Do 3 ó 9 de xullo en A Coruña celébrase a segunda edición do Festival de Teatro Cómico "MANICÓMICOS" 2005, e preséntase este ano máis ambicioso se cabe, con tres cursos e moitas actuacións (no forum, o rosalía e tamén en bares e na rúa).
Os Manicómicos, Ruso Negro, Mofa e Befa, Virginia Imaz, Joseph Collard e Cabaret dirixido por Ángel Burgos serán as actuacións principais do festival.
SECCION OFF:
Na fin de semana previa ás funcións en teatros prográmanse actuacións na rúa e nos bares como complemento ó Festival.
Nos Bares:
Mércores 29 Xñ . Pub Soda. 22:30 h. Pepa e Davide. Cabaret Cómico.
Xoves 30 Xñ . Pub Dog´s Bollocks. 22:30 h. Manitroupe. Variedades cómicas a cargo dos socios de Manicómicos.
Venres 1 Xullo . Pub Garufa. 22:30 h. Manitroupe. Variedades cómicas a cargo dos socios de Manicómicos.
Sabado 2 Xullo . Pub Barrio Tomillo (O Burgo). 22:30 h. Chimichurri. Malabarismo cómico.
Na Rúa:
As actuacións na rúa terán lugar na Praza de María Pita os días 30 Xuño, 1 e 2 de Xullo. Horario: de 17:00 a 21:00 h.
Cirque Vague. Rafael Marabel. Picaporte. Patxi. Artistas Sorpresa.
ACTUACIÓNS:
Domingo 3 - Forum Metropolitano - 20:00H - "Os Colombaiños" (Manicómicos) - 5€
Luns 4 - Forum Metropolitano - 21:00H - “Hansel e Ponsel" (Bucanero) - 7€
Martes 5 - Forum Metropolitano - 21:00H - "Concerto Normal y corriente" (Ruso Negro) - 7€
Mércores 6 - Forum Metropolitano - 21:00H - "Modelo Clowntrapublicitaria" (Virginia Imaz) - 7€
Xoves 7 - Forum Metropolitano - 21:00H - "Cultura para dar e tomar" (Mofa e Befa) - 7€
Venres 8 - Teatro Rosalía de Castro - 21:00h - "Zic - Zag" (Joseph Collard) - 9€
Sábado 9 - Forum Metropolitano - 23:00H - "Cabaret Colectivo" (Alumnos Curso de Angel Burgos) - 5€
O abono para poder asistir a tódolos espectáculos custa 35 €.
CURSOS:
Angel Burgos - “Cabaret Contemporáneo”.
Precio 250 euros. 13 días. 40 horas. 20 plazas.
Do 27 de Xuño ó 9 de Xullo. Polas mañás de 11:00 a 14:00 h.
Consultar a posibilidade dun segundo grupo polas tardes.
Angel Burgos é unha das figuras mas significativas do cabaret actual e posúe gran experiencia como pedagogo en artes escénicas. Este curso ten como finalidade proveer ó alumno-actor de tódalas ferramentas necesarias para a posta en marcha dun espectáculo de cabaret. O curso complétase coa presentación en público dun espectáculo de cabaret como resultado final do traballo realizado.
Joseph Collard - “Curso de Clown”.
Precio 140 euros. 5 días. 15 horas. 16 plazas.
Do 29 de Xuño ó 3 de Xullo. Polas tardes de 16:30 a 19:30 h.
Coñecido polo Dúo «Les Founambules», Joseph Collard é un mimo cómico de altísimo nivel e fama internacional. O obxectivo do curso é sentir o personaxe do clown desde o físico e traballalo ata chegar ó ridículo.
Virginia Imaz - “Curso de Clown”.
Precio 140 euros. 4 días. 20 horas. 15 plazas.
Do 5 al 8 de Xullo. Polas tardes de 15:30 a 20:30 h.
Virginia Imaz é a fundadora da compañía vasca Oihulari Klown, especialistas en combinar humor absurdo e crítica social. No seu curso investígase na personalidade de cada uno para crear o noso propio clown desde a sinceridade.
No referente aos cursos, paréceme que tan só quedan prazas libres no curso de Joseph Collard, en calqueira caso é millor que vos informedes o antes posible se estades interesad*s. (981 235 024 - 630 693 148 - manicomicos@hotmail.com).
Pois nada, a pasalo ben...
Manicómicos
Birnarem — 07-07-2005 12:33:13