Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

¡¡¡ T R A S L A D O !!! ¡¡¡ T R A S L A D O !!! ¡¡¡ T R A S L A D O !!! ¡¡¡ T R A S L A D O !!!

+ Archivado en Opinións, delirios e reflexións varias • Fecha: 16-03-2007 13:53

Visto o mal funcionamento do servizo de bitacoras.com véxome obrigado a trasladarme a outro aloxamento máis amable. Aproveito así para fedellar un pouco co wordpress e seguir manténdovos informados con moitos menos problemas.

Nova Dirección: o mundo de birnarem (http://birnarem.freehostia.com)

Espero que o novo espazo, freehostia (un nome chulo sí señor jejeje) non me depare problemas no futuro, de momento vai xenial.

A bitácora comezou coa intención de ser unha bita colectiva, pero quedouse no intento jejeje. Pese a comezar ben, con 4 rexistrados en algún artigo por cada un a cousa foise quedando nunha típica bitácora levada por unha sóa persoa, por iso decidín cambiarlle o nome demasiado xenérico para o que resulta ser agora de "Infórmate dende a Galiza" polo máis propio de "o mundo de birnarem".

Disfrutade do novo tema que escollín e modifiquei lixeiramente de momento, é moi chulo, probade a pulsar o elipse que aparece á dereita de cada titular xa veredes.

¡¡¡ Moitas Grazas por seguir visitándome !!!

o mundo de birnarem (http://birnarem.freehostia.com)

Publicado por Birnarem
186 Lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias

A ONU e os fabricantes de ordenadores buscan que facer coa montaña de lixo

+ Archivado en Información (Kit do cidadán crítico) • Fecha: 08-03-2007 09:41

Julio César Rivas (EFE)

Nun mundo que cada vez depende máis de electrodomésticos e ordenadores, o lixo electrónico converteuse nun quebradizo de cabeza que gobernos, empresas e organizacións non gobernamentais queren atallar.

Aqueles que tiveron que levantar un computador de sobremesa nalgunha ocasión saben que non é precisamente un produto lixeiro. Pero o que probablemente non saben é que de feito un computador supón un peso igual que o dun vehículo SUV ou un rinoceronte, 1.800 quilos.

¿Sorprendido?. A Universidade das Nacións Unidas (UNU) e o investigador alemán Ruediger Kuehr calcularon o peso en 2004 e chegaron a esta reveladora conclusión.

mais...

Publicado por Birnarem
184 Lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias

Instalado no sofá do teu salón

+ Archivado en Información (Kit do cidadán crítico) • Fecha: 08-03-2007 09:34

«Moitos cidadáns estiman que, confortablemente instalados no sofá do seu salón, mirando na pequena pantalla unha sensacional fervenza de acontecementos a base de imaxes fortes, violentas e espectaculares, poden informarse con seriedade. Erro maiúsculo. Por tres razóns: a primeira, porque o xornalismo televisivo, estruturado como unha ficción, non está feito para informar senón para distraer; en segundo lugar porque a sucesión rápida de noticias breves e fragmentadas (unha vintena por cada telexornal) produce un dobre efecto negativo de sobreinformación e desinformación; e finalmente, porque querer informarse sen esforzo é unha ilusión máis acorde co mito publicitario que coa mobilización cívica. Informarse costa e é a ese prezo ao que o cidadán adquire o dereito a participar intelixentemente na vida democrática.»

“La tiranía de la comunicación”, Ignacio Ramonet

Fonte: Instalado en el sofá de tu salón

Publicado por Birnarem
185 Lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias

Coordenacion do Movemento Social Ourensán

+ Archivado en Información (Kit do cidadán crítico) • Fecha: 06-03-2007 10:45

Diversos colectivos do movemento social ourensán poñemos a andar unha iniciativa de coordenación de actividades que potencia e nosa visibilización na sociedade civil e que nos permita coñecernos máis a nós mesmas e tecer redes de traballo conxunto e colaboración...

Pretendemos aglutinar en pouco espazo un resumo das actividades que planeamos os diversos colectivos do movemento asociativo ourensán...

Agardámoste nas nosas páxinas...

Saramanganta: Movemento Social Ourensán

Fonte: Coordenacion do Movemento Social Ourensán

¿Para cando en Coruña ou no resto de cidades galegas?

Publicado por Birnarem
170 Lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias

Algo cheira a podrecido en Copenhague

+ Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 06-03-2007 10:41

Bruno Amoroso

O diálogo coas comunidades e movementos vai ben. Pero as decisións están xa tomadas, e a paciencia ten un límite. Así pensou e actuado o alcalde socialdemócrata de Copenhague.

A historia, en suma, é esta: un grupo de moz*s ocupou en 1982 un edificio municipal baleiro e transformouno en centro social. En 2000, o Concello decidiu vender o complexo (a unha seita cristiá próxima á extrema dereita) e ordenou o desaloxo do mesmo. Namentres, o centro converteuse nun dos lugares de encontro d*s moz*s máis politizados de Copenhague, quen cunha desenvolvida autoconsciencia crítica e social afirmáronse nunha posición de antagonismo respecto do clima cultural predominante no país desde fai 20 anos, que ve na cidade un organizado supermercado do comercio e da diversión. Comezaron as negociacións.

mais...

Publicado por Birnarem
187 Lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias

O ideal de como debe ser unha muller afecta á saúde de moitas

+ Archivado en Entrevistas • Fecha: 02-03-2007 10:33

Entrevista a Ana Távora, psiquiatra - (E. Campo)

Ana Távora, psiquiatra, di que existe unha relación entre a incorporación dos valores dominantes sobre a muller e o seu malestar psíquico. Esas premisas tradúcense en ideas como que ser boa equivale a non sentir agresividade, ser nai equivale a organizarse desde o amor e a importancia dos afectos e ser esposa supón controlar a sexualidade. A doutora, coordinadora do equipo de Saúde Mental de Santa Fe (Selecta), considera que eses valores levan ás mulleres a priorizar a relación cos outros como clave na súa construción como suxeito, o que dificulta o proceso de individualización. Távora ofreceu unha conferencia titulada «A importancia do amor de parella na construción da identidade das mulleres» no Centro de Profesorado e Recursos -CPR- de Avilés.

mais...

Publicado por Birnarem
184 Lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias

Pon as últimas novidades de IG na túa páxina/blog

+ Archivado en Opinións, delirios e reflexións varias • Fecha: 02-03-2007 10:09

Se queres disfrutar dos titulares deste magnífico blog (opinión completamente imparcial e desinteresada, iso sí, baixo os efectos dun zume de maracaibo con froitas asilvestradas :D) podes utilizar un xerador de feeds dos moitos que existen en internet. Eu como exemplo poño o da páxina FeedFlash:











Coa dirección feed do blog (http://ingobernable.bitacoras.com/rss2.xml) escollede as cores que preferides na páxina e pegade o código onde queredes que apareza da vosa.

Publicado por Birnarem
254 Lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias

Masa Crítica Coruña. 2 de marzo

+ Archivado en Masa Crítica e mobilidade • Fecha: 01-03-2007 12:01

O venres 2 de marzo celebrarase unha nova Masa Crítica Coruña, ás 19:45h saímos da Praza de María Pita. É a segunda Masa Crítica "Especial Barrios", neste caso o protagonista é o Barrio dos Mallos.

O día 1, as 8 do serán, na Rua Francisco Tettamancy 12 (Local da Asociación de Veciños dos Mallos) presentarase a Carreira dos Medios ao que seguirá un debate sobre as mobilidade, posibilidades do uso da bici na nosa cidade, consellos de condución, debate, ... Acudide tod*s *s que poidades, falaranse de datos moi interesantes para calquera cidadán (sexa ou non ciclousuari* todavía).

O día 2, ás 19:45h sairá da Praza de María Pita a masa, que percorrerá as rúas do barrio dos Mallos, para regresar máis tarde de novo a María Pita. Esperamos ser moitos os que nos deixemos ver pola cidade, polo uso da bici como medio de transporte. ¡Animádevos!

mais...

Publicado por Birnarem
235 Lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias

Por un urbanismo solidario

+ Archivado en Información (Kit do cidadán crítico) • Fecha: 01-03-2007 10:12

J. Manuel Sánchez Gordillo (CUT-BAI)

Nesta hora en que o ruído dos escándalos soan por todas partes coa corrupción xa case estrutural como fondo creo que é a hora de reivindicar para que se poña en marcha o urbanismo solidario.

Para profundar nas causas da corrupción urbanística galopante que nos rodea e afoga por todas partes non sería malo recordar unha verdade elemental que nestes momentos esquecemos con gran facilidade: cal é que é actual sistema económico e de desenvolvemento que xera o capitalismo: sitúa no altar supremo e como valor indiscutible o gañar o máximo de diñeiro no mínimo de tempo e, sexa como sexa, e á conta do que for.

Cando o Deus e o valor supremo é o gañar diñeiro xa non importa como se obteña, xa sexa mediante o tráfico de drogas, ou tráfico de armas, a guerra, a especulación do chan ou a pura e dura destrución sistemática da natureza.

mais...

