A decisión chegou pouco despóis de dar a conferencia "maldita", J.C. recibiu unha chamada telefónica dunha persoa do Master dicíndolle que tiñan que falar porque se recibira una chamada do rectorado "recomendando" que non seguise dando clases nesa universidade. Pedíronlle que non se preocupara, pero que namentras, eliminase cualqueira referencia á universidade na súa web (boa forma de facer que non se preocupe). Todo isto non supón unha sorpresa, pero pon en evidencia os mecanismos do poder para intentar expulsar do sistema e desprestixiar a calqueira voz disidente.
Pero, ¿en qué se basan para botar a Jorge da universidade? ¿Por impartir unha conferencia que nin sequera escoitaron?¿Dixo algo que non fora correcto, o fixo algo que non debera? ¿Por qué non lle explicaron "cal é o problema" todavía? ¿Por qué non queren falar con él? ¿Quizá por temor a contaxiarse do espíritu de liberdade de expresión, ou de cuestionamiento do orde establecido?
Está claro que a universidade actuou baixo presión, en defensa dos privilexios adquiridos por uns poucos. Isto nos leva á evidencia de que as institucións públicas non deben estar ao servizo dos poderes económicos. En materia de software é evidente que o software libre é a única vía. Cada institución ou casa particular que opte polo software libre restará poder aos SGAE e colegas.
Para Jorge, pois tan só desexarlle sorte, que non está só na súa loita, e que siga abrindo camiños para a real democratización da nosa sociedade.
Para saber máis e poder seguir os acontecementos visitade a páxina de Jorge Cortell:
"Sutil" caza de brujas: Jorge Cortell ya no imparte clases en la UPV
Jorge Cortell
Spaviladiyo — 11-05-2005 00:12:07
Birnarem — 11-05-2005 09:44:21
Spaviladiyo — 11-05-2005 22:18:21
Birnarem — 12-05-2005 17:16:47