O pasado 28 de xullo unha pequena noticia pasaba case desapercibida na maioría dos medios de comunicación. Era a breve historia de Muktar Sahid Ibrahim, un dos catro homes que lograron fuxir despois do seu tento frustrado de facer explotar catro bombas o 21 de maio en Londres, tres delas no metro e unha nun autobús.
Sahid ten 27 anos, chegou a Inglaterra en 1992 fuxindo de Eritrea. Os seus compañeiros de escola lémbranlle como un rapaz sen especiais tendencias relixiosas, que fumaba porros, bebía cervexa e gustáballe o fútbol e as chicas rubias. Formaba parte dunha banda de delincuentes xuvenís que foi detida por un roubo con violencia polo que Sahid tivo que cumprir cinco anos de prisión.
Foi durante eses anos nunha cárcere británica onde acumula a súa xenreira e odio cara o sistema que lle encerrou en plena xuventude, faise cada vez máis relixioso e apréndese de memoria o Corán ata converterse nun defensor da yihad (guerra santa) e da búsqueda do paraíso de Alá.
O ladronzuelo de dezasete anos que fumaba porros e que chegou con catorce anos ó Reino Unido rematou cheo de odio tentando inmolarse nun atentado suicida nun autobús de Londres co soño de entrar como mártir no paraíso. Non asemella que Sahid formase parte de ningunha rede de Al Qaeda contra a que tantos recursos de intelixencia estanse adicando, non foi xamais a Afganistán nin a eses supostos santuarios de mártires islamistas que Occidente bombardeou para loitar contra o terrorismo, nunca saíu de Inglaterra. Tampouco se fixo fundamentalista en ningunha mesquita radical das que a policía vixía con tanto celo, nin foi embaucado por ningún imán que tanto preocupan aos nosos dirixentes. Por suposto non pisou un campo de adestramento de terroristas tan buscados polos satélites espías de Estados Unidos e Europa.
Sahid Ibrahim "fíxose terrorista" mentres estaba baixo a tutela do sistema penitenciario británico. Eses sistemas penitenciarios que, segundo din as nosas lexislacións, teñen como función reinserir aos delincuentes.
Mentres os recursos económicos do Reino Unido destinábanse a bombardear Afganistán e Iraq para loitar contra o terrorismo, a administración quedábase sen fondos para atender aos rapaces conflictivos ou dotar de recursos ao sistema penitenciario. E aí foi onde apareceu o terrorismo que pensaba rebentar un autobús londinense cheo de pasaxeiros. Estes gobernantes son dos que lles sinalas a lúa e ollan o dedo. Ou queren que ollemos o dedo.
Historia de un “terrorista” (castellano)
Pascual Serrano
PAILAROCO — 16-08-2005 16:48:31