Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

En "Niuchese" non se fala o galego (disque)

Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 14-04-2005 10:25

Niuchese é un dos nomes galegos para o estado de Nova Jersey, o que lle dan aló os emigrantes da nosa numerosa comunidade. Conforme os datos da Xunta, hai case nove milleiros de galegos censados nos Estados Unidos, sen contar os estudantes e traballadores temporeiros, que viven fundamentalmente nos estados da costa leste.

Pois ben, conforme un estudo da fundación US English, ningún deles sabe falar o galego... O informe desta organización que procura a declaración do inglés como lingua oficial en USA, baséase no censo do ano 2000, e recolle un amplo abano de 322 linguas faladas no país, dende os 215 millóns de anglofalantes ata os 4 estadounidenses que declaran que a súa lingua é o kalispel. Algo máis de medio millón falan portugués, uns 2.780 vasco, 1.660 catalán e mesmo 45 o bretón. Galego, ningún, ningunha.

Vieiros

Publicado por Birnarem
258 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos