Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A Flora e a Fauna do chamado "Movemento de Esquerdas Antisistema"

Archivado en Información (Kit do cidadán crítico) • Fecha: 21-07-2005 11:03

O máis san é a autocrítica e saber rirse dun mesmo, e quizais o consigamos gracias a estereotipos coma os definidos por Bolecharlatan (gurú, flowerpower, radicalillo, non violento, intelectualillo, ....).

Todos podemos sentirnos identificados en algún estereotipo, ou en algo de cada un (eu identifícome a primeira vista con cousas de 3 ou 4, xa comentarei cales cando o analice millor). Tratemos de divertirnos (creo que o conseguiremos) e se queremos podemos aprender a coñecernos. Destacar que o feito de estereotipar personaxes non significa que se critique as ideas que este defende, e así debe lerse.

O texto está ampliado por comentarios xurdidos da web Tortuga, onde tamén se publicou o artigo. Se pensades que falta algunha definición (seguro que faltan moitas) animádevos a facela e comentalo. Se queredes ampliar a definición dalgún estereotipo, adiante tamén. Ah, e tamén se queredes facer pública a(s) opción(s) nas que pensades que estades mellor que mellor.

¿Que tipo de persoas somos eses colgados que dedicamos o noso tempo libre á busca duns ideais para conseguir o que cremos que será un mundo mellor? Visto o visto, asemella que respondemos a patróns que se repiten en calquera parte onde se busquen. Xa veredes xa. Así é o reino animal da selva do izquierdismo.

O gurú: líder ideológico da súa organización (partido e/ou sindicato, maiormente) Xeralmente de avanzada idade, cunha traxectoria de mogollón de anos dando o calo e cunha experiencia elevada. O seu nivel político é bastante considerable, ten argumentos para todo, o que fai que sexa seguido sen rechistar polo bloque da súa organización. Cos anos as súas ideas fixéronse inamovibles, e cre que o seu camiño, xa non só é o mellor, senón o único para conseguir chegar o seu ideal. En períodos de estancamento pode notarse un cambio nel, pero tras un novo fracaso volve á súa anterior postura máis convencido que nunca.

O séquito do gurú: é a xente que rodea ao gurú. O admiran e respectan. Algún día gustaríalles ser coma el. Apoian e pechan filas en todo o que di, porque é unha persoa que controla un ovo e está mogollón de posta nestes temas. Moi útiles para facer demostracións de forza nas asembleas, agardando a que o gurú fale para repetilo o mesmo coma loriños. Pouco abertos a novas suxestións.

O machaca: carne de canón. De baixo nivel político, xeralmente xoven e inexperto, é a persoa ideal para sacar adiante o curro do gurú. Sole facer as cousas movido polo corazón e os sentimentos e pensa que hai que facer o que sexa contra… ¿contra quen? Pegador incansable de carteis e repartidor de panfletos, remátase queimando cando se dá conta que sempre remata facendo o que propón o gurú, sempre de maneira horizontal e asemblearia, por suposto. Non se atreve a rebater nada, porque cada vez que o tentou foi esmagado polos argumentos e a experiencia do gurú e os seus adeptos. Se se queima rematarase largando, senón, pode ser ascendido en pouco tempo a membro do séquito do gurú.

O plataformista: individuo xeralmente pertencente a organizacións pequenas que por si solas non poden facer grandes cousas. Busca unir persoas e colectivos para determinados temas concretos, a veces incluso busca a unión sen causa clara (cando hai algún tema de moda, está na súa salsa) A unión é o primordial, para entre todos facer fronte a… ¿a quen? Sabe que á longa o plataformismo pode ser unha boa fonte de captación de novos adeptos e unha maneira de conseguir un rendemento político que doutra maneira non se podería conseguir.

O oenexeiro: individuo xa maduro que abarcou moitos aspectos da política ao longo da súa vida sen conseguir nada. A idade fíxolle madurar e darse conta de que hai que ir ao práctico, a buscar obxectivos que aínda que sexan máis pequenos sexan máis alcanzables. Para elo todo vale, se hai que reunirse co alcalde ou aliarse coa oposición, ou caer á altura do betume para conseguir algo, faise e punto. Terá sempre coidado de non xuntarse con grupos radicais para non ser criminalizado.

O oportunista: aproveitará calquera ocasión para figurar en panfletos, convocatorias, carteis,… para facer publicidade da súa organización. Seguidor da lei do mínimo esforzo, utilizará actos doutros para colar a súa propaganda. Tamén publicará convocatorias alleas facéndoos pasar como propias, utilizando o chamado "truco do almendruco". Non se cortará un pelo en esaxerar actuacións policiais ou en multiplicar cifras de manifestantes.

