Entre dez e quince horas diarias eran obrigados a traballar ducias de cativos con idades entre os 6 e os 14 anos, en condicións inhumanas, sufrindo abusos dos patróns e a cambio de cantidades mínimas. Unha operación realizada pola policía na cidade india de Mumbai, en colaboración con colectivos humanitarios, levou á detención de 44 persoas implicadas nunha rede de 200 pequenas empresas dos sectores téxtil e da alimentación que mantiñan os cativos nestas condicións. Estes patróns serán xulgados e terán que afrontar unha multa de 450 dólares.
No momento da liberación, os cativos encontrábanse débiles, mal alimentados e mal vestidos, segundo a policía. A operación, que durou tres horas e contou coa axuda dunha ONG, pon de manifesto a magnitude deste problema na India, un país no que máis de 60 millóns de menores traballan a tempo completo.
Os pequenos foran recrutados en pequenas localidades das rexións máis pobres do país e trasladados ata Mumbai, a capital económica.
A Organización Internacional de Traballo (OIT), calcula que no mundo hai 250 millóns de cativos de entre 5 e 17 años que traballan. O Ministerio de Traballo da India cifra en 11,3 millóns os casos de explotación infantil no país para o año 1991 pero, segundo Satyarti, na actualidade "cando menos 60 millóns de menores de 14 años traballan a tempo completo na India e, de eles, un 20 por cento fano no que chamamos 'escravitude moderna' ou traballos forzados".
Paréceme que cada vez seremos máis os que revisemos a etiqueta da roupa, deportivos ou balóns que mercamos. ¿Ou dirán as multinacionais do téxtil que esas fábricas non eran deles, que eles esixen garantías, ...? ¿Cómo podemos confiar en empresas que enganan sistematicamente aos consumidores, traballadores e sociedade en xeral? Necesitamos garantías; podedes visitar a páxina de Ropa Limpia. Tamén deberíamos contar co factor ecolóxico, para non consumir productos fabricados a miles de kilómetros de distancia, consumo local e sostíbel.