De novo xorden estudios sobre Alimentos modificados xenéticamente (AMX). Un estudio segredo da compañía Monsanto filtrado ao xornal británico “The Independent” pon en dúbida a inocuidade dos AMX, evidenciando que moitas veces os intereses económicos das grandes multinacionais están por riba da saúde pública e o dereito democrático a ter unha información rigorosa e veraz do que comemos.
Este escándalo ven dunha das multinacionais máis denunciadas públicamente por ecoloxistas, traballadores, agricultores e consumidores: Monsanto.
Monsanto: Una historia manchada
The MonXanto Files
El prontuario criminal de Monsanto
Monsanto y la guerra de las drogas en Colombia
Monsanto acusa de bopiratería a agricultores de EE UU por guardar semillas
Monsanto soborna al gobierno de Indonesia para introducir transgénicos
O estudio realizouse con ratas, alimentándoas de dous xeitos, un grupo con alimentos modificados xenéticamente (AMX) e outro con alimentos convencionais. O experimento describe que as ratas alimentadas nunha dieta rica en millo xenéticamente modificado desenrolaron anormalidades en órganos e cambios internos no seu sangue, o que levanta os temores de que a saúde humana podería ser afectada comendo AMX.
Este estudio foi filtrado, non se sabe ben cómo, ao xornal “The Independent” e demostra que as ratas alimentadas con millo modificado presentaron riñóns pequenos e variacións na composición do seu sangue. Segundo o informe confidencial de 1,139 páxinas, estes problemas da saúde estaban ausentes na serie de roedores que foron alimentados sen AMX.
Estas revelacións chegan aos países europeos, cando se preparan para decidir se o millo modificado xenéticamente debe pasar á venda ao público. A revelación dos efectos de saúde nas ratas de Monsanto intensificou a dúbida sobre se é seguro comer o millo sen investigación adicional. Os médicos sinalaron que os cambios no sangue dos roedores podería indicar que o sistema inmune da rata fora danado, ou que un desorde tal como un tumor crecera e o sistema mobilizárase para loitar contra él.
O Dr. Michael Antoniu, un experto en xenética molecular, describiu os experimentos como "moi inquietantes dende un punto de vista médico", engadindo: "Asombreime do número de diferenzas significativas que atoparon no experimento coas ratas."
Con todo isto recordamos a investigación inglesa feita sete anos atrás, que suxeriu que ratas que comeron patacas modificadas xenéticamente sufriran un importante dano na súa saúde. Esta investigación foi denunciada rotundamente polos ministros británicos, e o Dr. Arpad Pusztai, científico detrás dos polémicos experimentos, foi forzado á xubilación, despois de un acoso sen precedentes polas autoridades británicas.
O Dr. Pusztai informou dunha "lista inmensa de diferenzas significativas" entre as ratas que alimentou con AMX e as que non, concluíndo que os resultados indican totalmente que comendo cantidades significativas de AMX pódese danar a saúde.
Volvendo á noticia de Monsanto, o estudio está feito cun millo (co nome en clave L 863) que foi modificado por Monsanto para protexerse de un gusano do millo, que a compañía describe coma "unha das pestes máis perniciosas que afectan as colleitas de millo no mundo".
Un portavoz de Monsanto afirmou que o L 863 foi aprobado para ser tan seguro coma o millo convencional por nove autoridades globais dende 2003. Aínda que Monsanto describira as anormalidades en ratas como debidas ás variacións normais entre ratas, unha fonte inglesa dixo que os ministros están tan preocupados polo resultado do experimento que solicitaron información adicional á compañía norteamericana.
Agora calquera decisión de permitir o millo para ser vendido no Reino Unido causará gran alarma. Nembargante é de destacar que a política de admisión dentro das fronteiras de cada país da unión de AMX non é a mesma, sendo España un dos países máis permisivos na implantación de cultivos e importación de alimentos derivados de AMX (Nuevos maíces trasgénicos peligrosos en los campos españoles).