Ninguén o manifestou mellor que o presidente estadounidense Roosvelt cando cuestionado por algúns xornalistas polo apoio que seu goberno daba a Somoza en Nicaragua, respondeu: "sí, Somoza é un fillo de puta... pero é noso fillo de puta".
Nin sequera Martín Villa cando sendo ministro do interior era cuestionado por crímenes de estado, puido ser tan preciso coma o presidente estadounidense cando argumentou: "o noso son erros, o deles (ETA) crimes".
Tamén falou de "tráxico erro" o goberno francés cando non tivo máis remedio que aceptar a súa implicación no atentado terrorista que provocou a voadura do barco ecoloxista de Greenpeace no que morreu un membro desa organización.
Secuestrar un avión e desvialo da súa rota, ou facelo estalar en pleno voo, é un acto terrorista, a non ser que os responsables sexan anticastristas, nese caso ha que sustituir a súa cualificación pola de "disidentes", darlles asilo e ata condecoralos.
Unha bomba que estale nun hotel de Madrid é un acto salvaxe e terrorista. A mesma bomba que estale nun hotel da habana é un "incidente".
Unha bomba que estale nunha rúa é un acto terrorista. Un avión que lance quinientas bombas sobre tódalas rúas, prazas e edificios dunha cidade protagoniza unha acción de guerra e, como se sabe, unha acción de guerra converteuse nunha misión de paz.
E que tan indispensable é saber diferenciar ós nosos terroristas dos terroristas dos outros, coma distinguir as propias vítimas das alleas.
Os terroristas alleos poñen bombas. Os nosos colocan artefactos.
Os terroristas alleos trafican con armas. Os nosos comercian.
Ós terroristas alleos publicáselles sempre a cronoloxía dos seus atentados. Para os nosos sempre o derradeiro atentado é tamén o primeiro.
Nosas vítimas sempre deixan viúvas que os estrañen, orfos que os estrañen, ademáis de parentes, amigos e veciños que os recorden como compendio de tódalas virtudes; extraordinarios esposos, pais e cidadáns. As vítimas alleas só deixaron cómplices.
Nosas vítimas aparecen en primeira páxina. As vítimas alleas apenas ocupan un sitio discreto nalgunha páxina perdida, cando aparecen.
Cando o atentado alleo non provoca vítimas signifícase que preto había unha escola ou unha parada de bus e se especula coas funestas consecuencias que tería o atentado de producirse cinco minutos antes ou despois.
Cando o atentado é noso e non ocasiona vítimas, se subliña o benigno do estoupido e se suxire seu caracter disuasorio.
Os terroristas alleos sono, incluso, antes de que o sexan. Os nosos terroristas ou non o serán nunca, ou o serán 15 ou 20 anos despois de que se enterren súas vítimas, cando se desclasifiquen os documentos segredos que protexeron seu impunidade.
Os terroristas alleos conforman bandas terroristas. Os terroristas propios son supostos ou presuntos activistas.
Os terroristas alleos visten mal, non se peitean nin lavan, tampouco fan a cama nin creen en deus, son intolerantes, non ceden o asento no bus ás anciás, e ademáis solen ter que ver co narcotráfico, a prostitución e calquera outra lacra social. Os terroristas nosos sempre contan nas súas biografías con algún pasado feito que xustifique ou explique seu actual proceder.
Os nosos terroristas poden ser escusados pola xusteza dos seus obxectivos políticos. Os terroristas alleos matan por matar.
Cos nosos terroristas pódese dialogar, concertar, pactar e, incluso, ceder a súas pretensións.
Cos terroristas alleos non hai posibilidade algunha de diálogo porque teñen súas mans manchadas de sangue.
As nosas vítimas poden e deben ser atendidas polo estado e reconfortadas pola sociedade. Para as vítimas alleas non hai asociación posible, nin recoñecemento algún.
Os terroristas alleos sempre serán terroristas e nin sequera co paso do tempo poderán rectificar e reinsertarse.
Os nosos terroristas, cando se rehabilitan, poden chegar a converterse en ministros, presidentes e deica recibir un nobel da paz, como Teddy Roosvelt, M.Begín ou Kissinger, por citar tres casos.
Koldo
Rebelión