Xa temos a primeira opinión sobre a superproducción Hai que botalos a cargo do noso grandísimo crítico cinematográfico Don Manuel Fraga Iribarne (Escoita aquí). Non ten desperdicio. Estase pensando en incluir coma último curto de haiquebotalos debido a calidade da interpretación e aos efectos especiais.
Xa levamos máis de 30.000 descargas en 3 días. Agora tan só queda velo. Organizade proxeccións en casa cos amigos, coa familia, no traballo cos compañeiros, repartide copias entre xente coñecida, ...
Se queredes unha copia orixinal para gardar coma recordo e colaborar na financiación do proxecto de momento coñecemos os seguintes Pontos de Disbribución de Hai que botalos