Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Intel inclúe nos seus procesadores Pentium D o sistema de protección DRM

Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 30-05-2005 12:35

A tecnoloxía de Microsoft integrase na placa nai do equipo para impedir a copia e distribución non autorizada de material protexido polos dereitos de autor.

O último procesador de dobre núcleo de Intel, Pentium D (xunto co chipset 945), disporá de un sistema de xestión de dereitos dixitais insertado na placa nai.

Oficialmente lanzado a nivel mundial o 26 de maio, o novo producto de Intel dispón da tecnoloxía DRM de Microsoft integrada. Isto permitirá, ó menos na teoría, impedir a copia e distribución non autorizada de materiais protexidos polos dereitos de autor directamente dende a placa nai. Ata o de agora, a maioría de sistemas de protección implementábanse dende o sistema operativo.

A pesar de que Microsoft abstívose de facer comentarios ao respecto de momento, o máximo responsable técnico de Intel en Australia, Graham Tucker, confirmou públicamente que a tecnoloxía DRM de Microsoft será unha característica específica de Pentium D y 935. Este alto cargo esquivou cuestiones relacionadas cos detalles específicos da tecnoloxía, por cuestións relacionadas coa seguridade.

A nova aparecida en PC World Australia, supón un paso máis de Microsoft para controlar aos usuarios domésticos e as empresas. Algúns opinan que no estado español a lexislación recolle o dereito á copia privada, polo que o novo micro podería non ser legal en España.

A alternativa de AMD ou Cell (IBM) poderían non ser válidas dado que é de esperar unha medida similar nestes procesadores ao formar parte do consorcio TCPA (Preguntas frecuentes sobre TCPA). En calqueira caso é necesario a combinación de hardware e software, polo que non terá efecto en SO que non implementen este sistema coma Linux.

Reflexións e comentarios sobre esta tecnoloxía:

La hora de la verdad
Intel Pentim D con DRM
Intel y Microsoft podrían evitar la copia y distribución de material protegido

Publicado por Birnarem
380 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos




LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009