Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Festiclown Santiago de Compostela 2005

Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 27-07-2005 12:13

Quizais debería ter publicado esta información antes, pero aquí vai. Do 1 ó 7 de agosto de 2005 en Santiago de Compostela, celébrase o Festiclown, magnífico festival de nivel internacional que empezou celebrándose en Pontevedra, pero xa dende o 2003 invade Santiago. Cursos moi interesantes e moitísimas actuacións (escenarios e rúa), ¡¡¡ non o perdas !!!

O Festival Internacional de Clown de Galicia, o Festiclown, desembarca na capital de Galicia por segundo ano consecutivo para seguir coa traxectoria de éxitos e risos que iniciou no ano 2000 en Pontevedra.

Entre os días 1 e 7 de agosto, Santiago de Compostela transformarase nun paraíso dos paiasos, o humor e o riso solidario, gracias ó apoio da Concellería de Cultura e á entidade xestora do Festiclown, Coper@ctiva Cultural, que promoveu dende o seu nacemento este proxecto tan singular en todo o Estado Español.

Entradas para a Mostra Internacional

Horario da Taquilla do Teatro Principal: de 12.00 a 14.00 horas e de 19.00 a 22.00 horas.

Información Sobre As Entradas

Prezo entrada: 6 €
Bono – Mostra Internacional: 30 € (6 entradas)
Desconto especial: 10 entradas por 50 € (poderase escoller a combinación de espectáculos que se queira)

Reserva de entradas: a partir do 1 de agosto poderase reservar entradas para a Mostra Internacional chamando ao número de teléfono do Teatro Principal 981 528 706, de 12.00 a 14.00 horas e de 19.00 a 22.00 horas.
Unha vez feita a reserva, as entradas deberán retirarse como mínimo media hora antes do inicio do espectáculo. As entradas reservadas que non se retiren nestre prazo estipulado pola organización poñeranse de novo á venta xeral.

Todos os cursos de Formaclown do Festiclown Compostela 2005 celebraranse no Auditorio de Galicia (Avda. do Burgo s/n, Campus Norte), agás o curso "Na busca da Nosa Identidade Cómica", impartido por Leo Bassi, que será no Teatro Principal (Rúa Nova)
O día de inicio dos cursos recoméndase chegar media hora antes.

Formaclown
Maraclown
Actuaclowns
Certame Intergalaico (Compañías Certame Interior e Compañías Certame de Rúa)


Festiclown

Publicado por Birnarem
344 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos