Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Patentes de Software: a Comisión Europea ao servicio dos intereses norteamericanos

Archivado en Propiedade Intelectual • Fecha: 07-06-2005 18:34

Un dos eslóganes máis utilizados polos gobernos e os medios para convencernos das bondades do proxecto de Constitución Europea, é que gracias a ela crébase a unipolaridade mundial actual, baseada na primacía absoluta en tódolos campos de EE.UU. Non vai ser obxecto deste artigo desmontar esa propaganda, por exemplo no ámbito militar por citar algo obvio, centrarémonos no ámbito económico, e dentro deste, na independencia tecnolóxica, cuia importancia esta tendo un crecemento exponencial na economía moderna.

A informática e as comunicacións están presentes en toda a nosa vida, cando escribimos, cando chamamos por teléfono.... Pero a súa importancia foise estendendo a todo tipo de investigación e desenrolo. Por exemplo, cando se constrúe un edificio os planos xa non se debuxan a man, senón que se utiliza un programa informático deseñado especialmente para elo, tamén utilízanse ordenadores nun laboratorio médico ou nun despacho de avogados. Tódalas nosas actividades, antes ou despois, dependen da informática.

Hoxe existe un monopolio de facto no campo dos sistemas operativos, navegadores, clientes de correo electrónicos e ofimática baixo o imperio de Microsoft. Pero non é o único monopolio, nos seus respectivos mercados empresas como Cisco (redes) ou Oracle (bases de datos) tamén teñen unha posición dominante de cuasi-monopolio. Este elenco de grandes corporacións complétano outras tales como Intel e AMD (microprocesadores), Sun, IBM, Autodesk, HP,... Todas elas radicadas en EE.UU. Calcular a porcentaxe da tecnoloxía que utilizamos usualmente que corresponden a estas empresas é imposible, pero sen dúbida achegaríase ó 100%.

Este dominio absoluto nas tecnoloxías de información por parte das empresas norteamericanas ten un peso desproporcionado na economía mundial. É imposible atopar datos fiables dos ingresos que supón a EE.UU a venta de tecnoloxía, pero sen dúbida é parte esencial do seu balance comercial. Ademais do aspecto económico, outro factor pouco tido en conta é que todo o Software que se produce en EE.UU supervísase pola National Security Agency (NSA) para que, entre outros fins, póidase espiar o contido de calquera ordenador que funcione con Windows (1). É coñecido que o exército estadounidense esta preparado para a "guerra informática" e que ten as ferramentas na súa man para poder causar "apagóns de información".

Voltando á cuestión económica, o sistema legal para asegurarse o control das tecnoloxías é a patente. Orixinalmente só eran patentábais aquelas invencións que tivesen uso industrial, mentres que as fórmulas matemáticas e posteriormente, por semellanza, os programas de ordenador só poderían rexistrarse nas oficinas de propiedade intelectual. Este último sistema ofrécese cunha protección menor que as patentes industriais. A oficina de patentes estadounidense non tardou en sucumbir aos grupos de presión e bufetes de avogados das grandes compañías de tecnoloxía e admitíronse as patentes sobre software.

Richard Stallman, fundador do movemento de software libre GNU, lémbranos (2) que EE.UU cando se independizou, unha das primeiras medidas foi negarse a recoñecer as patentes de Gran Bretaña. Estados Unidos era un país en desenvolvemento e consideraba que os royalties que debía pagar á que fora a súa metrópoli entorpecían o seu propio crecemento económico; por iso Stallman recomenda que «os países en vías de desenvolvemento de hoxe en día teñen que protexer os intereses dos seus cidadáns opoñéndose a estas patentes». Máis recentemente trala crise do 11-S e cando apareceron os misteriosos agromes de "Antrax", os gobernos de EE.UU e Canadá anunciaron que ían fabricar a vacina, infrinxindo os dereitos patentados sobre este medicamento cuia titularidade corresponde á empresa alemana "Bayer". Sen embargo, a pesar destes antecedentes, o goberno de EE.UU. eríxese hoxe como defensor dos tratados internacionais de defensa das patentes.

