Para *s afeccionad*s ao cine, fago un repaso ás 4 longametraxes e 7 documentais vistas neste Festival. 100% subxectividade. Ademais, non vin ningunha das premiadas...
HORMIGAS EN LA BOCA: de Mariano Barroso; con Eduard Fdez., Ariadna Gil, Jorge Perugorría (que non "Negugorría")... Cine negro ambientado nos prolegómenos da Revolución Cubana. A intensidade aceptable conseguida no desenrolo (senador mafioso con matóns, torturas, asasinatos, extorsións, flashbacks ao pasado das personaxes como resistentes na España franquista) dilúese cun final atropelado (-"oe, que temos que rematar a peli", -"ok, pim, pam, pum, xa está!"). Pasable.
HEROÍNA: de Gerardo Herrero; con Adriana Ozores, Mª Bouzas, Carlos Blanco, Javier Pereira, Carlos Sante-San&saN...; coproducida por Continental. Atmósfera galega nesta peli que recrea as loitas das nais contra a droga, da asociación Érguete na comarca viguesa (Carmen Avendaño e demais). Moi ben Adriana Ozores e crible a peli en xeral. Loita pola consideración de doentes en vez de delincuentes, e de programas integrais axeitados. Salpicaduras a corpos de seguridade, xuíces, narcoempresari*s, etc. Unha única pega: a referencia positiva ao superxuíz Garzón campeón, cómplice de torturas, aínda que iso xa é outra historia... Recomendable.
PASOS: debut como director do estimado Federico Luppi; con Ana Fdez., Alberto Jiménez, Eva Cobo... Ambientada na época do ¿fallido? golpe de Estado do 23-F-1981, narra os avatares das vidas de tres parellas: ilusión vs. escepticismo ante a chegada da "democracia", ideais vs. oportunidades de "progresar", violencia de xénero oculta, tendencias homosexuais ocultas, o mundo que de súpeto vai moi rápido. Non me convenceu para nada. Frouxa, incluso con algúns erros cinematográficos, cousas que me chirriaron sen estar en plan de buscar defectos. Non recomendable.
20 CENTÍMETROS: de Ramón Salazar; con Mónica Cervera, Pablo Puyol, Rossy de Palma, Najwa Nimri... Simpática "ida de olla", cunha media ducia de números musicais do máis variopinto e tratando a transexualidade. Para ver con moita complicidade e agardando calquera cousa...
NI LOCAS NI TERRORISTAS: de Cecilia Barriga. Documental relacionado con Heroína. Duras experiencias contadas polas protagonistas e as súas familias: antes e despois de que o mal se instalase en casa, adicación progresiva á loita, incomprensión e criminalización por parte da sociedade e os medios... Recomendable.
SERES EXTRAVAGANTES: de Manuel Zayas. Documental sobre a represión da homosexualidade en Cuba a través da biografía do escritor represaliado Reinaldo Arenas. Interesante, sen máis.
LA ISLA DURMIENTE: de David Martín de los Santos. Docu sobre personaxes cubanos variopintos. Regular.
LOS NADIES: de Sheila Pérez e Ramiro Gª. Docu sobre a vida de rapaces/zas que viven nas rúas de Buenos Aires. Feito "dende dentro". Dende peques sobrevivindo nas rúas, desherdad*s do Estado do Benestar, asumindo con total normalidade a vida que levan. Ben.
CUANDO YO SOÑABA UN MUNDO AL REVÉS: de Jorge Dalton Cañas. Creación a partir de material atopado nun contedor de lixo en La Habana. Tono artístico e poético. Interesante.
HISTORIA CHIQUITA QUE CRUZA UN OCÉANO: de Sesi Bergeret Gª. Unha filla narra a historia da súa nai e pai: viaxe polo mundo nos intres previos ao golpe de Estado do 72, instalación definitiva en Barcelona, contactos por carta e casetes coa familia... Interesante.
DE VIAJE CON EL CHE GUEVARA: de Gianni Miná. Sobre a rodaxe de "Diarios de motocicleta", que narra a viaxe do Che co seu amigo Alberto Granado, presente aos seus 80 anos na rodaxe asesorando e revivindo aquela aventura. Recomendable.