Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Quero un debate televisado XA!!!

Archivado en Opinións, delirios e reflexións varias • Fecha: 28-04-2005 14:57

Para cando un debate televisado entre os candidatos á presidencia da Xunta de Galiza?

Este é un comentario informal que me sae así como non quere a cousa, pero que eu considero importante.

Teóricamente estamos nunha sociedade democrática (ja, ja, ja) na que as e os cidadáns temos dereito, en época de eleccións a coñecer os diferentes contidos dos programas electorais de todas as opcións políticas. Temos este dereito para logo poder decidir que opción nos gusta máis.

Pois ben, tendo en conta que a poboación galega utiliza a televisión como fonte principal de información (en moitos casos é a única), debería haber debates electorais televisados. Non ún nin dous, sençón moitos máis, para que toda a poboación poidese ter un xuizo crítico do que plantexan os diferentes partidos.

Penso que é esixible unha lei que obligue a que ante a presenza dunhas eleccións sexa obrigatorio a celebración de debates electorais televisados. E non televisados a calquiera hora, senón nun horario de máxima audiencia, para que o poida ver todo o mundo.

Mentres non exista esta lei non haberá debates electorais, xa goberne PP, PSOE, BNG, EU, ... (perdón pola omisión do resto) ou calquera outro partido. Non habberá debate porque a quen está no poder non lle interesa expoñer as súas ideas (insisto, sexa quen sexa).

Por eso é moi importante reivindicar a realización deste tipo de debates.

¿Que pensades o resto?

Publicado por Brandariz
407 lecturas • 2 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios

  1. Eu non considero prioritarios os debates televisivos, porque os debates son espectáculos mediáticos coma os partidos de fútbol, nos que se mide a habilidade dialéctica e axilidade mental dos debatentes, e de ahí se fan conclusións de quen gañou ou perdeu o debate e ridiculeces varias. As ideas do partido ou as súas previsións se saen elixidos pasan a segundo plano, para centrarse no enfrentamento ao opoñente. Gran orador e hábil nos debates era Felipe González (e todos sabemos as súas ideas e o que fixo coma presidente).

    O importante sería obrigar a publicar aos medios de máis difusión os programas electorais (a razón de un partido por día) ou tamén que se publicaran unha por unha os compromisos adquiridos por un governo no seu programa e que non cumpliron. Tamén estaría ben publicar as deudas que teñen os partidos políticos e con quén, e o que gastan en campañas electorais (eu son partidario de que non existan campañas máis que de información dos programas de governo propostos). E o máis importante, pero o máis difícil, sería implicar á xente a informarse con capacidade crítica e non só nos medios masivos, senón tamén en sitios nos que os que opinamos non dependemos de contratos publicitarios ou de débedas ou dos propietarios do medio.

    A pesar de todo isto, está claro que ao PP canto menos se fale na campaña millor para eles, porque queren que a xente vote por inercia, coma sempre. Pero desta vez non lles valerá, esta vez conseguiremos botalos do governo.

    Birnarem — 28-04-2005 16:56:09

  2. Estou dacordo co que di Birnarem no comentario sobre que deberíamos estar mellor informados. Tamén co que os debates en televisión non deixan de ser espectáculo. Pero eu teño moitas ganas de ver eses espectaculo. Alguén se imaxina ver nun debate a Fraga, eu pagaría algo por velo.

    Xa que non podemos loitar contra a televisión pois usémola.

    brandariz — 29-04-2005 08:40:34


Comentar



Recordar datos