Cando reclamamos a anulación da débeda do Terceiro Mundo, debemos sempre preguntarnos sobre os medios para conseguila. A música pode ser un excelente vehículo para expresar esta reivindicación e compartila cun público máis numeroso; un bo exemplo de elo é o CD compilación «Drop the debt», vendido nunha vintena de países, ou os festivais comprometidos como Noites Atípicas en Langon ou ¡Esperanzah! no sur de Bruselas, e moitos outros festivais nos catro rincones do planeta. Pero ¿que pensar da estratexia de Live 8, cando, para premer ós dirixentes do G8 para que anulen a débeda e que aumenten a axuda a África, contrata mega estrelas para realizar inmensos shows planetarios moi comerciais e moi estereotipados? Bob Geldof, Bono e algúns outros non elixiron o bo camiño para o Live 8, e isto por varias razóns.
Primeiro, a forma en que foron elixidos para subir á santa tribuna de Live 8 foi subxectiva e os criterios mercantís foron omnipresentes. ¿Cantos artistas africanos foron elixidos para expresar a súa cólera e para testemuñar sobre o vivido polas súas compatriotas? Para ser elixido foi necesario sobre todo vender moitos discos, sen ningunha necesidade de ter algún mensaxe a transmitir. A elección de Geldof e dos seus asociados revela implicitamente que unha vez máis, a voz dos que sofren a débeda non foi tida en conta. Nembargante, lembremos co historiador burkinés Joseph Ki-Zerbo que «non se nos desenrola, nós desenrolámonos». Toda iniciativa dirixida a loitar contra a pobreza sen implicar fundamentalmente ós máis pobres está destinada ao fracaso. O G8 non o comprendeu, e o Live 8 tampouco.
Segundo, gastar 38 millóns de euros para eses concertos xigantes a través do mundo plantexa interrogantes. Para reunir esa suma, o Live 8 recorreu a métodos que sería bo condenar pois pediuse contribución a empresas multinacionais, xustamente a esas mesmas grandes empresas privadas que se impuxeron aos países do Sur, dende os anos 80, a liberalización económica, a apertura dos mercados e as privatizacións masivas. Medidas todas elas que, acompañadas doutras como o aumento dos gastos escolares, dos gastos de saúde, do imposto ao valor engadido (IVE), así coma da supresión das subvencións aos productos de base, xogaron un papel importante no aumento da pobreza en África. Bill Gates (Microsoft) tomou a palabra durante o espectáculo de Live 8 en Londres. Sen comentarios.
Terceiro, ¿cal é a cultura valorizada polo Live 8? É a fabricada en América do Norte e Europa, principalmente anglosaxona. Unha cultura que se impón a tódolos pobos do planeta a través da industria do entretemento (que constitúe a primeira industria exportadora dos Estados Unidos). Unha cultura que afoga ás outras culturas, especialmente ás dos países endebedados.
Cuarto, saudando a Tony Blair, Gordon Brown, G. W. Bush ou Jacques Chirac, os promotores han contribuído finalmente a lexitimar unha instancia fondamente ilegítima. O G8 non é no fondo mais que un club dos países máis ricos que pretenden regular os asuntos mundiais sen dar contas a ninguén. Por exemplo, o 11 de xuño último, o G8 anunciou a bombo e pratillo a anulación da débeda de 18 países pobres co Banco Mundial, co Banco Africano de Desenrolo e co FMI. É moi revelador que este anuncio, que amosa sobre todo os fracasos das medidas adoptadas ata ese momento e unha modesta prima a países ben dóciles, sexa unha decisión tomada só polos dirixentes do G8, desprezando as regras democráticas de base, xa que as poboacións do Sur non foron convidadas a expresarse e as institucións multilaterais afectadas non tiveron voz no asunto. O G8 é ilexítimo, e un cambio consecuente non poderá ter lugar senón opoñéndose a entrar no seu xogo. Despois desa profusión de anuncios históricos por parte do G8, despois desa incursión tamén moi mediatizada do facer dalgúns cantantes occidentais, entre os que se atopan tres estrelas do pop máis ou menos mesiánicas, á vez empresarios que recibiron títulos de nobreza da man da Raíña de Inglaterra (Bob Geldof, Elton John e Paul MCCARTNEY), tódolos cidadáns desexosos de xustiza van continuar a súa loita por un modelo cuios valores son opostos ós do modelo actual, ese que os promotores de concertos como o de Hyde Park e o de Versailles finalmente reforzaron. Se quere outro mundo no que a débeda non oprima máis a miles de millóns de individuos, no que os dereitos humanos fundamentais sexan garantidos. Un mundo no que as culturas e as voces dos pobos afectados poidan expresarse plenamente. Releguemos a pobreza ó lixo da historia, e ao G8 tamén.
1. Texto escrito por Damien Millet (Francia), Victor Nzuzi (RD Congo), Aminata Touré Barry (Mali), Eric Toussaint (Belgica), e Ibrahim Yacouba (Niger). Todos son membros da rede internacional CADTM.
ATTAC