Galbraith escribiu que “é posible que para manipular eficazmente á xente sexa necesario facer crer a todos que ninguén lles manipula”. O dominio e o control sobre as persoas e os pobos lévase a cabo mediante técnicas de manipulación.
O dominio e o control sobre as persoas e os pobos lévase a cabo mediante técnicas de manipulación. Noam Chomsky exprésao con estas palabras: "A manipulación e a utilización sectaria da información deforman a opinión pública e anulan a capacidade do cidadán para decidir libre e responsablemente. Se a información e a propaganda resultan armas de gran eficacia en mans de réximes totalitarios, non deixan de selo nos sistemas democráticos; e quen domina a información, domina en certa forma a cultura, a ideoloxía e, por tanto, controla tamén en gran medida á sociedade".
Vexamos Algúns sistemas:
Crear problemas, despois ofrecer solucións
Este método é tamén denominado "problema- reacción- solución". Créase primeiro o problema, unha "situación" prevista para suscitar unha certa reacción do público, a fin de que este sexa o demandante de medidas que se desexa facer aceptar. Por exemplo: deixar que se desenrole ou intensifique a violencia urbana, ou organizar atentados sangrentos, a fin de que o público sexa o demandante de leis de seguridade ou policíacas que limiten a liberdade, ou xustifiquen accións militares. Ou tamén: crear unha crise económica para facer aceptar como un mal necesario o retroceso de dereitos sociais e o desmantelamento dos servizos públicos.
A estratexia do "pouco a pouco" ou a degradación progresiva
Para facer aceptar unha medida socialmente inaceptable, é suficiente aplicala progresivamente, ao longo dun ciclo de 10 ou 20 anos. Desa maneira, condicións socio-económicas radicalmente novas foron impostas: reconversións, desemprego masivo, precariedade, flexibilidade, relocalización, salarios que xa non aseguran ingresos mínimos, aborto, eutanasia,...
A estratexia do acontecemento inevitable e a resignación
Outra maneira de facer aceptar unha decisión impopular é presentalo como "dolorosa pero necesaria", obtendo o acordo do público no momento para unha aplicación futura. É máis fácil aceptar un sacrificio futuro que un sacrificio inmediato. Deixa máis tempo para que a sociedade se acostume á idea dun cambio inevitable e de aceptalo con resignación cando chegue o momento. Exemplo: o paso cara o Euro e a perda de soberanía monetaria e económica.
Dirixirse a un público infantilizándoo
A maioría dos programas de TV dirixidos ó gran público utiliza un discurso, argumentos, personaxes, e un ton particularmente infantil, como se o espectador fóra un neno de corta idade. Canto máis se tente buscar enganar ó espectador ou oínte, máis se tende a adoptar un ton infantilizante. ¿Por que? Se se dirixe a unha persoa como se tivese a idade de 12 anos, sen plantexarlle nada que lle cuestione, terá, con certa probabilidade, unha resposta ou reacción desprovida de sentido crítico.
Utilizar o aspecto emocional e non a reflexión
Adolf Hitler dicía: " Por medio de hábiles mentiras, repetidas ata a saciedade, é posible facer crer á xente que o ceo é o inferno e o inferno o ceo... Canto máis grande sexa a mentira, máis a cren (...) Vállome da emoción para a maioría e reservo a razón para a minoría".
Manter ao público na ignorancia e a mediocridade
Facer de forma que o público sexa incapaz de comprender o mundo en que vive e os métodos utilizados para o seu control e escravitude. Que pense: "NON se pode facer nada". Conséguese coa calidade da educación, coa programación dos medios de comunicación. Para a maioría, a mediocridade. A excelencia só para unha minoría elitista. Unha mentira ou unha media verdade repetida por un poderoso medio de comunicación, ou unha institución científica, convértese nunha verdade de feito; vén a constituír "unha crenza", algo intocable. A propaganda tende a favorecer non verdades senón "crenzas".
Substituír a acción revolucionaria pola culpabilidade e o individualismo
Facer crer ao individuo que el só é o único responsable da súa desgracia, a causa da insuficiencia da súa intelixencia, das súas capacidades, ou dos seus esforzos. Así, en vez de asociarse para loitar, o individuo se autodevalúa e se culpabiliza, o que xera un estado depresivo que lle inhabilita para a acción. Un exemplo é a aceptación de millóns de persoas en paro ou na precariedade sen exercer a mínima protesta. Outro é o auxe dun asistencialismo de novo cuño que a través das ONG canaliza os sentimentos de culpabilidade e contribúe a eliminar a conciencia política dos problemas.
Coñecer aos individuos mellor do que se coñecen a se mesmos
No transcurso dos últimos 50 anos, os avances acelerados da ciencia xeraron unha brecha crecente entre os coñecementos do público e aqueles posuídos e utilizados pola elite dirixente. Grazas á bioloxía, a neurobioloxía e a psicoloxía aplicada, o sistema logrou un coñecemento avanzado do ser humano. Isto significa na maioría dos casos que posúe un maior control e un maior poder sobre as persoas que as persoas sobre elas mesmas. O que fóra director da Coca Cola, David Wheldon, expresaba así a súa estratexia de dominación: "Ante a dificultade de prever como será o consumidor do futuro, a solución é crealo nós mesmos dende o presente coa axuda de boas ideas e boa publicidade. O consumidor do futuro vai estar onde queiramos que estea". A verdade é que non hai equipo de sociólogos ou psicólogos capaz de rivalizar cos que empregan as grandes compañías transnacionais.
Controlar a democracia
"Un mundo feliz", de Aldoux Husley imaxinaba o que sería unha ditadura perfecta: unha ditadura con aparencias de democracia, con individuos xenéticamente condicionados. Un sistema de escravitude baseado no consumo e a diversión, onde os individuos amaran máis que a súa vida a súa propia servidume, onde ese amor levase por nome "liberdade". A manipulación é insostible sen aparencia de democracia. A democracia real é intolerable para o que busca manipular. Reclamar hoxe a democracia real, autoxestión, é ilegal. Está prohibido por lei pasar da "participación".
Manipular a linguaxe
Á miseria non se a pode chamar fame, porque o fame é só cuestión de comer. O fame non é un asasinato político nin un xenocidio, aínda que deixe sen vida a máis de 100.000 persoas a diario, senón un problema de seca, malos gobernos e catástrofes naturais. Á condena ao traballo forzado dos nenos, escravitude infantil, chámanlle "traballo dos nenos". Aos países que foron esquilmados e empobrecidos polo latrocinio das grandes empresas e os intereses das grandes potencias e que tratan de saír da miseria acatando as receitas dos que lles roubaron, chámanlles "en vías de desenvolvemento". Aos inmigrantes que foxen do fame se chámanlles "ilegais". Ás persoas que buscan traballo chámanlles "mercado de traballo" ou "capital humano". Ás persoas que ofrecen os seus recursos mentais e físicos nas empresas, chámanlles "recursos humanos". Ás axudas humillantes que din prestar os que primeiro roubaron, chámanlles "cooperación". A dar o que nos sobra, diante de todo o mundo, chamámolo "solidariedade".
Nomear o mundo é a base de toda humanización. Repetir as etiquetas que pon o poder para nomearlle, a de toda manipulación e degradación do ser humano. A miseria máis profunda que pode sufrir o home é a da súa ignorancia promovida e consentida.
Manuel Araus y Francisco Sandalio
Revista Autogestión nº 55 octubre-noviembre de 2004
Estrategias de Manipulación (castellano)
Pailaroco — 29-08-2005 08:15:24