Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Greenpeace denuncia a entrada en España de madeira de conflicto de Costa de Marfil

Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 13-07-2005 12:27

Pese á guerra civil que azouta Costa de Marfil, dende setembro de 2002, as importacións españolas de madeira tropical dende este país aumentaron un 23% durante o pasado ano. Greenpeace denuncia publicamente a complicidade do mercado español de madeira tropical coa destrucción ambiental e o mantemento do conflicto armado en Costa de Marfil.

A situación lémbranos ao espolio vivido en Liberia e Serra Leona durante finais dos 90 ata 2003, cando o "Dono da Guerra" Charles Taylor alimentaba os conflictos da rexión para facerse co negocios dos diamantes e a madeira, o que orixinou que o Consello de Seguridade de Nacións Unidas impuxese en maio de 2003 o embargo internacional de madeira liberiana, embargo que continúa ata a data. Dada a situación bélica en Costa de Marfil, a madeira procedente deste país é considerada internacionalmente "madeira de conflicto" (1).

"A suspensión das importacións de madeira dende Costa de Marfil son imprescindibles para atallar as vías de financiación do conflicto neste país, pero tamén para evitar unha maior degradación social e ambiental en escenarios pos-conflicto."- declarou Miguel Angel Soto, responsable da Campaña de Bosques de Greenpeace- "Unha vez que remate a guerra, a deforestación e a falta de recursos seguirá danando a economía e as posibilidades de desenrolo deste país"

Segundo a información extraída da Base de Datos de Comercio Exterior da Axencia Tributaria, no segundo semestre de 2004 se importaron 35.148.000 kg de madeira tropical dende Costa de Marfil, por un valor de 25.012.000 €. Isto supón un incremento do 23,79% en peso e un 30,35% en valor económico respecto do mesmo período do 2003. Os datos dos tres primeiros meses de 2005 sinalan un incremento do valor das importacións do 17,15% respecto ó mesmo período do ano anterior.

Costa de Marfil vive dende fai dous anos e medio unha guerra civil que dividiu o país en dúas metades. Isto supuxo que as medidas de protección dos bosques establecidas con anterioridade desaparezan subitamente. Non hai control sobre a actividade forestal e a tala ilegal e a pillaxe son a norma. Especialmente tráxica é a situación ó norte do país, dominada polos rebeldes antigubernamentais, onde se produce unha transición progresiva entre o bosque pechado, a sabana e, finalmente, as paisaxes sen árbores do Sahel. A tala de árbores nestas latitudes significa literalmente a desaparición definitiva da cuberta vexetal. Os espacios protexidos están sendo igualmente obxecto de aproveitamento forestal (2).

"No caso de Liberia, no ano 2003, o sector español da madeira perdeu unha oportunidade de ouro de actuar de maneira responsable"- engadiu Soto- "Agora, en Costa de Marfil fai falla moito máis que apelacións a códigos de boas prácticas. A obriga do sector importador e transformador de madeira é mercar madeira unicamente a aquelas empresas madereiras que garantan totalmente a xestión social e ambientalmente sostible".

Artículo en castellano
Greepeace España

Publicado por Birnarem
376 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos




LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009