Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Arrestan a máis de 90 participantes na manifestación contra o G-8

Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 06-07-2005 10:17

Edimburgo, 4 de xullo. Máis de 90 manifestantes anticapitalistas e anarquistas foron arrestados este luns pola policía durante o "Carnaval do pleno gozo", celebrado na capital de Escocia, a dous días da reunión do Grupo dos Oito (G-8), mentres unhas 3 mil persoas bloquearon durante todo o día a base dos submarinos nucleares Trident de Gran Bretaña, para protestar contra os programas militares das nacións máis industrializadas do mundo.

O centro de Edimburgo ficou paralizado trala aparición dos manifestantes, que sorpresivamente xurdiron de diversos puntos da cidade para formar tres grupos que portaban bandeiras vermellas e negras, títeres, xigantes que representaban ós líderes do G-8 (as sete nacións máis industrializadas -Estados Unidos, Gran Bretaña, Francia, Alemaña, Italia, Canadá e Xapón- máis Rusia), asubíos e tambores. Os manifestantes chegaron vestidos con disfraces colorados ou totalmente de negro.

Os comercios da rúa Princess e as oficinas de empresas e institucións gubernamentais foron pechados. Os manifestantes do "carnaval" eran agardados dende as primeiras horas do día por centos de axentes policiais, a pé e a cabalo, ubicados estratéxicamente nas interseccións de rúas céntricas.

Na rúa Princess, segundo The Guardian, policías e manifestantes estiveron fronte a fronte ata que caeu a noite.

Ó atoparse coas filas policiacas, os grupos deberon seguir por rutas alternativas ás planeadas orixinalmente, pero os comandos policiais non deixaron de seguir os seus desprazamentos.

"Sobrerreacción policiaca"

Segundo o diario The Guardian, policías e activistas enfrontáronse en varios puntos de contacto e sobre a rúa Princess os axentes arremeteron contra os manifestantes coas súas macanas logo de que os manifestantes lanzaron algúns proxectís.

O ataque da policía foi respondido por un grupo formado por manifestantes que levaban cubertas as caras con pasamontañas negros, presuntos membros dunha agrupación anarquista europea chamada Bloque Negro.

Segundo o diario británico, pola noite os enfrontamentos estendéronse a diferentes puntos da cidade. Un millar de persoas pelexaron con outro pelotón policiaco estacionado na rúa Rose.

Outro grupo de manifestantes, vestidos de paiasos, chocou con policías cando tentaba penetrar no distrito financeiro da cidade. De acordo con Afp, unhas 20 persoas, entre axentes e manifestantes, resultaron con feridas leves.

Aínda que a policía dixo que os participantes no "carnaval" non tiñan a intención de marchar pacificamente, segundo The Independent, os manifestantes queixáronse de que os axentes "sobrerreaccionaron" ós movementos da xente.

"A policía actuou cunha man moi pesada e tentou tratarnos hoxe como se isto fóra un amotinamento. Pero esta protesta é de natureza boa", dixo a The Independent unha muller de 51 anos que chegou dende Manchester, Inglaterra.

"Non son parte de ningún grupo. Vin ata acá pola miña propia conta para bailar e protestar contra o capitalismo", sinalou unha rapaza de 22 anos.

En Faslane, Escocia, uns 3 mil manifestantes acudiron á convocatoria da coalición Paren a Guerra para obstaculizar a base de submarinos nucleares e esixir desta forma que os dirixentes do G-8 inclúan na súa axenda o tema das armas nucleares.

Un home de 24 anos que tentou penetrar na base foi detido pola policía militar cando alcanzara un depósito de petróleo adxacente.

Faslane atópase a uns 100 kilómetros da sede do cumio anual do G-8, en Gleneagles, Escocia. O bloqueo de Faslane inscríbese no movemento de protesta contra o cumio do G-8 que se celebra do 6 ó 8 de xullo.

Esta é a oitava manifestación contra a base, que emprega a unhas 9 mil persoas entre militares e civís da Royal Navy, dende febreiro de 2000.

A policía despregou un operativo de vixilancia da base, pero os manifestantes estiveron determinados a proseguir coa súa protesta pacífica. Moitos estaban sentados nas entradas norte e sur da base e enarboraban bandeiras cos cores do arco iris e símbolos da paz; outros bailaban ó ritmo de música tecno.

Para o mércores, durante o primeiro día da cumbre, está programada outra manifestación en Gleneagles, que custodian centos de policías e militares.

"Marcharemos cara Gleneagles. Temos dereito de marchar nas rúas do noso propio país contra a presencia no noso territorio de perigosos líderes estranxeiros e nacionais", aseverou o parlamentario George Galloway, laborista que recentemente debeu enfrontar acusacións de congresistas estadounidenses polos seus posibles nexos co deposto goberno de Saddam Hussein.

O hotel de Gleneagles -sede da reunión- está rodeado por unha vala de oito kilómetros. Á zona só terán acceso as delegacións oficiais do G-8 e o persoal indispensable para o funcionamento do hotel.

Os periodistas serán concentrados en grandes carpas brancas, que foron levantadas para a ocasión nun terreo próximo ó hotel, fronte a verdes áreas onde pastan ovellas e algún gando, pero lonxe dos campos de golf destinados exclusivamente aos ricos e famosos do planeta.

A seguridade é "a preocupación principal" que rodea este cumio, recoñeceu Bernadette Malone, responsable do condado de Pershire, onde está situado Gleneagles.

Temendo incidentes violentos como os ocorridos noutras reunións, entre elas a celebrada en Génova, Italia, en 2002, a policía escocesa puxo en marcha esta semana un gran operativo de seguridade, o maior na historia de Gran Bretaña, segundo a Afp. En toda Escocia, máis de 10 mil 600 policías foron despregados.

Rebelión
La Jornada

Publicado por Birnarem
360 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos




ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Horoscopo capricornio