O día do partido de baloncesto entre o F. C. Barcelona e o Maccavi de Tel - Aviv, 10 de febreiro de 2005, membros do movemento de solidariedade con Palestina repartiron bandeirolas coa bandeira palestina e, na súa parte posterior, un texto denunciando a política de Ariel Sharon entre a xente que acudía ao Palau "Blau Grana". A Policía Nacional retivo e identificou a estas persoas e requisou o material. Agora, catro meses despois, chegoulles unha sanción da Delegación do Goberno.
Os feitos que se imputan aos activistas son estes (reproducimos literalmente a notificación da Delegación do Goberno, respectando a sintaxe e a ortografía, e só omitimos o nome dos encausados): "Con motivo del encuentro de Baloncesto, (Euroliga), celebrado en el Palau, ‘Blau Grana’, de la ciudad de Barcelona el día 10 de Febrero de 2.005 entre el F. C. Barcelona y el Maccavi de Tel-Aviv, Dª X, cuando se encontraba en las inmediaciones del recinto deportivo, (Acceso uno, zona de taquillas), le fue intervenida una bolsa cono unos 150 banderines palestinos, en cuyo envés y escrito en catalán se recoge una crítica a la política del líder israelí, Ariel Sharón, que repartía a los aficionados, que accedían al recinto deportivo, provocando una reacción de profundo rechazo por parte del público israelí."
Estes feitos, segundo a Delegación do Goberno, constitúen unha infracción administrativa GRAVE, e sancionou cunha multa de 3.001 euros a cada un dos solidarios!
Queremos manifestar que:
1. O texto das bandeirolas (reproducido integramente ao final) facía referencia a feitos obxectivos e indiscutibles (incumprimentos de resolucións da ONU, a ocupación e colonización dos territorios, a sentencia contra o muro do Tribunal da Haya...) e non contiña ningunha difamación nin calumnia, nin incitación ou apoloxía da violencia. Por tanto, non pode considerarse, como indica a Lei do deporte, "un acto que incite, fomente ou axude aos comportamentos violentos, xenófobos, racistas ou terroristas, ou como un acto de manifesto desprezo deportivo aos participantes no espectáculo deportivo".
2. Os feitos denunciados nas bandeirolas foron denunciados reiteradamente polo Parlamento Europeo e pola Asemblea Xeral da ONU, ademais de numerosas ONG e outros organismos humanitarios. ¿A Delegación do Goberno tamén os multará? ¿Pódese multar a quen pide a aplicación do dereito internacional?
3. As bandeirolas repartíronse antes do partido fóra do pavillón, ou sexa, na rúa. Consideremos inadmisible que se impida e se castigue o feito de repartir octavillas nun espacio público. As rúas de Barcelona non son de Sharon, nin do Goberno.
4. Consideremos inadmisible o argumento que non se pode criticar Sharon porque provoca "unha reacción de fondo rexeito por parte do público israelí". Se a expresión das ideas estivese condicionada polo feito de que poidan molestar a alguén, sería imposible toda crítica e un debate libre, público e democrático. Se lembrar a situación en que se atopa o pobo palestino molesta a alguén, a solución non é silenciala, senón axudar a cambiala. Ademais, o texto estaba escrito en catalán, e fáisenos difícil entender como o público israelí puido valorar o redactado.
5. Finalmente, queremos denunciar a criminalización a que se somete toda crítica ao Estado de Israel. Neste caso, a Delegación do Goberno considera equivalente "unha crítica á política do líder israelí, Ariel Sharón" a "un acto que incite, fomente ou axude aos comportamentos violentos, xenófobos, racistas ou terroristas".
Se queredes máis información sobre o caso, escribide a boicot@debtwatch.org
Rede de Enlace con Palestina
Boicot Preventivo
Plataforma Aturem a Guerra
Reproducción do texto das bandeirolas:
Este partido retransmitirase por televisión en Israel:
Fagamos que se dean conta do noso rexeito á política de Sharon
Amosa a bandeira palestina cando o Maccavi lance tiros libres
>> O Estado de Israel incumpre sistematicamente as resolucións das Nacións Unidas e a legalidade internacional, mantén ocupadas Cisjordania, a Franxa de Gaza, Xerusalén Este e os Altos do Golán dende 1967, provocou o éxodo de millóns de palestinos e transferiu poboación civil a estes territorios por colonizalos.
>> O Estado de Israel constrúe en Palestina un muro que o 2005 terá 730 km de longo, sen respectar a Liña Verde que a ONU marcou o 1969 e condenando a preto do 16% dos palestinos de Cisjordania a vivir illados entre o muro e a Liña Verde. Israel fai caso omiso do recente veredicto do Tribunal da Haxa contrario ao muro do apartheid.
>> O Estado de Israel continúa aplicando a súa política colonizadora e mantén case douscentos asentamentos ilegais en territorios ocupados. Iso quere dicir case cincocentos mil colonos en terras palestinas e de Siria e a violación das convencións de Ginebra e da resolución 242 das Nacións Unidas.
A ocupación, a espoliación de terras e recursos, os asasinados, a destrucción de vivendas e de cultivos, a violencia e a humillación, as graves violacións da Convención de Ginebra e os abusos contra os dereitos humanos por parte do exército israelí ocupante e dos colonos, son claras probas da política de limpeza étnica que Israel está levando a cabo diante coa pasividade cómplice dos gobernos de EEUU e a Unión Europea. Por elo, e para romper o asedio que lle é imposto, o pobo palestino precisa a solidariedade da sociedade civil internacional.
Se non facemos nada, mañá tal vez sexa demasiado tarde.
Texto en Castellano
Correo Tartaruga - Almudena Esquerdo Domingo,10 de xullo de 2005
Declaración da Xarxa d'Enllaç amb Palestina, Boicot Preveniu i a Plataforma Aturem a Guerra
Grupo Antimilitarista Tortuga