En Europa asinouse por 20 países a Convención Europea de Patentes de 5 de Outubro de 1973, creándose a Oficina Europea de Patentes. Este tratado especifica claramente no seu artigo 52.2 que os programas de ordenador non poderán ser patentados. Sen embargo, a Oficina Europea de Patentes xa outorgou máis de 30.000 patentes de software, en ocasións por presións de EE.UU. e Xapón, e outras veces motivadas porque a oficina percibe ingresos pola aprobación de patentes, pero non por rexeitalas.

A Comisión Europea, non só consentiu que a Oficina Europea de Patentes viole o tratado que a creou, senón que está tentando continuamente modificar a Convención Europea de Patentes para dar cobertura legal á súa política de feitos consumados. Tódolos estudios económicos serios, entre os que destaca o de BessemMaskim (3), e practicamente tódolos informáticos, desaconsellan a patentabilidade dos programas de ordenador.

Segundo estes estudios os únicos beneficiarios son as oficinas de patentes, os axentes da propiedade industrial e algunhas multinacionais (fundamentalmente de EE.UU. e Xapón). Nin sequera o estudio económico (ComEur2000) encargado pola Comisión a unha consultora do gremio das patentes (e, por tanto, pouco imparcial) pode xustificalo: `ningunha extensión da patentabilidade podería pretender basearse en criterios económicos', reza dito estudio (4).

A comisión no seu arduo esforzo de incumprir a súa misión (que debería ser segundo os tratados fundacionais europeos defender o interese da Unión Europea) realizou unha consulta pública agardando o apoio dos seus funcionarios e dos axentes de patentes. O sector informático mobilizouse participando nesa consulta, resultando que o 90% dos consultados opoñíanse ás patentes de programación. O análise das respostas encargado ignora moitas das opinións alí vertidas (ConsultStudy20015) e chega a afirmar que ese porcentaxe menor do 10% constitúe unha «maioría económica».

A pesar de todo isto, en febreiro de 2002, a Dirección Xeral para o Mercado Interno da Comisión Europea publicou a súa proposta de Directiva Europea sobor da patentabilidade do software (6). Esta proposta, a pesar de que a explicación oficial asemella indicar o contrario, propón a admisión das patentes sobre programa. Tras un longo proceso, o 24 de setembro de 2003, votáronse no Parlamento Europeo máis de 50 emendas ao texto proposto pola Comisión Europea. O obxectivo común de todas estas emendas era definir límites claros ao patentable no que afecta aos programas de ordenador, deixando ben claro que o software non é patentable. A proposta de directiva así emendada foi aprobada por máis de dúas terceiras partes do pleno, e moitos dos que non a votaron fixérono ó parecer por querer límites incluso máis claros á patentabilidade do software. O Parlamento Europeo, sede da soberanía popular no ámbito da Unión Europea, desmarcouse claramente dos esforzos da Comisión Europea por introducir as patentes de software en Europa, e enviou unha clara reprimenda á Oficina Europea de Patentes (7).

Esta decisión soberana e democrática do Parlamento non fixo cambiar de opinión á Comisión Europea. No último semestre do ano pasado voltouse a repetir un tento de fraude democrático e ilegal para dar carta de natureza legal a estas patentes. Nesas datas a presidencia da Unión Europea recaeu en Holanda. As alarmas saltaron en parte da industria e no movemento GNU cando, con aleivosía, a presidencia holandesa tentou que na reunión do Consello Agrícola do pasado día 21 e 22 de decembro, a aprobación da Directiva COM 2002/0047 (COD) «Sobre a Patentabilidade das Invencións Implementadas en Ordenador» (Directiva sobre Patentes de Programas Informáticos) (8). Afortunadamente, a última hora o ministro representante de Polonia (9) sumouse á postura de Alemaña e España, que rexeita a posibilidade que se poida patentar software nas oficinas da Unión Europea (UE). Todo este proceso amósanos dúas dos grandes perigos latentes na construcción europea: o déficit democrático e a dependencia tecnolóxica, e por ende económica, de EEUU.

Comezamos falando do mito que vincula a aprobación da Constitución Europea cunha maior independencia fronte a Norteamerica. Non asemella compatible tal afirmación co comportamento da Comisión nesta materia. Cando tódalas grandes empresas do sector non son europeas, o interese dos europeos é limitar o alcance destas patentes, xusto ó contrario das políticas que se fomentaron dende a burocracia de Bruselas. Fronte ao monopolio exercido por Microsoft e compañía só existe o movemento de Software Libre que popularizou a licencia "copyleft". Segundo Richard Stallman, o seu impulsor, "A idea central do copyleft é que lle damos a calquera o permiso para executar o programa, copialo, modificalo e redistribuír versións modificadas pero non lle damos permiso para agregar restriccións propias. Desta maneira, as liberdades cruciais que definen ó «software libre» fican garantidas para calquera que teña unha copia; transfórmanse en dereitos inalienábeis" (10). Bastantes empresas europeas conseguiron sobrevivir mediante a adopción de software libre. Así, as empresas Infomatec, Intradat, NetPresenter, MandrakeSoft, MySQL e Prosa apoian á asociación Eurolinux, creada para "promover e protexer a vigorosa cultura do software europeo baseado en estándares abertos, libre competencia, e software libre como Linux".

A falta dunha dirección política coherente na administración europea pódese observar en que ó mesmo tempo que a Presidencia Holandesa quería impoñer a directiva de patentabilidade do software, a UE subvencionou con 2,2 millóns de euros, ademáis doutros fondos particulares, un proxecto chamado EDOS11 (séculas de Entorno para o Desenvolvo e a Distribución do Software Libre), que ten como fin desenrolar novas ferramentas que faciliten a tarefa de facer proxectos complexos de software baseados en Linux e outras aplicacións de código aberto para, á súa vez, desenrolar ferramentas de xestión. Estes programas informáticos conseguirán recortar os custes no uso do software e reducir a dependencia de empresas non europeas. Claro que se aprobase a directiva tal e como estaba, todo este proxecto non serviría de nada.

Tamén pódese argumentar que a Unión Europea tentou limitar o monopolio de Microsoft. Recentemente concluíu un procedemento que levou a impoñer a esta empresa o pago de multas de 497 millóns de euros e a obriga de poñer á venda unha versión de Windows sen o Media Player (reproductor de audio e video), así como compartir información técnica dos seus sistemas para o traballo en grupo. Microsoft, simplemente, vai sacar á venda dúas versións de Windows para Europa, unha co reproductor incorporado e outra sen este programa ¡pero co mesmo prezo! (12) ¿Non sería máis eficiente promover de verdade software de dominio público que perder o tempo e o diñeiro nestes procesos autenticamente kafkianos?

Creo que é interesante sinalar o que establece o proxecto de Constitución Europea sobre esta materia. No seu artigo I-3 do proxecto indica coma obxectivos da Unión que: 2. A Unión ofrecerá ós seus cidadáns un espazo de liberdade, seguridade e xustiza sen fronteiras interiores e un mercado interior no que a competencia sexa libre e non estea falseada. 3. A Unión obrará en pro do desenvolvemento sostíbel de Europa baseado nun crecemento económico equilibrado e na estabilidade dos prezos, nunha economía social de mercado altamente competitiva, tendente ao pleno emprego e ao progreso social, e nun nivel elevado de protección e mellora da calidade do medio ambiente. Asimesmo, promoverá o progreso científico e técnico. Independentemente da parte altisonante e meramente programática do tratados, máis concretamente sobre o modelo de propiedade, o artigo II-77 di que: "1. Toda persoa ten dereito a gozar da propiedade dos bens que adquira legalmente, a usalos, a dispor deles e a legalos. Ninguén pode ser privado da súa propiedade máis que por causa de utilidade pública, nos casos e condicións previstos na lei e a cambio, nun tempo razoable, dunha xusta indemnización pola súa perda. O uso dos bens poderá regularse por lei na medida en que resulte necesario para o interese xeral. 2. Protéxese a propiedade intelectual." Non poderá negarse que o proxecto é categórico respecto á propiedade intelectual, recoñécese este dereito sen ningunha limitación. Mentres que nos casos de propiedade "física" ou auténtica propiedade establécense limitacións por causa de utilidade pública ou de interese xeral, protéxese a propiedade intelectual sen facer ningún tipo de salvagarda en aras deses mesmos intereses.