Truco do almendruco: anuncia unha convocatoria allea nun medio de comunicación. Non indiques claramente quen é o convocante. Asina ti a noticia (coma que a ti a publicas, pero sen adxudicarte o acto de maneira descarada) O lector pensará que a convocatoria é túa, pero non fixeches nada malo, soamente limitácheste a reenviar unha información que te chegou, e fixéchelo para botar un cable e para apoiar.

O obsesionao: individuo con certa experiencia, queimado con todo e farto do xogo político. Na súa cabeza rolda continuamente a idea das conspiracións doutras organizacións para captar adeptos e sacar rendemento político a custa doutros. Os temas principais desa obsesión solen ser o desenmascarar organizacións chungas coma CCOO ou IU. Á longa dáse conta de que esa obsesión impídelle facer outras cousas que lle encantaría facer.

O antifa: convencido de que o maior inimigo é o fascismo, e patearlle a cabeza a un nazi pode ser o máis apetecible do mundo. Saben que é un traballo sucio, pero alguén o ten que facer, se deixamos crecer ao fascismo corremos serio perigo. Para eles o fascismo é… todo o demais.

O liberao: xente que fai o mesmo que outros de distintas organizacións, só que cobrando e con dereito a escaquearse do curro. Incriblemente, pensa que ser un liberao é unha putada, e ve os seus privilexios como unha carga que ninguén máis do seu grupo quere aceptar e manifesta sempre as enormes gañas que ten de deixar de selo, pero nunca o deixa. Cre que é necesario que alguén se dedique a elo polo ben da organización.

O nonviolento: defensor da estratexia da desobediencia civil, sole ser o típico que se gaña a pulso tódalas multas e os marróns. Rexeita usar a violencia e está convencido de que o seu camiño é o mellor. Corre o perigo de centrarse no seu arrollo esquecendo que hai outras formas de facer as cousas.

O flowerpower: pseudojipi enmarcado no rollito antisistema. Pensa que todo é guai, que ninguén é malo e que hai que convencer aos malvados de que deixen de selo a base de tirarlles flores. Rexeita calquera acto ilegal ou de tintes radicais, e xa nin falemos dos violentos. Amante das ongs, declárase ecoloxista, pacifista,… Demostra un gran interese polas filosofías orientais tipo yoga, reiki,… e cousas desas. Maiormente vexetariano.

O radicalillo: aparenta ser o oposto ao jipi flowerpower, pero en realidade é outra modalidade do mesmo. Namorado da loita armada, realiza unha apoloxía verbal da violencia sen cuartel, aínda que nunca se atrevería a tirar unha pedra, pero recoñece que é guai cando a tiran os demais. Agarda cautelosamente a que chegue a revolución para poder saír ás rúas coas súas camaradas a proclamar a liberdade e a axusticiar ao opresor, pero,… mentres tanto,… mentres tanto, ¿que?

O coherente: o que todo o fai ben, é consecuente co que pensa, séntese seguro de si mesmo e trata aos demais con certo aire de superioridade, xa que cre que é o único que toma a loita en serio.

O despistao: dise do individuo que deambula dunha organización a outra, que apoia case todo o que se fai e que non se define ideolóxicamente. Sabe contra que actúa pero non ten alternativas nin ten claro onde está pinao. Facer por facer. Pero a diferencia doutros, este si que fai.

O do rollito: o izquierdismo mola; é unha forma sensacional de facer amigos e realizarte coma persoa, se se compaxina a protesta cunha festeciña pois mellor, así facemos amigos. Pode encadrarse dentro do punk ou o folk, movementos musicais do entorno esquerdas.

O intelectualillo: Subespecie de "o do rollito". Rata de biblioteca que ha devorado miles de libros de filosofía, política, historia,… Triunfa os fins de semana nos bares a partir do cuarto cubata, punto de inflexión no cal comeza a desenrolar intensos debates dialécticos coas súas camaradas e colegas. De vez en cando dígnase a asistir a algún acto.
O terapias: outra modalidade máis dos "do rollito". Vai as asembleas e nunca fala. Simplemente está alí e non se perde unha. Solitario, estraño. ¿Irá recomendado polo médico?

