Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

XXVI Edición do Festival de Pardiñas (6 e 7 de Agosto do 2005)

Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 13-07-2005 14:52

Xa os podemos adiantar o cartel do XVI Festival de Pardiñas 2005. Outro dos clásicos xunto ao Festival de Ortigueira, Festa da Carballeira de Zas ou o Festival Intercéltico do Morrazo (Moaña). Para quen non o saiba trátase dun festival que combina coa música dos concertos as mostras de artesanía e instrumentos tradicionais e a gastronomía. O entorno é agradable, ainda que haberá que abrigarse se cadra mal tempo por se acaso (está rodeado de pequenos regatos e as zonas de acampada e concerto son algo húmidas). Destacar que a zona de acampada está literalmente pegada á zona onde se desenrolan as actividades e concertos. Polo concepto do festival, o seu entorno e a xente que o visita ten un arrecendo especial que moita xente valora e máis polos que non gostan da excesiva masificación de Ortigueira.

Do cartel destacan Lamatumbá e a despedida de Os Diplomáticos, ainda que nestes concertos sempre hai algún grupo que sorprende positivamente. Bueno, ahí vai o programa

Sábado, día 6

Ás 18 horas apertura da XII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos

Pregón de Uxia Senlle

Concerto de Xabier Blanco de Moaña

XXVI Mostra de Artesanos

Festival con:
- Xermolos
- Dixebra (Asturias)
- Les Batinses (Quebec)
- Lamatumbá


Domingo, día 7

Dende a mañá XII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional

Concerto de A Gaita de Sarandón do Ulla

XXVI Mostra de Artesanía

Ás 18 horas Pregon de Avelino Pousa Antelo

Festival con:
- Mistura - Nus
- Felpeyu (Asturias)
- Especial despedida de Os Diplomáticos
- Alann Bique (Madrid)


Programa da Mostra de Artesanía

Sábado

17:00 h. ---------------------- Apertura da Mostra
17:00 h. a 21:00 h. --------- Escenario libre para músicos expontáneos
19:00 h. ---------------------- Pregón de UXÍA SENLLE
19:30 h. ---------------------- Concerto de XABIER BLANCO de Moaña

Domingo

11:30 a 13:30 --------------- Escenario libre para músicos expontáneos
16:00 a 21:00 --------------- Escenario libre para músicos expontáneos
18:30 ------------------------- Concerto de A GAITA DO SARANDÓN DO ULLA
20:00 a 21:30 --------------- Escenario libre para músicos expontáneos

Artesáns:

Afonso Castro, gaitas, O Rosal
Carlos Fandiño, gaitas, Teixeiro
Pablo Cid, zanfonas, Antas de Ulla
Germán Arias, lutheria e zanfonas, Sarria
Lorena Reinaldo e Luis Martínez, arpas celtas, Soutomaior
Xaneco Tubio, percusión galega e zanfonas, Outeiro de Rei
Lois Mouriño, gaitas, Compostela
Che Vázquez, trompas e frautas, Brión
Oli Xiraldez, gaitas e requintas, Teo
X. Miguel Mosquera, gaitas e requintas Sarria
Vicente Díaz Fuentes, palletas, Lugo
Rodrigo Quián "Roi", gaitas, Vigo
Diego Langarika, percusión e corda, Vigo
O Chirlo, percusión e gaitas, Cambados
Carlos do Viso, percusión galega e zanfonas, Redondela

Asociación Xermolos

Publicado por Birnarem
1151 lecturas • 1 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios

  1. JUANITO LAPORTA en calzoncillos

    AZP — 13-07-2005 15:54:38


Comentar



Recordar datos




LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009