Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Case mil persoas asistiron á estrea de "Hai que botalos!"

Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 23-05-2005 11:31

Nin unha butaca na baleira na estrea de Hai que botalos. A proxección da longametraxe colectiva sobre a Galiza de Fraga na que participaron máis de 300 persoas encheu onte o Teatro Principal de Santiago. A partir de hoxe o filme, en formato DVD, comezará a distribuirse. De momento, os organizadores xa recibiron case 1.000 solicitudes. Viaxará por Galiza, Cataluña, Euscadi, Suiza, Bos Aires,... calquera lugar onde haxa alguén disposto a copiar, exhibir e distribuír libremente este filme que, segundo os seus creadores, ten un "único e explícito obxectivo: botar do poder ao PPdeG".

A viaxe que faga o luns o DVD de Hai que botalos será tanto ou máis importante que a propia estrea. Ata o de agora a cifra de DVD's solicitados vaise aproximando ao milleiro, aínda en vésperas da estrea, e coa película viaxarán cartaces, pegatinas, camisetas e un manifesto co que Burla Negra e todo o equipo de Hai que botalos queren deixar claro o seu posicionamento político e social, "tomamos partido pero non somos partidistas", aseguran. Os puntos de distribución do filme non só serán concellos galegos, tamén haberá proxeccións en Euscadi, Cataluña, Bos Aires, Suiza, Granada, Londres, etc.

Unha das citas fundamentais da película será a proxección 'expansiva' nos Campus galegos o día 25 de maio coincidindo co último día lectivo na maior parte das facultades. Unha cita expansiva que se repetirá nunha escala maior o 4 de xuño, co comezo da campaña, e con proxeccións ao longo e ancho do territorio galego.

Vieiros
Arredemo
Hai que botalos!

Publicado por Birnarem
617 lecturas • 2 Comentarios • 1 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Referencia de Todo nada :: Fala, pobo, fala :: May :: 2005 el 05/25 a las 16:42

Comentarios

  1. Magoa!!, eu non puiden ir ao estreo, pero de seguro que eina de ver e, sobre todo, pregonar...porque HAI QUE BOTALOS!

    Spaviladiyo — 23-05-2005 15:43:34

  2. Eu tampouco a puiden ver todavía, pero de seguro que a verei. Agora resta proxectala en tódolos sitios que se poida, en asociacións, en locais, en casas particulares, ...

    A ver se conseguimos estimular o "boto". Non podemos permitir que o PP sega a estragar a Galiza.

    Birnarem — 23-05-2005 19:00:32


Comentar



Recordar datos