Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

De depresións e crisis de ansiedade

Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 12-08-2005 22:38

Como na canción El gorila, de Brassens, que conta coma un xuíz, víctima das ansias amorosas dun gorila, acaba gritando «¡Mamá!» e chorando moito, algúns servidores do Estado caracterizados pola cruda frialdade da súa actuación no exercicio do cargo demostran que, cando se trata das súas propias personas, son dunha sensibilidade literalmente enfermiza.

Temos o caso de Rafael Vera, outrora secretario de Estado de Seguridade. Decíase del que era frío coma o xeo e que podía mostrarse realmente implacable. Non aceptaba vacilacións nin remilgos dos seus subordinados, e xamáis viuselle nin sequera mover unha cella cando tíña noticia dos crímes dos GAL o dos casos máis obvios de tortura en dependencias policiais. Sen embargo, así que se encontrou metido en chirona por decidir que os fondos reservados estaban reservados a él, así que se lle encarcelou, so e deixado da mano do César, caeu víctima dunha fonda depresión, o pobre. Menos mal que o Estado sabe distinguir entre os malos malos e os malos bos e comprende que non é o mesmo a depresión de Vera que a de os demais presos, así estén ao borde do suicidio e rematan suicidándose. Gracias a isto, Vera foi autorizado a marcharse a súa casa e non pasar no cárcere máis que os fins de semana. Polo menos ata que alegue que acudir á prisión os fins de semana lle deprime.

Algo parecido pasou cos gardias civís do cuartel de Roquetas que non se viron involucrados nos procedementos penal e disciplinario derivados da morte de Juan Martínez Galdeano. Todos, súbitamente, pediron a baixa porque –din– están psicolóxicamente moi afectados. E fóronse as súas casas. Haberá quen considere que iso ten todas as características dun plante, pero eu non. Eu creome que a súa sensibilidade é deste tipo: non se inmutaron porque Martínez Galdeano morrera no seu cuartel tras sufrir unha paliza de tomo e lomo, pero fulminoulles a alma ver aos seus compañeiros en apuros. Teñen, por así dicilo, una sensibilidade corporativa.

¿E qué dicir –ao millor: que non dicir– da xuíz do caso, que tamén pediu a baixa laboral, alegando que sufre unha crisis de ansiedade? É a mesma que non se inmutou cando lle alegaron outras denuncias por malos tratos contra integrantes dese mesmo cuartel. Nin se molestou en abrir dilixencias. Porque, para remango, ela. O mesmo remango co que decidiu poner en libertade a todos os gardias implicados na morte de Martínez Galdeano, importándolle un pito a petición fiscal.
Pero bastou, ai, con que se descubra que enviou ás partes personadas no caso un informe amputado –o que implica, como pouco, unha grave neglixencia– para que lle entrara unha súbita crisis de ansiedade e tomara as de Villadiego.

Xente singular ésta. Tan insensibles, tan sensibles.

Javier Ortiz

Publicado por Birnarem
297 lecturas • 3 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios

  1. Estimado Birnarem:

    É evidente que no teu artigo das boa conta da hipocresía de certos persoaxes populares, ou da que se adiviña nun suceso de moita actualidade como o de Roquetas. Nembargantes, eu coido que o comentario carece de interese informativo ou incluso crítico.

    Eu penso que estas persoaxes son, nin mais nin menos, o reflexo dunha sociedade na que o egoismo é un valor moi destacado e, incluso, ensalzado na actualidade. Coido que a súa ligazón ó concepto actual de éxito ou prestixio que impera na sociedade é innegable, por iso opino que demonizar esas actitudes non é algo especialmente interesante.

    En conclusión, eu diría que ese tipo de sensibilidade - insensibilidade é algo ligado á sociedade actual, e me parece mais correcto criticala a nivel global.

    PAILAROCO — 16-08-2005 08:59:53

  2. En primeiro lugar, aclarar que moitos dos artigos que aquí se publican non son propios, senón artigos que consideramos interesantes que a xente coñeza, para estar informados, para crear unha opinión na xente, para que todos mostredes o voso punto de vista, ... En este caso o artigo foi escrito por Javier Ortiz, por iso aparece o seu nome ao final, ainda que logo apareza o meu, porque fun eu o que o publiquei na bitácora. Os artigos propios aparecen sen ningún nome ao final, ou tamén pode ser que logo dun artigo doutro e despois da súa firma apareza un fragmento propio, que así me gustarí que fose en case todos, pero todavía non teño tempo para tanto.

    En canto a túa opinión, si encontro de interese informativo este artigo, porque son datos que moitos descoñecen ou pasaron por alto entre tanta información basura dos medios masivos. ¿Porqué se conceden permisos penitenciarios a xente de relevancia pública e non aos que non a teñen? Existen moitísimos casos de suicidios penitenciarios, que pasa ¿tan pouca calificación teñen os que examinan a esos presos que non intúen esa posibilidade de suicidio? Continúo noutro momento que téñome que ir ...

    Birnarem — 18-08-2005 10:41:11

  3. Coincido con Pailaroco en que a demonización simple probablemente sexa algo irreal, porque en esta vida todo está en tonos grises, pero considero importante poñer nomes a actitudes concretas para que moitos se decaten de que non estamos falando de teorías nin suposicións, senón de feitos.

    A ver se hai máis opinións por ahí, que sempre está ben coñecer a visión doutros, para formar a opinión propia.

    Birnarem — 22-08-2005 20:00:40


Comentar



Recordar datos