O Espazo Alternativo da Deriva da Coruña, organiza durante as próximas semanas unha serie de charlas e proxeccións sobre temas de participación social (Palestina), reformas penais e movimentos de resistencia (Zapatistas), ademais de poñer en marcha o seu haklab. Están na R/ Galera 47, 1ºB.
CHARLAS
“Palestina e as posibilidades de participación social”
Nerea Varela, activista e traballadora voluntária en Palestina, falará, con apoio de material audiovisual, sobre a situación nese territorio de conflito, e sobre as posibilidades de participación social na consecución dunha paz xusta e na mellora da calidade de vida da cidadanía palestina.
Lugar: E.A. Da Deriva (rúa Galera, 47,1º B, A Coruña)
Data: Xoves 21 abril, 20’30 h.
“O populismo punitive: contrarreformas penais no estado español 1995-2005”
Iñaki Rivera, director do Observatori do sistema penal (Barcelona), e da revista “Panóptico”, e máximo especialista ibérico en cuestións penitenciárias, fará un repaso aos chanzos que marcan a evolución cara a un estado penal e a unha sociedeade de control, como apresentación dalgunhas das súas últimas publicacións.
Lugar: Centro Social A Treu (Rúa San Xosé, A Coruña)
Data: Xoves 28 abril, 20’30 h.
Co-organiza: Libraría Alternativa Rizoma
HACKLABA
Construcción dun espácio de actuación e aprendizaxe baseado no software libre a nunha socialización dos coñecementos informáticos. De momento, dous ordenadores RedHat Linux e un Windows XP (que agardemos a que desapareza en breves).
Conexión a internet en banda ancha.
Reunións: Tódolos sábados de 12’00 a 14’00 h. (como mínimo)
VÍDEO- FÓRUM
Mércores 4 maio, 21’00 h.
"Código: Linux"
Documentário de Hannu Puttonen (Francia, 2002, 52 m)
Poesía dixital, “Código: Linux” explora un universo a priori hermético, onde a ciencia se confunde coa arte. Certas intervenións invitan a pensar e programación informática como unha nova forma de expresión artística.
Mércores 11 maio, 21’00 h.
“Zapatistas: Crónica de una rebelión”Documentário de Víctor María e Mario Viveros (México, 2003, 120 m.)
“Neste vídeo documentário apresenta-se unha crónica de 10 anos do movimento zapatista. Ao longo do documentário aparecen imaxes inéditas da resistencia, sobre todo das mulleres dos municipios autónomos, contra o exército mexicano, para finalizar coa festa de celebración da creación dos Caracoles e das Juntas de Buen Gobierno en agosto de 2003” (La Jornada)