Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

As escolas galegas intercambian experiencias para a introducción do software libre

Archivado en Propiedade Intelectual • Fecha: 11-04-2005 13:59

Logo das que foron primeiras xornadas de software libre na educación en Galiza e de pequenos contactos entre algúns centros escolares que traballan con aplicacións informáticas deste tipo, un grupo de ensinantes decidiu a creación dunha lista de correo para o intercambio de información ao respecto.

Corenta persoas participan xa da iniciativa, á que calquera membro da comunidade educativa galega pode subscribir enviando unha mensaxe de correo electrónico baleira ao enderezo softlibre-edugal-subscribe@yahoogroups.com.

"Botamos en falta un elemento de comunicación rápido e accesíbel co cal puidesemos estar ao día das nosas actividades e consultar preguntas sobre o software libre a calquera nivel técnico, pero dende a perspectiva do ensino non universitaria", cóntanos Manuel Morán, profesor de FP de sistemas e aplicacións informáticas no IES Chan do Monte de Marín.

A lista de correo nace de feito logo da visita de profesorado deste instituto ao IES Espiñeira, en Boiro, para coñeceren do sistema de contabilidade baseado en software libre que alo utilizan. Ao tempo, o equipo do centro boirense viaxará ao instituto de Marín para saber dos sistemas de arquivos en rede e de acceso dende a casa que usan os marinenses.

Para estender a difusión deste tipo de iniciativas e promover o uso de software baseado en código aberto nas escolas galegas, créase agora esta lista de correo para o intercamnio áxil de informacións e experiencias.

www.vieiros.com

Publicado por Birnarem
300 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos