Baixo licencia Creative Commons, David Bravo publicou o seu primeiro ensaio, titulado "Copia este libro", no que trata os aspectos máis polémicos das redes p2p e a propiedade intelectual.
Bravo, colaborador habitual na revista @rroba, analiza o papel dos medios de comunicación, a industria discográfica e os supervendas na xeración do medo e a mentira, estratexia que busca deter un avance tecnolóxico que beneficia a millóns de internautas. No libro, desmóntanse as tesis que criminalizan e cualifican de piratas a quen comparten cultura, e apórtanse datos que avalan a legalidade, e conveniencia, das descargas de obras culturais.
"Copia este libro" edítase en papel, e pode atoparse nos principais quioscos de todo o país a un prezo de 9,95 euros. O autor, avogado e experto en dereitos de autor, é coñecido por diversas charlas que lle deron popularidade, entre as que destaca a do hackmeeting de Sevilla, que alcanzou unha grande difusión en Internet. Participou tamén en diferentes debates televisivos: Enfoque, en La 2 de Televisión Española, dirixido por Pedro Piqueras, e Mejor lo hablamos, en Canal Sur, a cargo de Rafael Cremades.
David Bravo
Versión dixital de Copia Este Libro
Entrevista de Gomaespuma a David Bravo