Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

DIAGONAL, periódico quincenal de actualidade crítica

Archivado en Información (Kit do cidadán crítico) • Fecha: 29-04-2005 12:01

Nova publicación dende os movementos sociais, na rúa dende marzo con difusión estatal. Comunicación participativa, independencia real, calidade, obxectivo claro de transcender e chegar a outras capas da sociedade, suscricións como sustento económico...

DIAGONAL, periódico quincenal de actualidade crítica, nace do desexo de ler outra cousa, de atopar nos circuítos habituais un medio independente, con sentido crítico, coordinado por un colectivo en discusión permanente, imbricado no debate dos movementos sociais... En definitiva, xurde da necesidade de ler un periódico distinto. Quere ser un medio asequible, plural, de calidade, propositivo e abertamente incisivo. Politicamente incorrecto, pero riguroso. Exhaustivo na información e argumentativo na análise. Un periódico onde o humor e a sátira teñen un lugar privilexiado.

Con semellantes premisas non fai falla dicir que ningún grupo económico nin político financia o proxecto, así que a nosa única dependencia xirará en torno ás lectoras e aos lectores de DIAGONAL, que coas súas subscricións conforman a base financeira do medio; a finais de abril xa sumaban 2.000, tendo en 3.000 asegurada a supervivencia económica, e co obxectivo de acadar 5.000 ao longo deste 1º ano de existencia. A suscrición anual (24 nºs quincenais) é de 40 euros.

O grupo editor da publicación está constituído por unhas 30 persoas procedentes de distintos ámbitos: diversos movementos sociais, anteriores publicacións alternativas, varios medios de comunicación, facultade de Ciencias da Información. Tan só contamos coas nosas ganas de facer un medio diferente, co convencemento de que un periódico destas características ten que funcionar de xeito horizontal e participativo.

Despois de case dous anos de preparación e dous números promocionais, con máis de 100 presentacións en todo o Estado e o apoio de numerosas organizacións sociais e personalidades do mundo da cultura e a comunicación, o 3 de marzo finalmente saíu o nº 1 á rúa. Cada dous xoves DIAGONAL poderase atopar en librarías e puntos de distribución alternativa de todo o Estado e nos quioscos da Comunidade de Madrid (e progresivamente nos doutros territorios). Na web do periódico pódense consultar os puntos de venda actualizados por localidades (8 poboacións galegas) e os nºs públicados ata a data.

Esperamos que este periódico sexa do voso agrado. Estamos abertas/os a todo tipo de suxerencias, críticas ou propostas para dar a coñecer o proxecto.

Periódico DIAGONAL

satélite-colaborador "libre asociado" de Diagonal: giosergioser@hotmail.com

Publicado por sergio_d_xira
466 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos




LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009