Somos un país democrático, aquí respéctanse os dereitos civís, non existe a tortura ou a súa incidencia é mínima e feita de forma individual por alguén que perdeu a cabeza, os xuíces son sempre garantía para os cidadáns, ... Todo isto son ideas que a maioría da xente ten interiorizado, pero nunca se pararon a comprobar ou confirmar. Simplemente son ideas mediáticas, que os medios masivos de comunicación repiten constantemente dunha ou doutra forma.
Pero se tentamos de afondar na realidade non tardan en agromar casos que desmenten rotundamente estas idealizadas afirmacións. O curioso é que dende o mito tamén creado pola comunicación de masas de que estamos no mellor sistema posible, a xente non quere enfrontarse á realidade, non quere asumir que este sistema “perfecto” non funciona como eles desexarían.
Tamén existen algúns que prefiren ver nitidamente, e ademais atrévense a comunicar esta realidade. Normalmente atopan a incredulidade, o escepticismo, ... a xente non quere aceptar a realidade por moitas probas evidentes e irrefutables de que dispoñan.
Podemos comparar esta actitude con algo que seguro todos experimentamos. Todos recordamos aquela noite en que tivemos un magnífico soño no que sentíamos unha felicidade incomparable, pero desgraciadamente chegaba un momento en que éramos conscientes de que estabamos soñando. Nese momento chegabamos á conclusión de que preferíamos o soño á realidade, polo que loitabamos fortemente por non espertar completamente e seguir vivindo no soño, pero era inútil, antes ou despois a realidade chegaba. Moitos queren crer nun soño, que todas as afirmacións arriba feitas son certas, e ata que non lles toque demasiado preto para espertar prefiren seguir durmidos.
Debemos de atopar o xeito de acadar que toda esa xente queira espertar, e sexa consciente de que todos debemos participar para acadar unha sociedade millor. Non podemos esperar que os mesmos que gozan deses “privilexios” (impunidade, poder, autoridade, corrupción, imposición das súas ideas e criterios, manipulación, ...) fagan algo por facelos desaparecer. Para isto podemos empezar por mostrar a nosa nova gama de espertadores, que non se venden nin en periódicos tradicionais nin na TV, tan só poderán disfrutarlos os usuarios de de medios de información independentes en internet.
Espertadores último modelo:
Humillado, torturado y ahora lo quieren encerrado
Así me dejo la cara la Guardia Civil
Testimonio del joven vasco Unai Romano
Coordenadora para a prevención da tortura
La ONU da al Estado español 90 días para que aporte medidas contra la tortura
La ONU da al Estado español 90 días para que aporte medidas contra la tortura
Acusado de atentar contra a autoridade nunha manifestación do Prestige
Nunca Máis convoca unha concentración de apoio a un manifestante denunciado
Presentan en Madrid el dossier Muertes bajo custodia en el Estado español, 2001-2004
Antidisturbios revientan protesta contra el Ejército español en A Corunha
PSOE pretende ilegalizar BRIGA. STOP repressom contra a juventude galega
Suspenden a un teniente da Garda Civil de Almería por usar porras non reglamentarias contra un detido, con resultado de morte
Condeados dous policías locais por detención ilegal e atentado grave contra unha persoa