Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Víctimas del Terrorismo pide a los gallegos que no voten a Touriño, «porque sino vamos a tener a los terroristas aquí».

Archivado en Opinións, delirios e reflexións varias • Fecha: 03-06-2005 11:52

Impresionantes, lamentables e rexeitables declaracións de AVT. ¿Alguén cre a estas alturas q AVT tivo algunha vez algún interese no benestar das víctimas do Terrorismo actuais ou futuras?

É evidente q esta asociación ten unha filiación política q non se preocupan en disimular. Estou de acordo co apoio ás víctimas da violencia. Pero este apoio debe estenderse a tódalas víctimas de toda clase de violencia. Non só ós afectados pola violencia de ETA. Semella q as únicas víctimas da violencia no Estado español son as de ETA. Pero desgraciadamente hai +. Violencia policial, violencia doméstica, violencia vial e violencia patronal. Seguro q me esquezo dalgunha. Estás tamén son víctimas. Tamén sofren. Aínda q o Estado as marxina. Digamos q non as trata igual cas V.T. de ETA. Hai quen dubida incluso q sexa realmente víctimas. “Algo farían”.

Saúde e antimilitarismo.

Diego

Víctimas del Terrorismo pide a los gallegos que no voten a Touriño

Fraga: «La ex edil del PP de Ermua tiene derecho a suponer que ETA llegará a Galicia si gana el PSOE»

Una ex edil de Ermua dice que ETA entrará en Galicia si Touriño gobierna

Un acto destinado a anunciar la movilización de la Asociación Víctimas del Terrorismo el próximo sábado en Madrid para rechazar la negociación con ETA acabó con un llamamiento de dos de las portavoces, Fina Saavedra y Ana Crespo, pidiendo a los gallegos que no voten a Emilio Pérez Touriño ni al BNG, «porque sino vamos a tener a los terroristas aquí».

Ana Crespo, ex edila del PP en Ermua y vicepresidenta del foro Voces del Silencio, que se ha refugiado en Galicia de las amenazas de los proetarras, aseguró que «Zapatero se ha bajado los pantalones ante los terroristas» y acusó a Pérez Touriño y a Patxi López de ser «marionetas» del presidente socialista.

Fina Saavedra, delegada de la AVT en Galicia, corroboró que José Luis Rodríguez Zapatero «está haciendo de España un paraíso para los terroristas y las víctimas nos sentimos muy indignadas, heridas y maltratadas, porque se ha saltado por encima de nosotros y ni siquiera se nos tendió la mano».

El delegado de la Consellería de Presidencia, Kostka Fernández, en cuyo despacho se celebró la comparecencia, testimonió el apoyo de la Xunta a las víctimas y aseguró que «nosotros no vamos a hacer partidismo con estos temas».

El candidato socialista por A Coruña, José Luis Méndez Romeu, calificó estas declaraciones de «escandalosas» y pidió la dimisión de Kostka Fernández por el «uso descarado» de las instalaciones de la Xunta para fines partidistas.

Publicado por dscouso
357 lecturas • 4 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios

  1. O que dis é chamado pola socioloxía como "Culpabilización das víctimas". Durante o franquismo sempre llo dicían aos represaliados: "Algo farían". Non é xusto o teu comentario.
    POlo demáis, o blog está de puta madre.
    Saúdos.

    Murguía — 27-06-2005 13:52:03

  2. Estou dacordo co comentario de Murguía, quizais sexa demasiado atrevido deixar no aire isa afirmación de que "algo farían", xa que crea dúbidas sen presentar argumentos que xustifiquen tal afirmación. Eu opino que é inevitable que a xente tome partido das súas ideas, pero non parece razoable escudarse nunha asociación coma a AVT, sobre todo pensando no difícil que resulta enfrontarse ao que digan ou fagan dende a súa posición victimista co posible desprestixio público dos que a eles se enfronten. Da opinión en concreto sobre as eleccións galegas, é tan disparatada, simple e demagóxica que sólo servirá para desprestixiar á asociación que deu voz a tal afirmación.

    A diferencia está en que as víctimas do terrorismo de ETA teñen unha voz (en medios de comunicación, ...) que non teñen outras víctimas, quizáis ahí estea o desequilibrio.

    Respecto ao artigo completo de Diego, penso que acerta en moitas cousas, e en calqueira caso é unha opinión máis que serve para que cada un de nós formemos a nosa propia.

    Ah, e graciñas polo comentario sobre a nosa bitácora, agradécese e espero nos visites de cando en vez.

    Birnarem — 27-06-2005 16:33:11

  3. É certo tamén o que dis, Birnarem, o que amosa que non pode existir unha soa realidade, senón un conxunto de realidades. Sí estou de acordo en que a AVT ten unha marcada cor política (a do PP e a do PSOE que está na onda de Rosa Díez e Redondo) e que, de maneira bastante evidente, fan o traballo ao PP: aí hai un erro pola sús parte.
    Recoméndovo-lo artigo de Javier Marías deste domingo. Creo que dá no cravo.
    En canto á páxina, paréceme moi boa. Escrevo dende Madrid. Para min é unha ventá á actualidade que non tería no caso de non existires.
    Saúde

    Murguía — 27-06-2005 17:30:12

  4. Esquecíame de dicir que o que deben ter claro os da AVT é que non son un partido político, polo que non deben actuar coma tal (que é o que fan)

    Murguía — 27-06-2005 17:39:29


Comentar



Recordar datos