Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Bluetooth, axuda para cacos

Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 23-08-2005 12:50

Ao parecer detectáronse en Cambridge varios casos de roubo de portátiles e outros instrumentos electrónicos que foran deixados no interior de vehículos. Os ladróns utilizaron teléfonos equipados con Bluetooth para localizar no aparcamento este tipo de obxectos.

A policía inglesa recomenda que os dispositivos electrónicos non se deixen nos vehículos sen tomar antes a precaución de desactivar as conexións inalámbricas. Non estaría de máis que todos estos aparatos tivesen desactivada a opción bluetooth por defecto para evitar problemas a usuarios inexpertos.

Aquí de momento non temos coñecemento do uso deste avance tecnolóxico para fins tan lucrativos, pero non está de máis ser precavidos con aparatos coma os portátiles.

Phone pirates in seek and steal mission

Publicado por Birnarem
311 lecturas • 1 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios

  1. A verdade é que o mais sofisticado que teño no interior do meu coche e o FRISBEE dun amigo, que espero poder voltarlle en breve. Por iso, podo estar bastante tranquilo...
    Por outra parte, hay unha peli Yanki moi divertida sobre ladróns de coches titulada "60 Segundos", que non é que sexa gran cousa pero promete un rato divertido. Ahí roúbanse unha morea de eles.

    PAILAROCO — 24-08-2005 08:15:46


Comentar



Recordar datos