Unha das leccións que podemos extraer de todo proceso, é que a Europa real adolece dun preocupante déficit democrático, sen que asemelle que o tratado constituínte adopte métodos máis democráticos e transparentes para a toma de decisións que afectan, tanto ó proxecto europeo no seu conxunto, como á vida e intereses de tódolos seus cidadáns. Tamén podemos obter outra conclusión de maior calado, é que o gran capital, con grandes intereses nas novas tecnoloxías, goberna por igual en todo o planeta. Se ben o gran capital ten a súa base no poderío militar e económico de EEUU, mentres non haxa cambios no modelo económico, tódalas decisións políticas de tódolos gobernos do globo están constrinxidas ás súas directrices, aínda que estean en contra da vontade democrática e dos seus propios intereses. Se os cidadáns europeos merecemos estar preocupados por esta dictadura do capital, imaxinémonos por un momento cales son as súas consecuencias no que se veu a chamar o terceiro mundo.

(1) ¿La llave que Microsoft le dio a la NSA (Seguridad Nacional) para que lo espíen?
(2) ¿Biopiratas o biocorsarios?
(3) ComEur2000. Estudio encargado por la Comisión (inglés)
(5) ConsultStudy2001. Recopilación y estudio de las respuestas a la consulta de la Comisión Europea sobre patentes de software. FFII. 2001. (Inglés)
(6) Propuesta de directiva del Parlamento Europeo y del Consejo sobre la patentabilidad de las invenciones implementadas en ordenador
(7) Un gran paso hacia una Europa sin patentes de software
(8) A la pesca y siembra de patentes
(10) El Proyecto GNU
(11) EDOS: Environment for the Distribution of Open Source software
(12) Microsoft ofrecerá en febrero la opción de comprar Windows sin Media Player


Patentes de Software: la Comisión Europea al servicio de los intereses norteamericanos (Carlos Martínez)

Laberinto

Publicado por Birnarem
502 lecturas • 0 Comentarios • 79 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Referencia de auto insurance rates central el 11/10 a las 08:51

Referencia de probablity of winning at 5 card draw el 11/12 a las 22:25

Referencia de play stud poker online el 11/13 a las 02:03

Referencia de ways people cheat in holdem el 11/13 a las 11:21

Referencia de how to win on casino bingo slot machines el 11/15 a las 20:41

Referencia de betting on line missouri horse races el 11/17 a las 16:14

Referencia de credit report location council bluffs ia experian el 11/18 a las 02:12

Referencia de credit report location council bluffs ia experian el 11/18 a las 02:12

Referencia de can i sue for identity theft el 11/18 a las 12:52

Referencia de casino webcam gratuit el 11/19 a las 23:33

Referencia de look back period to determine medicaid eligibility el 11/24 a las 08:21

Referencia de business credit card using my ein only el 11/26 a las 01:15

Referencia de student loan repayment help government grants el 11/26 a las 23:02

Referencia de homeowner insurance listing el 11/29 a las 23:23

Referencia de poker money coin jars el 12/06 a las 09:36

Referencia de refinance mortgage rate in ny el 12/06 a las 18:02

Referencia de xlarge video poker games playfor free el 12/08 a las 18:42

Referencia de rehab center for drug abuse that takes medicaid in virginia el 12/08 a las 20:56

