Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Co desfile militar de Coruña a voltas

Archivado en Participa na Coruña • Fecha: 31-05-2005 16:37

A ausencia de representantes do BNG nos actos do Día das Forzas Armadas foi cualificada polo alcalde da Coruña, Francisco Vázquez, como un caso "sen parangón na historia da democracia española, agás nas actitudes de Herri Batasuna".

"Lamento a grosería dos que non tiveron a delicadeza de, con quen representa a Xefatura do Estado, exercer coa mínima corrección a representación co pobo da Coruña lles encomendou", asegurou Vázquez.

O alcalde tamén anunciou que o vindeiro 6 de xuño se celebrará un acto en Capitanía no que se fará entrega ao Concello da bandeira española izada no desfile. Vázquez pensa colocala no Paseo marítimo, á altura da "coraza" de Riazor, en lembranza do Día das Forzas Armadas e "como expresión do compromiso coa Constitución, a democracia e a liberdade", sinalou.

O voceiro municipal do BNG, Henriqe Tello, asegurou que Vázquez non pretendeu facer "unha homenaxe ao Exército, senón un acto político en beneficio persoal" e engadiu que o BNG terá "respecto ao alcalde e a estes actos" cando el "respecte o sentimento coruñés e o sentimento galego". Ademais, cualificou de "agresión orquestrada" a colocación de bandeiras españolas na praza de María Pita na xornada na que se celebraban os actos do Día das Letras e lembrou que aínda ten pendente a inauguración dunha rúa a Alexandre Bóveda e outra a Pedro Calvete. Mentres tanto, os símbolos franquistas inzan a cidade da Coruña. Para Vázquez, "non son franquistas, son historia".

Vieiros

Dos comentarios de Paco Vazquez xa vai tempo que non merece a pena nin comentalos, falan por sí mesmos.

Do que parece que quería protestar Tello era da imposición do imperialismo españolista, e así o confirmou nun momento do acto Bono afirmando que España foi, é e será patria común e indivisible. Xa ten decidido Bono que será así, polo visto os cidadáns nin temos nada que dicir nin teremos nada que dicir no futuro, menuda democracia.

Podemos destacar a forte oposición de moitos coruñeses ao desfile, pese aos atrancos atopados e a criminalización que se fixo deles. Pero por outro bando, moitos coruñeses ainda non se decataron que participando de algo, en certo modo, o estás lexitimando. Está claro que non foi un acto tan multitudinario coma quixeron reflexar os medios de comunicación pero, demasiada xente acudiu a presenciar o desfile, tamén demasiada xente visitou os barcos de guerra situados no porto, e demasiada xente acudiu a outros actos programados, coma o de música militar. Estiveron participando de actos organizados para enxalzamento da maquinaria da morte, que participou da ocupación ilegal de países coma Irak, Afganistán ou Haití, apoiando e colaborando cos que teñen baixo as súas costas miles de mortes de civís inocentes. Armas coma as que se exhibiron véndense a países en sanguinarias guerras internas (moitas veces apoiadas por multinacionais propias en busca da explotación dos recursos que non lles pertencen), e podería seguir.

Non basta con non matar, xa se encargan outros de facelo por tí e no teu nome. Deixemos de apoialos e lexitimalos. Unha inocente visita a unha fragata (aínda que sexa por curiosidade), a participación nun desfile de tropas de guerra, ... e algo máis. Pensemos nun cidadán que visita unha mostra de bombas agochadas en mochilas, e admira a habilidade dos constructores e admira a beleza externa das mesmas.

Non pechemos os ollos, espertemos do noso letargo.

Publicado por Birnarem
354 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos