Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A ONU terá permiso á fin para investigar as torturas en cárceres e comisarías estatais

Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 15-04-2005 01:36

Malia que aínda se precisa dunha ratificación do Congreso, o executivo comprometeuse coas Nacións Unidas a aceptar as regras establecidas pola ONU para a loita contra a tortura e o ministro de Exteriores, Miguel Ángel Moratinos, asinou esta semana en Nova York o documento. Só 33 Estados asinaron deica agora o protocolo, oito deles da UE, dende que se presentou hai tres anos na Asemblea xeral da institución internacional.

A aceptación das recomendacións das Nacións Unidas inclúen o deseño nun prazo non maior dun ano de mecanismos estatais de prevención que controlen a situación en cárceres e comisarías. Ao tempo, o goberno deberá aceptar que delegacións da ONU entren sen previo aviso e sen ter que sometérense a restricción ningunha, en calquera centro de detención do Estado.

Os equipos encargados destas investigacións están formados por grupos de dez especialistas independentes. En principio, no caso de que detectar prácticas ilegais, o comité para a prevención da tortura enviaralle ao goberno un documento confidencial con relato dos abusos. Posteriormente, avalíase a resposta que o goberno fai a esa denuncia e se o delicto non é castigado, a ONU resérvase o dereito a facer públicas as denuncias.

Vieiros

Asociac. Contra Tortura

Publicado por Birnarem
301 lecturas • 1 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios

  1. Iste é un tema que moita xente descoñece ou prefire mirar para outro lado. Os precedentes non son nada bos, coma exemplo poño a persecución sofrida pola Asociac. contra Tortura, que se encargaba rigurosamente de rexistrar cada denuncia de tortura e malos tratos polos entes da orde. Parece un avance positivo, ainda que haberá que agardar acontecementos e análises por parte de asociacións coma a act.

    La página de la A.C.T. fue censurada y clausurada, en marzo del año 2000, por orden de la Agencia de Protección de Datos que ordenaba el "cese, de manera inmediata, en el tratamiento de datos de carácter personal, relativo a funcionarios de prisiones y de las fuerzas y Cuerpos de Seguridad, así como de responsables políticos, que han sido denunciados por la comisión de delitos de maltrato, vejaciones o tortura y en la comunicación de los citados datos personales difundidos a través de internet bajo amenaza de una multa de 50.000.000 a 100.000.000 ptas"

    Birnarem — 15-04-2005 01:45:04


Comentar



Recordar datos