Insólita situación esta nas eleccións galegas. Os tres principais partidos celébranse coma gañadores, ainda que ben certo é que o PP parece que é o que ten menos posibilidades de conseguir a maioría absoluta.
Destaca a gran participación, o axustado do posible resultado alentou a participar a cáse todos porque cada voto era importante. Os resultados foron moi axustados (moito máis do que se esperaba), pero parece que estamos chegando ao final do túnel, e por fin podemos ter un governo que se preocupe pola colectividade e non polas individualidades.
En calqueira caso este importante feito non se pode celebrar coma todos desexaríamos, porque todavía non hai nada seguro, e de meigas, sucesos extranos e demáis sabemos moito os galegos. Quizáis sexa millor así, se deste xeito tamén se mitiga en parte o desasosiego e cabreo dos peperos; o que menos necesita o país é un grupo de poder coma eles boicoteando e zancadilleando cada pequeno paso dado polo posible novo governo.
Das análises posteriores do que será o novo executivo e cómo se comportará, de se poderá a tendencia ao centro ou a crecente forza de esquerdas, das posibles medidas concretas, ... xa teremos tempo de falar. Non convén espertar aos malos agoiros, deixemos que falen todos os votantes (estean vivos ou mortos...).