Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

O matrimonio entre católicos

Archivado en Información (Kit do cidadán crítico) • Fecha: 21-06-2005 21:21

Estou completamente a favor do permitir o matrimonio entre católicos.

Aseméllame unha inxustiza e un erro tratar de impedilo.

O catolicismo non é unha enfermidade. Os católicos, pese a que a moitos non lles gusten ou paréznalles estraños, son persoas normais e deben posuir os mesmos dereitos que os demais, coma se fosen, por exemplo, informáticos ou homosexuais.

Son consciente de que moitos comportamentos e trazos de caracter das persoas católicas, como a súa actitude case enfermiza cara o sexo, poden asemellarnos estraños ós demais. Sei que incluso, as veces, poderían esgrimirse argumentos de salubridade pública, como o seu perigoso e deliberado rexeito aos preservativos. Sei tamén que moitos dos seus costumes, como a exhibición pública de imaxes de torturados, poden incomodar a algúns.

Pero isto, ademais de ser máis unha imaxe mediática que unha realidade, non é razón para impedírlles o exercicio do matrimonio.

Algúns poderían argumentar que un matrimonio entre católicos non é un matrimonio real, porque para eles é un ritual e un precepto relixioso ante o seu deus, en lugar dunha unión entre dúas persoas. Tamén, dado que os fillos fóra do matrimonio están gravemente condeados pola igrexa, algúns poderían considerar que permitir que os católicos se casen incrementará o número de matrimonios polo "qué dirán" ou pola simple procura de sexo (prohibido pola súa relixión fóra do matrimonio), incrementando con elo a violencia no fogar e as familias desestrucuturadas. Pero hai que lembrar que isto non é algo que aconteza só nas familas católicas e que, dado que non podemos meternos na cabeza dos demais, non debemos xulgar súas motivacións.

Por outro lado, o dicir que iso non é matrimonio e que debería ser chamado doutra forma, non é máis que unha forma un tanto ruín de desviar o debate a cuestións semánticas que non veñen ó caso: Aínda que sexa entre católicos, un matrimonio é un matrimonio, e unha familia é unha familia.

E con esta alusión á familia paso a outro tema candente do que a miña opinión, agardo, non resulte demasiado radical: Tamén estou a favor de permitir que os católicos adopten fillos.

Algúns se escandalizarán ante unha afirmación deste tipo. É probable que algún responda con exclamacións do tipo de "¿Católicos adoptando fillos? ¡Eses nenos poderían facerse católicos!".

Vexo ese tipo de críticas e respondo: Se ben é certo que os fillos de católicos teñen moita maior problabilidad de converterse á súa vez en católicos (ó contrario que, por exemplo, acontece na informática ou a homosexualidade), xa argumentei antes que os católicos son persoas como os demais.

Pese ás opinións dalgúns e ós indicios, non hai probas evidentes de que uns pais católicos estean peor preparados para educar a un fillo, nin de que o ambiente relixiosamente sesgado dun fogar católico sexa unha influencia negativa para o neno. Ademais, os tribunais de adopción xulgan cada caso individualmente, e é precisamente o seu labor determinar a idoneidade dos pais.

En definitiva, e pese ás opinións dalgúns sectores, creo que debería permitirselles tamén ós católicos tanto o matrimonio como a adopción.

Exactamente igual que ós informáticos e ós homosexuais.

Psicobyte (Psicofonías)

Publicado por Birnarem
584 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos