Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Campaña pola Obxección Fiscal na Declaración da Renda

Archivado en Información (Kit do cidadán crítico) • Fecha: 29-04-2005 13:11

Do mesmo xeito que se conquistou o dereito á obxección de conciencia ao servicio militar e a insubmisión forzou o final da mili obrigatoria, tamén é posible conquistar o noso dereito a non contribuír economicamente ao mantemento e expansión dos exércitos e das guerras.

Esta alternativa é a que plantexa a Obxección aos Gastos Militares. Se nunca se nos consultou sobre as guerras que organizan, ¿por que imos consultarlles nós sobre o noso rexeitamento aos seus impostos de guerra? Non podemos ignorar a nosa responsabilidade na preparación das guerras a través dos impostos dirixidos a financiar exércitos que pagamos un ano tras outro.


SOBRAN AS RAZÓNS

> 1 billón de dólares de gasto militar mundial este ano.
> 40 millóns de euros diarios (14.600 millóns anuaies) para manter a estructura militar española en 2003.
> 19.000 millóns de euros en 10 anos pola compra de armamento (avións Eurofigther, Fragata F-100, submariños S-80, carros Leopard, etc).
> 62,5 % do gasto español en Investigación + Desenvolvemento para o militar.
>50.000 millóns de dólares erradicarían a fame no mundo.
>Cunha reducción do 3% dos presupostos militares mundiais poderíase reducir un 50% a mortalidade infantil, abastecer ao mundo de auga potable e universalizar a asistencia primaria.
Fonte: Movimiento de Objeción de Conciencia-MOC


¿QUE É?

A Obxección Fiscal é unha campaña de desobediencia civil que convida a quen realizan a Declaración da Renda a non pagar a Facenda unha cantidade económica en protesta polo gasto militar actual. Con iso incumprimos unha lei inxusta de xeito público, colectivo, pacífico e consciente. Como apoio a esta alternativa, esiximos o dereito de obxección de conciencia ao pago de impostos con fins militares.

A campaña propón que os cartos se entreguen polas obxectoras e obxectores fiscais para financiar outras alternativas e loitas sociais.


COMO SE FAI

A Obxección Fiscal concrétase no intre de encher o impreso que facilita a Axencia Tributaria para facer a Declaración da Renda. Propoñémosche diferentes maneiras de obxección fiscal, segundo a túa situación de declarante e disposición. Así, existen catro formas de Obxección Fiscal:

1. Cota Porcentual: Consiste en desviar, non evadir, a cota líquida da túa Declaración da Renda, é dicir, o 5,06% (presuposto oficial do Ministerio de Defensa e de organismos autónomos para 2005, segundo as cifras oficiais) ou o 11,82% (proporción do gasto militar total nos Presupostos Xerais do Estado que inclúe a globalidade de partidas ocultas repartidas entre varios ministerios: aportacións OTAN, UEO, créditos encubertos á industria armamentista, I+D militar, clases pasivas militares...). O cálculo da porcentaxe é o resultado dunha análise en profundidade realizada por fontes antimilitaristas.

2. Cota Fixa: Desvías 84,00 euros (cifra escollida simbolicamente en protesta polos 84 países empobrecidos pola débeda externa), da cota líquida da túa Declaración da Renda.

3. Obxección Fiscal a tramitar por Facenda: Se non te decides a desviar pola túa conta o importe calculado propoñémosche esta outra forma como primeiro paso de obxección. Con esta opción non fai falla modificar o impreso, senón soamente adxuntar un escrito ao gasto militar na conta corrente do proxecto alternativo elixido. É, por tanto, a expresión da nosa esixencia de que sexa recoñecido o dereito á Obxección Fiscal. Ao deixar en mans de Facenda a tramitación ou non da obxección non podemos garantir a recuperación desa cantidade das arcas militares, pero extendemos e visibilizamos o noso apoio á obxección fiscal e incrementamos o seu impacto social.

4. Cota líquida cero e obxección para quen non fan declaración: Trátase tamén de adxuntar un texto en forma de carta esixindo o recoñecemento do dereito á Obxección Fiscal, pero neste caso remitido por quen non teñen obriga de declarar.

O periódico Diagonal é unha das diferentes alternativas financiables pola obxección fiscal, como proxecto que se identifica coa construcción de mentalidades críticas cara a militarización social. Pasos a seguir (exemplo para Diagonal)


MÁIS INFORMACIÓN

Colectivo Antimilitarista Tortuga (Alacant)

Campaña por la Objeción Fiscal MOC

Servicio de Información para la Objección Fiscal (SIOF, Catalunya)

Casa de la Paz (Zaragoza)

Grupo Antimilitarista de Carabanchel (Madrid)

Publicado por sergio_d_xira
405 lecturas • 3 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios

  1. Xa hai unha páxina en galego: Non ao Gasto Militar

    Birnarem — 09-05-2005 10:41:05

  2. Me ha parecido muy interesante el artículo. Parece que en este país el IRPF es el Impuesto que pagan los pobres, puesto que los ricos tienen buenos asesores para crear sociedades a través de las cuales desgravar. Además, casualmente, los profesionales liberales que más ingresos tienen suelen declarar (¿es un chiste?) una media de 15000-18000 € de ingresos al año. Definitivamente habría que hacer algo al respecto. Otra cuestión que aprovecho a comentar desde mi experiencia personal: ¿cómo es posible que los Becarios del Ministerio de Educación para la Formación de Personal Investigador no coticen a la Seguridad Social, y, en cambio, sí existe obligación de declarar?. Bueno, una vez más pagamos los de siempre. P.d. : ¿alguien sabe por qué el 901 22 33 44 comunica sin cesar? ¿existe alguien realmente al otro lado?.

    ÁNGELES DE CASTRO SAN MIGUEL — 10-05-2005 15:31:50

  3. É evidente que o IRPF ten moito que mellorar para acadar que paguen máis os que máis teñen, e para que non exista fraude. En calqueira caso o imposto que pagamos todos cási por igual é o IVE, e prefiro non sumar o que supón ó final do año a cada un de nós; este imposto o pagamos todos, independientemente do que gañemos.

    Non coñezo exactamente a situación dos becarios que mencionas. De todos modos espero que resolvas do mellor modo posible a túa situación. Ah, e visitanos de cando en cando. :)

    Birnarem — 11-05-2005 09:36:06


Comentar



Recordar datos