Referencia de humana medicare supplement health insurance el 12/09 a las 12:42

Referencia de aspermont texas car insurance el 12/11 a las 13:37

Referencia de famous poker players holdem viejas el 12/19 a las 08:17

Referencia de no money needed poker el 12/19 a las 11:01

Referencia de pokerihuone el 12/19 a las 15:25

Referencia de obtain an unsecured loan el 12/24 a las 17:27

Referencia de bank of america credit card home el 12/25 a las 15:17

Referencia de support for victims of identity theft el 12/26 a las 12:37

Referencia de tragedy khadafi against all odds cheap el 12/30 a las 15:41

Referencia de auto insurance company satogaspring ny el 12/31 a las 20:10

Referencia de baccarat el 01/03 a las 07:35

Referencia de golden balls kasino online el 01/03 a las 15:25

Referencia de health insurance companies comparison el 01/06 a las 23:29

Referencia de fund e gold account credit card el 01/08 a las 16:13

Referencia de instant approval for no credit checks credit cards el 01/08 a las 22:37

Referencia de free texas holdem poker game downloads el 01/11 a las 02:03

Referencia de poker promos cd sent to my home el 01/12 a las 00:12

Referencia de gp maxim world cup of poker holdem el 01/12 a las 14:14

Referencia de divas play poker el 01/13 a las 05:33

Referencia de las vegas casino texas holdem online free el 01/13 a las 20:55

Referencia de internet gambling 0a el 01/15 a las 15:31

Referencia de list credit report providers el 01/20 a las 00:55

Referencia de california police department identity theft el 01/20 a las 02:58

Referencia de juego de traga monedas el 01/21 a las 06:29

Referencia de cei lowell massachusetts bankruptcy el 01/21 a las 14:38

Referencia de consumer credit counseling tri cities el 01/21 a las 18:23

Referencia de debt consolidation hard money private el 01/22 a las 03:20

Referencia de unsecured debt collection el 01/22 a las 16:39

Referencia de multiple bet calculator el 01/24 a las 05:57

Referencia de general poker texas hold em rules el 01/24 a las 14:31

Referencia de apply for prepaid credit card el 01/25 a las 04:23

Referencia de how to find out my credit score el 01/25 a las 22:48

Referencia de apuesta ruleta linea el 01/27 a las 17:38

Referencia de esurince el 01/30 a las 03:55

Referencia de historical events impacting american health care system el 01/31 a las 16:20

Referencia de medicaid level of care 1 modifier el 02/02 a las 04:50

Referencia de aarp medical insurance el 02/02 a las 11:26

Referencia de rules on poker texas holdem el 02/05 a las 04:05

Referencia de what is a credit cards el 02/05 a las 17:50

Referencia de bionic hand casino el 02/06 a las 02:14

Referencia de new york bankruptcy laws el 02/07 a las 09:34

Referencia de isle casino el 02/09 a las 00:19

Referencia de tesco credit cards el 02/09 a las 07:00

Referencia de how to order a credit report el 02/09 a las 18:51

Referencia de bonus casino el 02/10 a las 09:11

Referencia de how flood insurance reimbursements work el 02/11 a las 10:13

Referencia de bingo liner bonus codes el 02/13 a las 12:59

Referencia de casinò craps su internet el 02/13 a las 15:42

Referencia de chevron texaco credit card el 02/14 a las 07:20

Referencia de colorado auto insurance rate el 02/14 a las 12:48

Referencia de slot fever casino online el 02/14 a las 19:33

Referencia de online poker strategi el 02/18 a las 00:13

Referencia de texas holdem poker spel el 02/18 a las 09:22

Referencia de let it ride poker el 02/18 a las 18:17

Referencia de no limit texas hold em game downloads el 02/20 a las 13:35

Referencia de credit card cash back el 02/20 a las 19:23

Referencia de sportsbooks that offer no deposit free bets el 02/22 a las 11:17

Referencia de texas holdem gratis el 02/22 a las 17:21

Referencia de homeowners association officer liability insurance el 02/23 a las 11:42

Referencia de bingo game and supplies el 02/24 a las 11:27

Referencia de custom poker el 02/24 a las 12:26

Comentarios


Comentar



Recordar datos




ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Girls