Publicado por Birnarem
202 Lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias

Mais de 80% dos indígenas da América Latina vivem na pobreza

+ Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 01-03-2007 09:44

Bruno Garcez

Um estudo recém-divulgado pelo Banco Mundial afirma que, apesar dos esforços para reduzir a pobreza na América Latina, mais de 80% dos indígenas latino-americanos vivem na pobreza extrema, uma tendência que pouco mudou desde a década de 1990, quando foram registrados diversos progressos econômicos.

mais...

Publicado por Birnarem
174 Lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias

24 febreiro, ás 17, tertulia-mani da vivenda en María Pita

+ Archivado en Participa na Coruña • Fecha: 22-02-2007 12:30

O 23 de xaneiro corenta persoas baixaron de internet a María Pita, foron falando e coñecéndose, caíronse ben, fixeron a conga pola rúa real, quedaron para o 27 de febreiro.

O 27 de febreiro outros trinta e sete xuntáronse no recuncho do sol, marcharon ao Centro Social Atreu para falar e falar de ideas e estratexias, cos desexos e medos secretos a enredar. Foi unha asamblea ben boa. Desde aquela unha parte da xente ven quedou todas as semanas no Atreu para preparar un percorrido contra a especulación nos barrios. Moitos contámonos cousas no foro de viviendadigna.org

E este sábado, 24, ás 17:00, tertulia-mani, no recuncho do sol -ven sol- falaremos un bo anaco en María Pita, e logo decidiremos entre todos qué facemos pola rúa abaixo. Fendas na tristeza.

Vinde, sede a asamblea, e as ideas, mans e pés da asamblea. Traede chalecos reflectantes, sillas, termos de té, cabalos, elefantes.

Fonte: 24 febreiro, ás 17, tertulia-mani da vivenda en maría pita

Galiza Indymedia

Publicado por Birnarem
179 Lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias

Homofobia brutal e conivência policial em Sao Paulo

+ Archivado en Participa na Coruña • Fecha: 22-02-2007 12:25

O 23 de fevereiro, umha manifestaçom percorrerá a cidade de Sao Paulo (Brasil) em protesto polo aumento das agressons homófobas e a conivência policial. Maribolheras Precárias lança para o mesmo dia umha campanha de mail-bombing e phone bombing contra o consulado do Brasil n'A Corunha.

mais...

Publicado por Birnarem
169 Lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias

O SLG advirte do dano do actual modelo de agroindustrialización nos cultivos e alimentos

+ Archivado en Ecoloxía • Fecha: 22-02-2007 10:32

A agroindustrialización pon estes días a súa faciana máis cheirenta e nociva nas nosas costas, pero todos os días estamos padecendo o dano menos visible das outras ameazas nos nosos cultivos e nos nosos alimentos, sen necesidade de que nolas pase por diante dos ollos o Ostedijk.

O Sindicato Labrego Galego, nunha nota remitida á prensa que reproducimos a continuación, advirte, a raíz do incidente do mercante Ostedijk que fumega nestes días vapores perigosos polas costas galegas, do dano menos visible do uso de fertilizantes químicos baseados en NPK (nitróxeno, fósforo e potasio) nos cultivos e alimentos, modelo de agroindustrialización que mostra agora a súa faciana máis cheirenta.

mais...

Publicado por Birnarem
185 Lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias

A da bici

+ Archivado en Masa Crítica e mobilidade • Fecha: 21-02-2007 12:57

Amaia Latorre, Barcelona

Cando eu era unha nena de seis ou sete anos aprendín a andar en bicicleta. Era unha bici pequena, de piñón fixo, que compartía cos meus irmáns e que me permitiu descubrir que era iso do equilibrio (non sen antes atropelar ao párroco do meu pobo, segundo din as malas linguas). Desde o primeiro momento sentinme atraída por ese vehículo que me permitía moverme sen necesidade de tocar o chan cos pés, coma se voase a niveis de chan. Era adictivo.

mais...

Publicado por Birnarem
206 Lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias

XXXII Festa do Queixo de Arzúa 2007

+ Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 21-02-2007 09:51

Xa estamos de novo coa festa do queixo enriba, e é unha nova oportunidade de desfrutar dun ambiente especial e dunha festa máxica. Arzúa é un bo sitio para desconectar da rutina diaria, para escoitar boa música e ir de troula, e por suposto, degustar e mercar para levar á casa o magnífico queixo de Arzúa. Esperemos que o tempo acompañe un pouquiño. ¡Vémonos por alí!


mais...

Publicado por Birnarem
209 Lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias