Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Por fin conseguimos botalos !!!

Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 28-06-2005 11:58

Con suspense incluído, pero por fin estamos libres de caciques no goberno da Xunta. Agora probablemente todo o que veña será millor do que había, iso seguro. Esperemos que cheguen axiña a un acordo para formar goberno, cousa que non creo que sexa difícil entre Touriño e Quintana, a menos que indesexables coma Paco Vazquez ou algunha xente do PSOE a nivel estatal decidan tomar protagonismo.

Hai moitas cousas que teño agora na cabeza que necesitan de millora, esperemos que o novo goberno avance nese camiño, senón ahí estaremos os cidadáns para facernos escoitar, porque agora xa sabemos que somos nós os verdadeiros suxeitos activos do goberno. Vexamos cales son as miñas primeiras propostas.

Ideas e tendencias para o novo goberno que está por formar:

- Verdadeira promoción da lingua galega, con especial énfase nas cidades e no mundo empresarial.
- Elaborar uns criterios de protección ambiental baixo os que se analicen calqueira novo plan empresarial (encoro, fábrica, parque eólico, estrada, ...). Persecución e duras condenas para os delitos ambientais.
- A paulatina desaparición do eucalipto dos nosos bosques, coa promoción e subvención das especies autóctonas, permisos especiais para plantar eucaliptos (evitando plantar unha finca de eucaliptos no medio dunha carballeira, por exemplo, xa todos sabemos que unha vez hai un eucalipto nunha zona en pouco tempo haberá mil).
- Protección da costa, evitando a especulación urbanística e executando calqueira vulneración da lei de costas.
- O feísmo ainda non foi atallado de maneira axeitada, de feito non hai máis que pasear por calqueira pobo, aldea ou cidade para ver que todo segue igual.
- Restauración e protección do noso patrimonio histórico, sen pasado non hai identidade.
- Política de crecemento económico e do emprego.
- Por unha auténtica TVG que promocione a cultura e o pensamento propio.

Bueno non son fruto dunha ampla reflexión polo que seguro que me olvido de cousas de gran importancia, ademáis podería seguir pero de momento queda ahí, así invito a todos a completar a lista coas vosas prioridades e ideas. O seguinte...

Publicado por Birnarem
299 lecturas • 1 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios

  1. Xa era hora... Cada vez que viaxaba á aldea e vía a sempiterna cacicada aquela desgobernando volvíame tolo. Non sei como vai se-lo novo goberno. Non sei se veremos unha Galicia reformada -hai que dar tempo-, pero si que hai novas espectativas, novo sangue, novas ilusións, que era o que perderamos os galegos: a ilusión.
    Saúde

    Murguía — 28-06-2005 12:12:05


Comentar



Recordar datos