¡Por fin! Parece que logo de moitos anos de loita, foi necesario o cambio de governo para lograr estar representados no deporte. Probablemente será en Nadal deste ano a súa estrea. Queda ainda todo por facer: uniforme, adestrador, xogadores, rival ao que se enfrontará, estadio no que se xogará o partido, ...
As xestións para crear a selección galega de fútbol comezarán en setembro e prevese que o primeiro partido amigábel se despute polo Nadal, conforme avanzou o director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez. Será a primeira vez dende a República en que unha selección galega de fútbol xoga un partido oficial, aínda que sexa amigábel, e está por ver se o fará contra unha selección autonómica ou doutro país.
O director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez, mantivo o xoves en Santiago unha xuntanza co presidente da Federación Galega de Fútbol, Xulio Meana. Meana, que leva máis de quince anos de presidente da entidade e que sempre se opuxo á creación do combinado, amosouse agora de acordo coa intención do novo goberno e declarou que ata o momento non fora posíbel poñela en marcha porque "desde a Administración non se tiña claro o que representaba para o pobo galego". Para Meana, é xa o momento de que "Galiza deixe de ser a única comunidade autónoma que non dispón de selección".
O director xeral para o Deporte, o nacionalista Domínguez, anunciou que a mediados de setembro asinaría un protocolo entre a Xunta e a Federación para botar a andar a selección galega, e valorou a xuntanza de hoxe como "importante porque cómpre mirar ao futuro, a través do deporte, cun aire novo". Sinalouse o Nadal, data tradicional dos partidos das seleccións autonómicas, como días probábeis para a estrea da selección albiceleste, e recalcou que este é un proxecto que se sacará adiante "con absoluto consenso".
Santiago Domínguez quere fuxir dos localismos "creando un proxecto que ilusione a todos e que sexa representativo da sociedade galega". As vindeiras semanas Domínguez reunirase cos xogadores máis emblemáticos dos últimos anos do fútbol galego, Fran e Michel Salgado, e que xa apoiaran no seu momento a creación da selección, para presentarlles a proposta. E tamén falará con arsenio Iglesias e Fernando Vázquez para o posto de adestrador.
Selección galega , por fin neste inverno!
Castanhinho
Dános a túa convocatoria para a selección galega
Galiza Naçom, Nacho à Selecçom
La selección gallega debutará en Navidades
La Xunta prepara el debut de la selección gallega
San Lázaro, el campo mejor situado para el estreno
Galicia cuenta con jugadores para un buen once titular
En corto
Arsenio: «Faríame ilusión voltar ós banquillos para un cargo así»
O primeiro partido da selección galega de fútbol será en San Lázaro a finais de decembro
Canal Seleccións de Vieiros
Actualización ->
Uruguay se perfila como el primer rival de la selección autonómica
Os primeiros 30 de Galiza
La selección gallega arranca con una lista de 30 jugadores
Venta de entradas (Entre 7€ e 15€ a través de CaixaNova)
Pinfloiz — 26-08-2005 09:30:57
Birnarem — 26-08-2005 11:14:45
PAILAROCO — 26-08-2005 14:48:44
Toninho Cereixo — 28-11-2005 00:35:25
Birnarem — 29-11-2005 01:02:28
Efrén — 12-12-2005 19:39:27
PIT — 13-12-2005 18:51:02
alvaro — 14-12-2005 16:38:02
francisco — 22-12-2005 12:36:28
poe — 22-12-2005 12:37:03
A tenda Celta — 22-12-2005 15:56:10
Pablo — 28-12-2005 12:56:59
Birnarem — 28-12-2005 20:10:04
Nolito — 29-12-2005 22:02:46
eo mesmu — 02-02-2006 22:14:00