O amiñaputabola: individuo indomable que leva anos pululando por aí sen caer en ningún lugar concreto. Tómanlle por loco e cren que non sabe onde está pinao, pero en realidade tenlles a todos calados (ó gurú, ó plataformista, ó oenexeiro,…). Non se corta un pelo á hora de dicir as cousas, por iso, aínda que a todos cae ben (porque é un pobre loco) algúns considéranlle un perigo nas asembleas porque pode desenmascarar a toda a peña.

O incha: Aterrou na súa organización, de igual maneira que podería facelo nun equipo de fútbol. "Somos os mellores, todo é perfecto, os demais son uns chungos, nós non". A súa bandeira, o seu himno e as súas séculas son inviolables. Se a mani van 10 persoas resulta que foi un éxito contundente e significa sen lugar a dúbidas que as organización está crecendo porque son os putos amos e estano facendo todo ben.

O antitaurino: os animais son mellores que os humanos, e rexeita a festa nacional e a experimentación. A pesar diso, come carne, aínda que amósase crítico coa forma de matar ós animais, xa que pensa que sofren mogollón durante a matanza e plantea formas máis dignas de asasinalos. Encantaríalle ser vexetariano, pero por "causas maiores" non pode… Ser vegano é xa ser moi radical para el, aínda que respéctao, faltaría máis.

---------------------------------------------

O ciberactivista: Pasa 20 horas conectado a Internet, está subscrito a 70 listas de correo, colabora en 20 webs distintas, participa activamente e de maneira constante en foros, wikis e chats do máis variado, está empezando a familiarizarse co software libre e xa está montando un Indymedia no seu barrio.

O cristián de base de elite: Normalmente profesor de universidade (que non conseguiu aínda titularidade ou cátedra). Asiduo dos círculos pechados -comunidade eclesial de base- onde exerce de gurú (moitas veces facendo sombra, coma 'laico comprometido', a un sacerdote moito máis loitador ca el). Aparece sempre en conferencias -sempre cargado das ultimas novidades editoriais- e competicións por postos, cargos e portavocías. É difícil verlle pegando carteis, cortando o tráfico ou solidarizándose con algunha causa que teña lugar a menos de 3.000 km de distancia. Confúndese co oenexeiro, aínda que sole poñer unha expresión de fonda comprensión e traxedia inminente (ou de estreñimento) se lle falan de 'violencia dos oprimidos'.

O ecoloxista radical: Avísanos cal agoireiro das catástrofes ecolóxicas que nos esperan se non entramos en comunión con Gaia e que ao planeta quédanlle 4 días para autodestruirse,

O anarquista radical: Odia aos partidos políticos, promove a formación do block black no seu barrio e o enfrontamento directo cos corpos represivos,pero que cando esto sucede adopta a actitude del capitán Araña, sendo o primeiro en escaquearse e desaparecer.

O excursionista antiglobalización: Coa escusa de perseguir aos poderosos e boicotear os cumios do G8, OTAN, OMC, UE, ..., aproveita para viaxar e coñecer mundo por un módico prezo, ao mesmo tempo que libérase e se relaxa das súas aburridas ocupacións laborais, xeralmente coma funcionario, e pode liberar adrenalina practicando o seu deporte de risco favorito, o antisisteming.

O modernillo: Rexeita a experiencia de todo o que sucedera antes de 1999. Fala nunha lingua indescifrable para ninguén que non cursara 5 años de socioloxía nas más prestixiosas (e caras) universidades, e que paradóxicamente é alérxico aos libros de política (especialmente a los escritos antes de 1999 e/ou en formato papel). Escribe panfletos do palo de “Dez pasos para entrar nunha secta (política)”, non vaia a ser que a xente lle de por afondar nas cousas. “Outro mundo posible” é o seu lema nas “manis” que tanto lle gustan.

O europas indixenista: Normalmente está ao día en noticias de latinoamérica, asiduo lector de Lajornada e dos comunicados do subcomandante Marcos. Vai a Chiapas cada verán (a maioría financiados por unha ong), as veces leva café ou artesanías das comunidades para vender "é o que eu podo facer". Critica o occidentalismo pero non pode deixar de vivir nel e nas comodidades de Europa. Opina de todo, sen saber as peculiaridades da política local, non entende nada, as veces é branco e case sempre termina ligando a unha morenaza de rasgos indíxenas para presumir a súa alteridade.

O ausente SMS: Acude a todas as reunións pola cervecilla de despois, comprométense a ir o domingo á marcha, a mani ou "o acto" e o domingo chega e como foran ao concerto de tódolos sábados, ou á "rave" ou a tocar os bongos, non poden erguerse antes das 15h. Acostuman desculparse con SMS

Os de sempre: As 25 persoas de cada comarca que sempre sempre sempre (así pasen as décadas) están en tódolos fregaos. Poden realizar nostálxicas revisións do seu pasado repasando grosos álbumes de recortes de periódico.

