Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Reflexións varias

Archivado en Opinións, delirios e reflexións varias • Fecha: 27-04-2005 09:45

Parece que o proxecto crece pouco a pouco, xa temos un terceiro colaborador Sergio_d_xira, e con él máis ideas. Aparece unha nova sección: Denuncias. O que penso...

Nas novas reflexións intergalaicas e supragalácticas, chámame a atención a chamada á conciencia do rancio mundo conservador (destacar que dentro deste mundo se atopa o noso alcalde Sir Paco). Non queren casar a persoas do mesmo sexo. Está claro que esta xente apela á conciencia cando esto supón negar, impedir, marxinar, ... En cambio non apelan a esa conciencia para non participar das torturas e asasinatos en comisarías e cárceres estatais, ou para non participar da construcción e venda de armas a países pobres en conflictos interminables, ou para non pechar as fronteiras a xente desesperada que desexaría vivir tranquilamente no seu país pero o colonialismo e o capitalismo salvaxe se encargaro de facelo imposible, ou ...

Por outro lado avalan con esta apelación á conciencia a decisión de moitos, e que espero que cada vez haxa máis, de apelar á conciencia para non participar no presuposto militar coa súa deducción do IRPF, adicando eses cartos a unha organización sen ánimo de lucro escollida polo declarante. Creo que Sergio_d_xira escribirá un artigo sobre isto próximamente.

Publicado por Birnarem
453 lecturas • 5 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios

  1. Ei, que pasa? ¿Como vai todo? Sergio d xira é Sergio o que viña ó Trinke?

    Pedro — 28-04-2005 09:37:26

  2. Sí, o Sergio que coñecemos. Que temble internet, que xa somos 3 e daquí pode sair moita información, crítica, opinións, experiencias, ...

    Birnarem — 28-04-2005 11:02:27

  3. Ola Pedro, si, o mesmiño. Seguiremos intercambiándonos infos. Afectuosas apertas sureñas.

    Sergio_d_xira — 28-04-2005 11:57:12

  4. Moi boas Sergio. Alégrome moito de que tamén colabores na bitácora. A ver se entre todos facemos algo interesante. Polo menos aprenderemos uns dos outros.

    Benvido e ... a por todas.

    brandariz — 28-04-2005 14:59:57

  5. Xa que son a persoa máis importante do planeta, dígnome a enviar saúdos aos que queiran escoitar.

    Birnarem, non me sexas paspán.

    Telcar — 28-07-2005 18:30:16


Comentar



Recordar datos