Os ministros europeos de Xustiza e a Comisión Europea queren almacenar todo o tráfico telefónico e de Internet de 450 millóns de europeos. Se estás preocupado por un plano así, pedímoste que asines esta petición.
¿Que hai de malo na retención de datos? A proposta de reter os datos de tráfico revelará quen estivo chamando ou enviando correos a quen, que websites visita a xente e incluso onde estaban cos seus teléfonos móbiles. Ordenarase ás compañías telefónicas e aos provedores de Internet que almacenen tódolos datos de tráfico dos seus clientes. As axencias de policía e de intelixencia de Europa terán garantido o acceso a eses datos. Diversas propostas en competición actualmente en Bruselas falan de períodos de retención de entre seis meses a catro anos.
A retención de datos é unha técnica invasiva que interfire coas vidas privadas de 450 millóns de europeos. A retención de datos é unha política que expande as capacidades de vixilancia dunha forma sen precedentes. De forma simultánea revoca moitas das garantías dos instrumentos europeos en favor dos dereitos humanos, coma as directivas de protección de datos e a Convención Europea dos Dereitos Humanos.
A retención de datos implica que os gobernos poden interferir coa túa vida privada e as comunicacións privadas sen importar se es ou non sospeitoso dun crime.
¡A retención de datos non é unha solución para o terrorismo e o crime!
En xullo de 2005 o Parlamento Europeo adoptou un informe do membro do Parlamento Alexander Alvaro sobre o plano de retención obrigatoria de datos. O informe concluía que a proposta era desproporcionada. Este informe tamén cuestionaba a necesidade, efectividade e os altos custes para a industria e os usuarios de telecomunicacións.
Non hai investigacións desenroladas en ningunha parte de Europa que demostren a necesidade de crear semellantes bases de datos a gran escala, contendo datos tan sensibles co obxectivo de loitar contra o crime e o terrorismo.
Os ataques a Londres foron ataques aos dereitos humanos. A protección destes dereitos humanos importa máis cando os gobernos e as sociedades enfróntanse a tempos de crise. A peor resposta posible sería poñer en perigo estes dereitos coidadosamente articulados cunha resposta inspirada no medo. Responder con vixilancia masiva ao terror remataría sendo un enorme éxito para os perpetradores de semellantes ataques: socavar os nosos valores máis fundamentais.
¿Que podes facer para deter este plano?
Se te preocupan os planes relacionados coa retención de datos, por favor, asina a petición e alerta a tódalas persoas que poidas para dar apoio a esta campaña.
As sinaturas enviaranse á Comisión Europea e ao Parlamento Europeo.
¡La retención de datos no es la solución!
None — 10-04-2007 01:40:09