O alcalde destacou o esforzo por convertelo en «un referente no área metropolitana». Berrogüetto, Gwenlann, Rosa Cedrón e Doa e A Requinta de Xián formarán parte do festival deste ano. Haberá que pasarse por Guísamo para desfrutar deste atractivo concerto.
O grupo bretón Gwenlann e a formación galega Berrogüetto serán os cabezas de cartel da sexta edición do festival de folk de Bergondo, que terá lugar mañá no antigo campo da feira de Guísamo, a partir das 21 horas. Rosa Cedrón e Doa, co seu proxecto Cantigalia , así como A Requinta de Xián, completan o cuarteto de intervenientes.
Os bretones Gwenlann, formados no 2003 tras unha experiencia previa baixo o nome de Gweng-hlan, rematan de presentar o seu terceiro traballo, no que perseveran na súa liña de fusionar folk e rock.
Berrogüetto, pola súa parte, está considerado o grupo de folk máis importante en Galicia nos últimos anos. A súa nominación no ano 2003 ó mellor álbum deste estilo por Hepta é a súa mellor aval.
Rosa Cedrón e Doa, xuntos no proxecto Cantigalia, co que recuperan a cultura das cantigas do medievo galego, farán en Bergondo unha nova escala dentro da súa xira única.
A presenza de A Requinta de Xián, creado no ano 2000, responde ó desexo de Bergondo por conceder unha plataforma dende a que comezar a súa traxectoria a grupos noveilles.
Referente
O alcalde de Bergondo, Xosé Fernández Ramos, destacou onte o «esforzo» que realiza o Concello con este festival para convertelo «nun referente no área metropolitana». Tras desarrollarse entre 1979 e 1986, sufriu un parón ata o 2000, data en que volvió a celebrarse.
Fernández Ramos tamén subliñou que o emplazamiento elixido en Guísamo é un «marco magnífico» no que «pasar toda a xornada». Neste sentido, durante toda a tarde estará permitido o acceso de público, con postos de comida e diversas actividades.
Gwenlann y Berrogüetto encabezarán el sexto festival folk de Bergondo
La Voz de Galicia
Lolo Moldes — 14-12-2005 18:51:29
Birnarem — 15-12-2005 22:49:35