984 unhas Olimpiadas de Inverno en Saraievo. Así, a cercanía física o era tamén social, mental. Os iugoslavos tocaban coas mans a comodidade occidental cando se abriu a caixa dos trono secesionista e trala guerra serbocroata estalou a guerra en Bosnia oriental e os demos da sinrazón e o exterminio camparon as súas anchas.

Mentres, nós, sentados no noso sofá, nin reaccionabamos nin protestabamos aos nosos inermes líderes pola matanza de inocentes. E iso que o horror non proviña dun exótico país co que non se tiñan demasiados vínculos culturais, e incluso atacaba o máis sagrado dos nosos valores (e defectos): a comodidade. Os nosos veciños de escaleira poden pelexarse todo o que queiran pero en silencio; unha forma de vida ideal; pero as guerras nunca son silenciosas. Os máis comprometidos, inquietos ou informados protestaron. Algúns deles expresando a súa ira nun tebeo.

VIÑETAS DE LOS BALCANES: Los cómics sobre el conflicto de la antigua Yugoslavia (Parte Uno y continúa ...)

El Blog Ausente

Publicado por Birnarem
326 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos