XXI Festival Intercéltico do Morrazo (Moaña) 2005
Archivado en
Novas Quentiñas •
Fecha: 22-07-2005 11:16
Por fin sabemos o cartel do Interceltico do Morrazo, a verdade é que dada a calidade dos grupos damos por boa a espera. Susana Seivane, Milladoiro e Luar na Lubre, grupos galegos punteiros e de calidade que todos xa coñeceredes sobradamente, e a eles únense Calicanto (grupo italiano), Battlefield Band (veteranísimo grupo escocés que sempre foi un puntal da música celta dende o seu nacemento, na sua extensa carreira mistura estilos moi tradicionais con outros máis modernos, para min ten cancións pouco destacadas xunto a outras absolutamente maxistrais) e Eileen Ivers (violinista estadounidense de orixe irlandesa que conta con gran recoñecemento no mundillo celta, a súa música é contundente e limpa con influencias doutros ritmos e músicas de diferentes partes do globo, dará moita caña, seguro).
Os concertos da XXI edición do Festival Intercéltico desenvolveranse no palco situado no Paseo Marítimo.
Existen dúas Oficinas de Información Turística: unha na Cerradiña, en Domaio, e outra na Alameda, en Moaña, ademais hai unha Oficina de Información Xuvenil na Casa do Concello, na rúa Ramón Cabanillas, núm. 18.
Programa 2005
Día 29 de xullo
Susana Seivane e Battlefield Band
Ás 23 h. no palco do Paseo Marítimo
Día 30 de xullo
Milladoiro e Eileen Ivers
Ás 23 h. no palco do Paseo Marítimo
Día 31 de xullo
Calicanto e Luar na Lubre
Ás 23 h. no palco do Paseo Marítimo
Festival Interceltico do Morrazo
Publicado por
Birnarem
632 lecturas •
9
Comentarios •
0
Referencias
Comentarios
-
XXI FESTIVAL INTERCELTICO CANGAS 2005???
ES EN MOAÑA, PARA VUESTRA INFORMACION XIANA — 28-07-2005 13:48:47
-
Graciñas Xiana, menudo despiste, xa está correxido. Será millor que deixe de escribir os artigos facendo o pino e tecleando co nariz, probarei a teclear coa orella dereita, a ver se así... :)
Birnarem — 28-07-2005 14:08:02
-
Ai, ai, ai...
O Birnarem de sempre. Telcar — 28-07-2005 19:17:24
-
sou a portuguesa que comentou há pouco e não escrevi acima os meus dados. Agora já os têm aí.
Bicos a todos maria de lourdes — 15-06-2006 01:36:49
-
Pois dizia eu no meu comentário que não saiu bem antes que efectivamente o festival é em Moana. Mas eu conheço bem essa vossa guerra "Cangas-Moana"....Já vou para o Morrazo há muitos anos e é pena que assim seja sobretudo quando se tratam de duas terras tão belas y queridas para mim. Quando estou por aí é como se estivesse na minha casa. Então há que não dar valor a isso porque enquanto nós "peleamos" com essas coisas "Eles" vão botando para o bolso....
Então agora neste momento o que eu preciso de saber é quando é a data (fecha) do festival Intercéltico em Moana este ano 2006??
Quem é que me pode informar?? Quando souberem enviem-me pf. um correo. Muito obrigada. (Sabem essa mesma guerra existe entre a cidade do Porto e Lisboa..). É uma "tontaria"!....
Bicos para os amigos galegos e até sempre.
maria de lourdes
Quem é que me pode informar maria de lourdes — 15-06-2006 01:44:24
-
Saúdos amiga. As datas supoño que serán parecidas ás do ano pasado e tamén coma o ano pasado seguramente haberá que esperar ata datas moi cercanas á celebración do festival para ter o cartel e as datas definitivas. Sintoo sobre todo por tí que ves de Portugal e necesitarás certa planificación da viaxe.
Por certo aproveito para sinalar se alguén que forme parte da organización se pasa por aquí que é unha mágoa que non exista unha zona habilitada para acampada e unha maior difusión para atraer xente non só da zona do Morrazo-Vigo, porque os grupos (cando menos o ano pasado) eran magníficos. Birnarem — 21-06-2006 12:25:13
-
Obrigado amigo pelo teu cuidado Há gente muito simpática e carinhosa e já recebi um correo indicando as datas. Eu sei que são mais ou menos as mesmas mas seria interessante, como dizes, saber o programa. Afinal estamos tão próximo do festival!? Bem vamos a ver se vou com uns amigos daqui do Porto. Também tens razão sobre um lugar para acampar. Fazem-se tantas parques de estacionamento para carros no Morrazo e seria simpático pensar nas pessoas que gostam da vossa terra que é a nossa também, que gostam da música, do mar e que trabalham uma vida inteira e precisam de "disfrutar"...pois a gente que pense nisso e um grande abraço para ti amigo e para todos os que gostam da música folk
maria de lourdes — 07-07-2006 23:58:42
-
As datas serán do 29 ao 31 de xullo. Os grupos confirmados de momento son Berrogüetto e Leilía.
Birnarem — 12-07-2006 12:56:12
-
XXII Intercéltico do Morrazo 2006
Birnarem — 14-07-2006 12:53:25
Comentar