Versión orixinal do artigo (castellano)

Publicado por Birnarem
401 lecturas • 2 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios

  1. A miña contribución á lista de arquetipos antisistema:


    O pijo/a comunista:

    Ten en común co do “rollito” o esquerdismo mola; é unha forma sensacional de facer amigos e se compaxina a protesta cunha festiña pois mellor. Coñece ben ós de dereitas. Como non, se é pijo/a. Está ata o cu deles. Despois de criarse nunha familia de clase media-alta e ir a colexio de pago.

    Ten en común co “modernillo” o seu interese por estar á última e os 7 anos (ou máis) q pasou estudiando nunha das universidades máis caras. 7 anos por q á súa familia empeñouse en q el/la niño/niña tiña q ter unha carreira primeiro e un Master despois. Pero el/a é vaga/o e/ou torpe. Así q pasa-lo tempo. Non choia. Non o necesita. Agarda q a súa familia a coloque. A súa militancia antisistema é puramente estética/espiritual. Crítica ós da súa clase incluída a súa familia. Pero non pode deixar de vivir nela nin desfrutar dos seus privilexios. A súa paga dobra o SMI. Podes atopalo/a as noites das findes facéndose porros nos baretos de esquerdas. Nos outros non deixan. Ou nos locais alternativos-postmodernillos-cool-fashion. Esnifando ou tomado pirulas. Non so de canutos vive o home. O seu gasto medio en copas por noite supera os 100€, sen invitar. Se invita non o calculei.

    Leva rastas, tatuaxes, piercings. E calquera outra parafernalia q ti e máis eu q temos q choiar non podemos. A súa solidariedade limitase a causas remotas. Mínimo 1.000 Km de distancia. A explotación dos empregados da súa familia impórtalle ben pouco. No seu entorno é pijo/a. Na súa casa pijo sen máis e cos seu colegas pijo-comunista. Os/as seus/súas colegas son tamén desta subespecie: pijos ata o cu do acartonamento e rixidez da clase media. Non se relaciona con xente con niveis de renda inferior. Igual intentouno pero non funcionou. Porque os pobres teñen “prexuízos de clase”. Ben non todos. Os poucos q el/a coñeceu.

    Agora fagamos de pitonisa. O futuro do/a pijo/a comunista. A pesar de sentirse oprimido pola cadea de mando económico-social. Non soportara a presión. Aceptara a cadea de mando. E acabara obedecendo. Especialmente no fundamental. Casarase con que lle manden, bueno, alguén q non desguste á súa familia. Aceptara a colocación q lle teñen preparada. Cortarase as rastas e quitarase os piercings. Pasará a explotar ós empregados da súa familia. Entre eles probablemente haberá algún compañeiro de manifas. Ben este é un detalle dramático q se me antolla excesivo. Probablemente sufrirá bastante. Ademais das drogas da finde. Medicarase con psicofármacos. E colorín colorado está definición acabouse. Esto en galego non rima.

    dscouso — 27-07-2005 15:56:54

  2. Máis contribucións en forma de subespecies daninas. Calquera parecido coa realidade é mera coincidencia...

    O/A impresentable: Mantén un bo nivel no teórico, boa dialéctica e argumentación, aínda que na práctica as cousas cambian... Acostuma a non realizar o que se compromete a facer e non admite críticas, non digamos xa autocríticas (auto-que?). A cambio dunha intelixente aplicación da lei do mínimo esforzo, obtén recoñecemento social, certo status no seu gueto de actuación, relacións sociais e, se cadra, tamén sexuais. Está convencid* de que o resto somos gilipollas.

    O/A diplomátic*: Aparentemente lévase ben con todo o mundo e pretende que todo o mundo se leve ben entre si. Ás veces descobres que un día che di unha cousa e ao seguinte a contraria, froito da influencia do grupo de presión interno ao que pertence. "¿Serán gilipollas o resto?"

    O/A chung*: Puro nervio, o seu son as discusións, broncas e desquiciamentos propios e alleos. Fai todo o posible por meter merda contra quen teña unha postura distinta á súa. Cre que o resto fai o mesmo e adícase á guerra de baixa intensidade: críticas polas costas, mentiras, rumores, paranoias varias. "Tod*s *s gilipollas conspiran contra min".

    sergio_d_xira — 27-07-2005 22:16:15


Comentar



Recordar datos